Trending Misterio
iVoox
Descargar app Subir
iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis
Podcast de Corcovadomusica
Programa1448

Programa1448 5f25t

26/4/2025 · 01:00:02
0
29
Podcast de Corcovadomusica

Descripción de Programa1448 331g6d

Edición número 1448 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 25 de abril a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 26 na sintonía de Cuac FM A Coruña, Rádio Filispim e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 30 de abril a través de Radio Crónica Folk Musical. “O rapaz da montanha”, o novo disco de Rodrigo Leão, será editado a través de Galileo Música esta mesma fin de semana. O disco foi definido polo seu autor como o seu traballo máis portugués, e presenta novidades estéticas e formais. Malia que siga a liña de traballo xa formulada en proxectos como “Cinema”, Leão xoga con novos elementos e timbres —a presenza dos coros é recorrente—, construíndo un repertorio de natureza contemporánea que conecta coa tradición da canción popular portuguesa. Este é o noso disco destacado da semana. Escoitamos, ademais, os novos proxectos do dúo Crúas e da banda Exeria, sen nos esquecer do último disco de Faia Díaz. A nosa singradura remata en Brasil: preséntovos as novas cancións do proxecto Tagua Tagua e do trío Trinka. 6a5x3t

Comentarios de Programa1448 3x371n

Este programa no acepta comentarios anónimos. ¡Regístrate para comentar!