Trending Misterio
iVoox
Descargar app Subir
iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis
Podcast de Corcovadomusica
Programa1449

Programa1449 q2m41

3/5/2025 · 01:01:19
0
26
Podcast de Corcovadomusica

Descripción de Programa1449 1k6fh

Edición número 1449 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 2 de maio a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 3 na sintonía de Cuac FM A Coruña, Rádio Filispim e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 7 a través de Radio Crónica Folk Musical. No programa desta semana saímos de ruta por Finlandia. Abrímolo con “Maa palaa” (A terra arde), o novo disco da cantante e violinista Päivi Hirvonen. Entra a seguir a última produción dos Vimma, un disco combativo no político e fondamente plural na súa definición musical. Escoitamos, ademais, os Ánnámáret Luohteilbmi, a nova banda da artista saami Anna Näkkäläjärvi-Länsman, así como o novo disco de Barbora Xu. Xu é unha multiinstrumentista checa que residiu en Finlandia durante algo máis de sete anos. Mestura na súa música elementos propios da tradición finlandesa con outros procedentes de Asia. Gravou o seu último disco, “The Garden of Otava”, coa axuda de grandes músicos do panorama finlandés. É o caso de Tapani Rinne e Ilkka Heinonen. Pechamos o programa co último disco da banda UTU. 385cf

Comentarios de Programa1449 2f6wu

Este programa no acepta comentarios anónimos. ¡Regístrate para comentar!
Te recomendamos
Ir a Músicas del mundo y otras