iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis

Podcast
Facemos historia 21k68
Por facemoshistoria
36
350
Un achegamento á historia universal de xeito ameno e en pequenas doses. Unha viaxe no tempo, desde Galiza e en galego. 1a224u
Un achegamento á historia universal de xeito ameno e en pequenas doses. Unha viaxe no tempo, desde Galiza e en galego.
As crises baixomedievais
Episodio en Facemos historia
Por que se produciu un brusco descenso da poboación no s. XIV? Que sectores económicos se viron afectados pola crise na Baixa Idade Media? Que motivou a forte conflitividade social neste período final da Idade Media? Quen foron os Irmandiños? A estas e outras preguntas imos tentar dar resposta neste episodio. Se queres acceder ás notas do episodio, visita o noso blog: https://www.facemoshistoria.gal CRÉDITOS (todas as obras utilizadas utilízanse baixo a licenza Creative Commons): Músicas da sintonía (Creative Commons Attribution 3.0) District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com). Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com)
17:06
Monarquía feudal e sociedade estamental (HTA07)
Episodio en Facemos historia
En que consiste a monarquía feudal? Que teñen de diferente estes reis feudais fronte a outros ao longo da historia? Por que se di que a sociedade feudal é estamental? Que funcións tiñan os diferentes grupos sociais na época feudal? A estas e outras preguntas imos tentar dar resposta neste episodio. Se queres acceder ás notas do episodio, visita o noso blog: http://www.facemoshistoria.gal CRÉDITOS (todas as obras utilizadas utilízanse baixo a licenza Creative Commons): Músicas da sintonía (Creative Commons Attribution 3.0) District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com). Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com)
22:12
Reconquista e repoboación. A construción da idea de España (HTA06)
Episodio en Facemos historia
1. Que entendemos por Reconquista? 2. Que significa que se fale de diversos modelos de repoboación na Península Ibérica durante a Idade Media? 3. Que ten que ver a construción do Estado liberal en España no s. XIX coa idea da Reconquista e Repoboación? 4. Se na Galiza non se pode falar para a Idade Media nin de Reconquista nin de repoboación, é que non forma parte da Historia de España medieval? A estas e outras preguntas imos tentar dar resposta neste episodio. Se queres acceder ás notas do episodio, visita o noso blog: http://facemoshistoria.wordpress.com CRÉDITOS (todas as obras utilizadas utilízanse baixo a licenza Creative Commons): Músicas da sintonía (Creative Commons Attribution 3.0) District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com). Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com)
26:57
Al-Ándalus: os musulmáns na Península Ibérica (HTA05)
Episodio en Facemos historia
1. Como se produciu a chegada do Islam á Península Ibérica? 2. En cantas etapas poderiamos dividir a historia de Al-Ándalus? 3. Por que se di que Al-Ándalus chegou a ser un referente político, económico e cultural na Europa occidental na Idade Media? 4. Foi Galiza ocupada polos musulmáns? A estas e outras preguntas imos tentar dar resposta neste episodio. Se queres acceder ás notas do episodio, visita o noso blog: http://facemoshistoria.wordpress.com CRÉDITOS (todas as obras utilizadas utilízanse baixo a licenza Creative Commons): Músicas da sintonía (Creative Commons Attribution 3.0) District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com). Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com)
27:58
A monarquía visigoda (HTA04)
Episodio en Facemos historia
1. Quen foron os visigodos? 2. Que características presenta o reino que fundaron na península? 3. Por que este reino se desintegrou tan rapidamente trala derrota na batalla de Guadalete fronte as tropas musulmás no ano 711? 4. Temos que saber toda a listaxe de nomes dos reis godos? A estas e outras preguntas imos tentar dar resposta neste episodio. Se queres acceder ás notas do episodio, visita o noso blog: http://facemoshistoria.wordpress.com CRÉDITOS (todas as obras utilizadas utilízanse baixo a licenza Creative Commons): Músicas da sintonía (Creative Commons Attribution 3.0) District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com). Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com)
25:41
Todos os camiños conducen a Roma: a conquista romana da Península Ibérica (HTA03)
Episodio en Facemos historia
1. Como se produciu a conquista romana da península Ibérica? 2. Como organizaron os romanos este territorio? 3. Que influencia tivo desde o punto de vista económico e social para as poboacións indíxenas da Península a súa incorporación ao mundo romano? 4. Que se entende por romanización? A estas e outras preguntas imos tentar dar resposta neste episodio. Se queres acceder ás notas do episodio, visita o noso blog: http://facemoshistoria.wordpress.com CRÉDITOS (todas as obras utilizadas utilízanse baixo a licenza Creative Commons): Músicas da sintonía (Creative Commons Attribution 3.0) District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com). Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com)
21:07
Os pobos prerromanos na Península Ibérica (HTA02)
Episodio en Facemos historia
Que pobos habitaban a Península Ibérica á chegada dos romanos? Quen foron os íberos? Existiron celtas na Península Ibérica? Galiza foi celta? Que ten que ver con todo isto a cultura castrexa? Viaxemos até o 218 a.C. para responder a estas preguntas. Se queres acceder ás notas do episodio, visita o noso blog: http://facemoshistoria.wordpress.com CRÉDITOS (todas as obras utilizadas utilízanse baixo a licenza Creative Commons, Atribución 3.0): Músicas da sintonía: District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com). Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com)
22:14
O Neolítico na Península Ibérica (HTA01)
Episodio en Facemos historia
A que denominamos Neolítico? Cando tivo lugar? Que transformacións comportou? Existiu Neolítico na Galiza? A estas e outras preguntas imos tentar dar resposta neste episodio. Benvidas/os a este serie onde imos abordar os contidos da materia de Historia de España de 2º de Bacharelato. Este é o episodio 1. Lembra, que se prefires, pódeste subscribir ao podcast Historia Take Away. Búscao na túa aplicación preferida. Se queres acceder ás notas do episodio, visita o noso blog: https://facemoshistoria.wordpress.com CRÉDITOS (todas as obras utilizadas utilízanse baixo a licenza Creative Commons, Atribución 3.0): Músicas da sintonía: District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com). Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com)
21:00
Unha, grande e libre: a Historia de España en 2º de Bacharelato
Episodio en Facemos historia
“O estudo da historia de España é esencial para o coñecemento e comprensión non só do noso pasado senón tamén do mundo actual”. Con esta frase ábrese a introdución do currículum oficial na Galiza da materia de Historia de España de 2º de Bacharelato. Pois sobre esta materia, a historia de España, a historia da Galiza no ensino obrigatorio, vai este episodio. Reflexións xurdidas no novo proxecto no que andamos metidos, o podcast Historia Take Awake e agardamos que gostedes del. Se queredes acceder ás notas do episodio, xa sabedes, http://www.facemoshistoria.wordpress.com Acompáñanos nesta viaxe ao 2º de Bacharelato da LOMCE. CRÉDITOS (todas as obras utilizadas distribúense baixo a licenza Creative Commons): Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn). AS MÚSICAS DE FACEMOS HISTORIA: “Campanas de Cela (Galicia) 2017 // Toque procesión. (https://www.youtube.com/watch?v=jqVUVFi-m-o) “Soy español”, publicado por Elentir Vigo // Concerto de Nadal da BAnda de Música da Escola Militar de Marín (https://www.youtube.com/watch?v=mXUXGaJCvb8) Raphael - Escándalo - Festival de Viña del Mar 2014 HD. (https://www.youtube.com/watch?v=J6pISAoDqpE)
26:21
Non estabamos mortos, nin de parranda
Episodio en Facemos historia
Aproveitando esta fin do verán, comentámovos o que non estivemos a facer neste tempo e que é o que SI imos facer na nova xeira de Facemos historia, que comeza en setembro. CRÉDITOS (todas as obras utilizadas distribúense baixo a licenza Creative Commons): Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn). AS MÚSICAS DE FACEMOS HISTORIA - Biblioteca el Carmel - Juan Marsé: (https://www.youtube.com/watch?v=7xFDJ-YhNng)
04:12
#02.03. Datas, calendarios, unha santa e un pouco de rock
Episodio en Facemos historia
Quen non escoitou algunha vez, nas aulas de historia do instituto, a pregunta de se había que saberse as datas. Quen non dixo a si mesmo: a ver se non, a ver se non!. Estudo de historia e chapatoria aparecían moitas veces unidos, froito dun ensino tradicional que enfatizaba ou esixía esa aprendizaxe memorística. Neste episodio adéntramos no mundo das datas, datos e calendarios varios. Si, para coñecer a historia precisamos da cronoloxía, mais non a debemos confundir coa historia. E sobre isto falamos. Sabes que un día non é simplemente 24 horas? Que unha semana tivo máis de 7 días? Que hai diferentes tipos de ano? Nesta viaxe acompañaranos unha santa que morreu un xoves (quinta feira) e cando, 24 horas despois, foi enterrada pasaran nin máis nin menos que 11 días (e non foi ningún milagre). Tamén descubrirás como é posible que o Día do Libro, 23 de abril, lembre a coinicidencia da data da morte de dous grandes da literatura universal, Shakespeare e Cervantes, mais que morrendo o mesmo día do mesmo ano, un o fixera en martes e outro en sábado. E finalmente falaremos de política, todo isto, acompañados cun pouco de rock. Acompáñanos nesta viaxe ao noso calendario. CRÉDITOS (todas as obras utilizadas distribúense baixo a licenza Creative Commons): Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn). AS MÚSICAS DE FACEMOS HISTORIA - ACDC - Thunderstruck (Stiff Upper Lip Tour, Live In Munich): (https://www.youtube.com/watch?v=qY1FmQk-Pns)
23:50
#02.02. Mínimos para unha historia de Galiza
Episodio en Facemos historia
Non vivimos alleos á realidade do que está a acontecer en Catalunya, ou mais ben no conxunto do Estado, mais non imos dedicar o noso episodio ao tema, case monotema e que provoca longas e acendidas discusións. Facemos historia e gostamos da historia, polo que nos chamou a atención que non fixo falla agardar moito tempo antes que xurdisen as "referencias" históricas. "Isto vai acabar coma en 1934", ou bromas ou non tan bromas para repertir 1714. Ficamos sorprendidos de descubrir a grande manipulación da historia que se fixo desde Catalunya e a adoutrinamento que os/as docentes de historia fixeron co alumnado catalán. Os medios de comunicación españois, cunha unanimidade espectacular, inundaban de noticias os informativos día tras día. E descubrimentos que o falseamento da historia, no noso Estado, proviña dos gobernos de Pujol. (https://elpais.com/cultura/2017/10/25/actualidad/1508937769_136581.html). Desde Galiza, inmunes ao efecto Pujol, non podemos máis que ficar abraiados ante unha realidade que parece saír dunha película de ciencia ficción. Despois de anos e anos de ensino de historia, de currículos inzados de historia de España, o problema do relato da historia é o ensino en Catalanya. Mentres, nesta realidade paralela, seguen a se publicar artigos que demostran e defenden a existencia dun reino de Galiza na Idade Media, unha historia silenciada desde a construción da historia nacional española no s. XIX. (http://www.sermosgaliza.gal/articulo/memoria/yilliqiya-galisiya-reino-galiza-nas-fontes-arabes/20170726175323059968.html) Pois destes temas falamos neste episodio, e a partir da lectura de dúas obras sobre a historia de Galiza, unha colectiva baixo a coordinación de Isidro Dubert, Historia das historias de Galicia (https://www.xerais.gal/libro.php?id=4258911), e outra publicada polo profesor de historia contemporánea Xusto Beramendi, (https://www.casadellibro.com/libro-historia-minima-de-galicia/9788416354078/3099873), presentamos que temas se entenden hoxe que deberían aparecer, si ou si, nunha historia deste territorio sito no noroeste peninsular chamado Galiza. Como recomendación, para profundar e coñecer a nosa historia, ademais de contribuír a defensa do noso patrimonio histórico e cultural, recomendamos unha páxina web, que como eles mesmo titulan vai sobre a nosa historia contrada doutro xeito: http://historiadegalicia.gal/ CRÉDITOS (todos os audios distribúense con licenza Creative Commons): Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).
27:30
#02.01. Pazos, prazas e califatos
Episodio en Facemos historia
Non pasamos as vacacións nun pazo, mais comezamos, ás portas de un, esta 2ª xeira de Facemos historia. Volvemos cun episodio apegado á actualidade. O Pazo de Meirás, a súa xestión por parte da Fundación Francisco Franco, a súa explícita intención de facer apoloxía do franquismo, as continuas e ilegais limitacións de a un edificio declarado Ben de Interese Cultural, a errática actuación dos poderes públicos, en concreto da Xunta, lévanos a preguntar como chegamos até esta situación. Como chegou Franco e a súa familia a seren propietarios do Pazo de Meirás? Que hai de certo na súa doazón durante a Guerra Civil? Que papel xogou Pedro Barrié de lá Mazá? Doazón, expolio, saqueo ou botín de guerra? De Sada saltamos a Sabadell, aínda que non para falar do procés. Que sabedes de Antonio Machado? Cal das súas obras é a que máis vos gosta? A quen lle poriades o nome dunha rúa da vosa vila? Que criterios seguiriades? E de Catalunya viaxamos até Siria, volvendo por Córdoba. Que historia estudou o fillo da Tomasa? Que coñeces ti do Al-Ándalus? En que consiste a Reconquista? Por que os do chamado "estado islámico" falan dela? Volvemos con moitas preguntas, mais non temos as respostas. Compartimos con vós as nosas reflexións dunha noite de verán. Para a realización deste episodio seguimos a @cbabio (Carlos Babío) e a @CorunaMemoria (Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, http://memoriadacoruna.com/14717-2). Son múltiples os artigos sobre o informe encargado polo Ajuntament de Sabadell sobre o nomenclátor das rúas da súa vila, e aquí vos deixamos a ligazón a un deles http://ivoox.descargarmp3.app/politica/20170816/43583513391/sabadell-nomenclator-informe.html Acompáñanos nesta viaxe ao verán informativo do 2017. CRÉDITOS (todas as obras utilizadas distribúense baixo a licenza Creative Commons): Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn). AS MÚSICAS DE FACEMOS HISTORIA - [Cantares, Versión de Serrat ](https://www.youtube.com/watch?v=b4d7_Hq3Psk), polo grupo Nueva Sangre. No-Do de 20 de setembro de 1954 (http://www.rtve.es/filmoteca/no-do/not-611/1482034/)
27:30
#01.23. Guía para non se perder: historia e podcast
Episodio en Facemos historia
Chegou o verán, un tempo ideal para nos mergullar non só nas moitas praias do noso país, senón tamén nos podcasts. Co noso móbil e uns auriculares ábresenos un mundo de posibilidades. E con este epiodio 23 chega ao seu fin unha primeira tempada na cal viaxamos no tempo, do século XV ao XXI, así como de París a Ourense ou de Tanzania aos Estados Unidos. Calquera momento é bo para escoitar podcast, mais este próximo mes e medio son ideais para descubrir novos programas aos que ao longgo destes meses non puidemos chegar. E co afán divulgativo que nos caracteriza, adentrámonos no mundo do metapodcasting, para vos presentar e falar un chisquiño dos podcast de historia que máis se escoitan, segundo os datos de Itunes España. Descubrimos que no top 100 do podcasting deste último mes no noso Estado, atópanse nada máis e nada menos que DEZ que teñen a historia como o seu tema principal. E por se non abondase, falmaos de dous máis e facemos unha última recomendación. Tedes ante vós, máis que unha simple viaxe polo tempo, unha viaxe polos podcast que nos teletransportan a iso do que tanto gostamos: a historia. Acompáñanos neste guía de podcast, e escoitámonos de novo en setembro. Neste episodio falamos de: - Antena historia. https://antenahistoria.wordpress.com/ - La tertulia de la historia. http://latertuliadelahistoria.com/ - Ruta por la historia. https://rutaporlahistoria.es/ - Memorias de un tambor. http://memoriasdeuntambor.com/ - Ágora historia. http://agorahistoria.com/ - Histocast. https://www.histocast.com/ - La Contrahistoria. http://contrahistoria-podcast.blogspot.com.es/ E mencionamos: SER Historia, La Rosa de los vientos, Historias de la historia, La escóbula de la brújula e Una hora con la historia. Non só de historia vive este podcast, polo que tamén recomendamos: - O NosoPodcastLar. http://onosolar.gal/OnL/ CRÉDITOS (todos os audios distribúense con licenza Creative Commons): Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).
27:33
#01.22. Martiño Lutero para dummies ... e para ateos
Episodio en Facemos historia
Achegámonos a unha das figuras máis controvertidas do s. XVI, tanto en vida como despois de morto. Herexe para uns, apóstolo e profeta para outros, Martiño Lutero marca un antes e un despois na historia da igrexa, mais tamén da historia de Europa. Cando un 1 de novembro de 1517, do cal se cumpren este ano o 500 aniversario, Martiño Lutero crava na porta da igrexa do palacio de Wittenberg as súas 95 teses non estaba a pensar en constituír unha nova igrexa cristiá nin posiblemente en rebelarse contra as autoridades relixiosas. A historiografía entende que Martiño Lutero estaba a expor as súas inquedanzas relixiosas e teolóxicas, onde o tema das indulxencias ocupaba un papel central. A través da vida de Lutero achegámonos a vida cultural e relixiosa da Europa do s. XVI, reflexionamos sobre o papel da biografía como xénero historiográfico, e mostramos a dificultade que existe para marcar unha liña clara entre o relixioso e o político, nun mundo onde os ambos os dous ámbitos estaban tan mesturados que o Papa actuaba e reclamaba a súa autoridade política e o Emperador e outros reis reivindicaban a súa hexemonía relixiosa. Neste episodio falamos, tamén, da Biblia en galego, publicada pola Editorial SEPT, e da que temos unha versión para dispostivos móbiles: A Biblia. Novo Testamento [versión Kindle] : https://drive.google.com/file/d/0B09mNafQj-j4cWdncG1PdVJ3WTg/view?usp=sharing), e versión epub: https://drive.google.com/file/d/0B09mNafQj-j4dEp1UDc4Zk1raEE/view?usp=sharin?g Para máis recursos contades coa web http://www.abibliagalega.com/ Se queredes achegarvos ao mundo protestante a través dun podcast de gran calidade, http://www.cambio180.com, producido polo produtor dun dos podcast sobre podcasting máis destacadas en fala hispana http://viapodcast.fm E se queredes profundar un pouco máis sobre a vida de Martiño Lutero, recomendámosvos a biografía elaborada por Thomas Kaufmann, Martin Lutero: vida, mundo palabra: https://www.casadellibro.com/libro-martin-lutero-vida-mundo-palabra/9788498796803/5100105, publicada pola Editorial Trotta neste ano. Acompáñanos nesta viaxe á Alemaña de 1517. CRÉDITOS (todas as obras utilizadas distribúense baixo a licenza Creative Commons): Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn). AS MÚSICAS DE FACEMOS HISTORIA - Johann Sebastian Bach: Ich habe genug, BWV 82 : https://www.youtube.com/watch?v=fQyUWyW3-lA, pola Bach-Archiv Leipzig.
29:56
#01.21. Expediente Reis Católicos: Doma, nación e mucho españoles
Episodio en Facemos historia
Éche perigoso achegarse a historia do reinado dos Reis Católicos. E non o digo eu, así se pronuncia o historiador Pegerto Saavedra na obra Historia das Historias de Galicia, publicado pola Editorial Xerais. É un tema que levanta moitas paixóns, desde quen ven nel o período fundacional da nación española, a quen lle atribúe todos os males da postración e desaparición na práctica do reino de Galiza. Debátese e discútese sobre este período con tanta o máis vehemencia que nun Celta-Depor ou nun Madrid-Barça. Achegámonos ao nacemento do Estado moderno. A acción dos Reis Católicos, en especial Isabel en Castela, levará á creación dunha estrutura istrativa, daranse pasos cara a unha imposición sobre a nobreza e o resto de grupos sociais, aproveitando a acción da "Santa Hermandad", que actuará para garantir a paz e a orde no interior do reino, así como do Tribunal da Inquisición, que os monarcas controlarán directamente. O casamento de Isabel e Fernando cristalizarase no que se deu en chamar "unión dinástica", mais non no nacemento dunha nación chamada España. A súa acción política permitiu transformar un reino medieval nun estado moderno. Ao longo do episodio repasaremos os mitos existentes sobre este reinado e analizaremos a interpretación do seu goberno sobre o reino de Galiza, tan marcado pola expresión extraída do discurso de Castela no Parlamento "da doma e castración do Reino de Galiza". Repasaremos outros mitos existentes, en especial sobre a acción da nobreza galega en relación á raíña Isabel e ao futuro Carlos I. Acompáñanos á Galiza de 1480. CRÉDITOS (todos os audios distribúense con licenza Creative Commons): Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn). AS MÚSICAS DE FACEMOS HISTORIA: Fata la parte, de Juan del Encina, interpretada polo Collegium Vocale: https://www.youtube.com/watch?v=78P9NCOUYcw
22:53
#01.20. 1467: Galiza ceibe, poder popular. Os irmandin?os
Episodio en Facemos historia
Un 25 de abril de 1467 producíase a toma e o derrubamento de Castelo Ramiro, en Ourense. Hai, exactamente, 550 anos, unha data redonda, mais que pasou inadvertida tanto para os medios de comunicacións como para a axenda institucional do noso país. E por que é tan importante este acontecemento? Castelo Ramiro é a primeira das máis de 130 fortalezas medievais, castelos señoriais, que serán derrubados por un movemento popular coñecido coma os Irmandiños. Esta gran revolta, esta revolución irmandiña, gobernará Galiza durante dous anos, entre 1467 e 1469, alterando a estrutura social da Galiza medieval. Por primeira vez na historia de Galiza será o conxunto da poboación, autoorganizada na Xunta Xeral do Reino de Galiza, a que concentre todo o poder, executivo, lexislativo e xudicial. Podemos dicir, sen temor a nos equivocar, que nunca, na historia de Galiza, foi máis acaída utilizar a expresión "Galiza ceibe, poder popular", ese lema tan repetido en diferentes manifestacións de signo nacionalista na actualidade. Mais non forcemos a historia: os Irmandiños non foron un movemento nacionalista ou independista contra o reino de Castela. Esta visión non responde ás fontes históricas. Mais os Irmandiños fixeron realidade unha Galiza ceibe, mais ceiba do exercicio arbitrario do poder feudal. O inimigo non se atopaba fóra, era unha nobreza laica malfeitora, usurpadora e culpable de todo tipo de delictos contra os resto de grupos sociais, eclesiásticos, habitantes da cidade e, fundamentalmente, o campesiñado. Malia que haxa quen non goste de falar de revolucións fóra do período contemporáneo, esta gran revolta Irmandiña, tivo efectos sociais revolucionarios durante os dous anos que estivo vixente, restaurando a xustiza, mantendo a paz e a orde na nosa terra. E o movemento irmandiño fálanos da clara existencia de Galiza coma unha realidade cultural, política, econonómica e social a fins da Idade Media, unha Galiza construída desde os grupos populares e non o resultado dunha construción política das elites na Constitución do 1978. Acompáñanos ao Ourense de 1467. CRÉDITOS (todos os audios distribúense con licenza Creative Commons): Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn). AS MÚSICAS DE FACEMOS HISTORIA: Grândola, Vila Morena, de Zeca Afonso: https://www.youtube.com/watch?v=3V6s6JMURlk
25:01
#01.19. 1919. O inicio do s. XX
Episodio en Facemos historia
En 1919 as potencias vencedoras da Primeira Guerra Mundial reuníanse en París para negociar os termos dos acordos de paz. Dicimos ben, as potencias vencedoras, porque para a reconstrución de Europa e do mundo non foron convidados nin os países neutrais na guerra nin moito menos os países derrotados, con Alemaña á cabeza, que só foron chamados para coñecer os acordos tomados. Foi unha “paz de vencedores”, nada inclusiva, que acordaron os presidentes dos EE.UU., Francia e Gran Bretaña. Italia, que formaba parte do Consello dos Catro, retirouse coa sensación de que fora enganada, ao non aceptar os outros países os seus desexos territoriais na costa adriática. Redebuxouse o mapa mundial. Mais non só foron mudanzas nas fronteiras, da Grande Guerra saíron as liñas mestras do mundo actual, até o punto de se considerar que coa súa fin comeza, verdadeiramente, o s. XX. Alemaña, a grande derrotada, acatará mais non aceptará o acordado en Versalles. Isto vai ter fondas repercusións a curto prazo, personificadas no ascenso de Hitler. Con todo, a historiografía non se pode dicir que Versalles e os outros tratados de paz da Grande Guerra provocaran irremediablemente a Segunda Guerra Mundial. O que se decidiu en París de 1929, considerado como unha puñada polas costas pola maioría da opinión pública alemá, servirá a Hitler para utilizalo coma arma propagandística, no seu ascenso cara ao poder. Neste episodio falamos, tamén, de Decote, o podcast diario de Agos Reigosa. Podedes subscribirvos en https://altp.podbean.com/feed/ Para o apartado das Músicas en Facemos Historia, seguimos El Blog de Manuel Cerdá: https://musicadecomedia.wordpress.com/2014/06/27/canciones-de-la-primera-guerra-mundial/ E se queredes profundar un pouco máis sobre a Primeira Guerra Mundial, recomendámosvos dúas obras que presentan o conflito, as súas causas e consecuencias, dun xeito ameno e con gran rigor: Todo Lo Que Debe Saber Sobre La Primera Guerra Mundial, de Jesús Hernández, Ed. Nowtilus https://www.casadellibro.com/libro-todo-lo-que-debe-saber-sobre-la-1-guerra-mundial-1914-1918-las-campanas-personajes-y-hechos-claves-del-conflicto-belico-que-cambio-la-historia-del-siglo-xx/9788497634953/1164471 La Gran Guerra de The History Channel Iberia. Plaza & Janes, 2013. https://www.amazon.es/Gran-Guerra-History-Channel-Iberia/dp/B00I950IQ4 Acompáñanos nesta viaxe ao París de 1919. CRÉDITOS: Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn). AS MÚSICAS DE FACEMOS HISTORIA https://www.youtube.com/watch?v=tn-uSZg7Yxw Marcha do coronel Bogey, interpretada pola US Coast Guard Band. https://www.youtube.com/watch?v=UuauigZW7jo La Chanson de Craonne - Iokanaan
26:18
#01.18. A historia non é para fanboys: A Revolución Rusa
Episodio en Facemos historia
100 anos. Xa pasou un século desde a revolución rusa. Falando así parece que só houbo unha, a de outubro de 1917, a bolxevique, a que deu paso ao primeiro estado comunista da historia. Mais a revolución rusa foi un longo proceso, que hai quen o estende case 100 anos, desde as revoltas de 1860 até a morte de Stalin en 1953, e quen prefire circunscribila aos primeiro cuarto de século, desde as revoltas universitarias de principios de século até a morte de Lenin en 1924. O que é certo é que durante este período van ter lugar, cando menos, tres revolucións: a de 1905, a de febreiro de 1917 e a xa citada de outubro dese ano. Malia que xa vai alá un século, segue a ser un tema que desata ferventes paixóns, onde o ideolóxico, convertido en crenza, condiciona calquera reflexión serea. A historia necesita unha certa distancia, non só no tempo, senón tamén sentimental, para poder analizar con calma os acontecementos históricos. Para nós a historia é unha paixón, e este podcast unha aventura. Mais hai quen son “fanboys”, e moito máis de determinados procesos, coma a Revolución de Outubro de 1917. Acompáñanos nesta viaxe no tema. CRÉDITOS: Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn). AS MÚSICAS DE FACEMOS HISTORIA Khatia Buniatishvili interpreta o Concerto para piano nº 1 (C minor) de Shostakovich: https://www.youtube.com/watch?v=tJ9dvDbI4PA
21:02
#01.17. NIn allea nin neutral. A Primeira Guerra Mundial e Galiza
Episodio en Facemos historia
Entre 1914 e 1918 tivo lugar un conflito que mudou o mundo: A Grande Guerra, con maiúsculas, unha guerra cunha intensidade como non existira outra antes; unha guerra total, co resultado de 13 millóns de mortos. A Primeira Guerra Mundial foi unha guerra iniciada polas potencias europeas e desenvolvida fundamentalmente en solo europeo. Foi a entrada en 1917 dos EE.UU. o que lle aportou o carácter extraeuropeo ao conflito, aínda que estes viñesen loitar a Europa. Mais o que verdadeiramente lle outorgou á contenda o carácter mundial é que os principais estados enfrontados eran posuidores de grandes imperios transoceánicos. A Grande Guerra tivo dúas etapas perfectamente diferenciadas, a chamada Guerra de Movementos, que ocupou o ano 1914, e a Guerra de Posición ou Guerra de Trincheiras, que caracterizou os seguintes tres anos de conflitos. A entrada dos EE.UU. na guerra veu marcada polo xiro da estratexia naval de Alemaña, na busca de illar e afogar economicamente a Gran Bretaña e a Francia. A loita naval, a busca de acabar co tráfico naval no Atlántico, levou ao goberno americano a entrar en guerra e decantou finalmente o conflito. E nesta guerra naval Galiza xogou un papel destacado, xa como apoio loxístico ás frotas navais en conflito, xa como centro de espionaxe e control da información. Nunha guerra onde España declarara oficialmente a súa neutralidade, Galiza non foi nin allea nin neutral no conflito. REFERENCIAS: U-49, unha novela de Rafael Lema, publicada por Ed. Tambre - Edelvives: http://www.todostuslibros.com/libros/u-49_978-84-96772-60-1 PODCAST MENCIONADO La contrahistoria: https://itunes.apple.com/es/podcast/la-contrahistoria/id1130560048?l=en&mt=2 CRÉDITOS: Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn). AS MÚSICAS DE FACEMOS HISTORIA El Pelele, de Enrique Granados: https://musopen.org/music/3556/enrique-granados/el-pelele/ Fandangos de Candil, de Granados; interpretada por Rubén Lorenzo: https://www.youtube.com/watch?v=lcm1ibikVyQ
18:50
Más de facemoshistoria Ver más
Historia Take Away Os temas e os conceptos fundamentais da Historia de España de 2º de Bacharelato. Para que os teñas na túa man, nos teus oídos. Actualizado
También te puede gustar Ver más
Historia medieval de Galicia Podcast en galego de Carlos Barros (USC) sobre a historia medieval de Galicia con especial énfase sobre a sociedade, a mentalidade e a identidade nacional. Actualizado
A GALIZA e o GALEGO Bocadinhos da história galega nos seus diferentes aspectos: sociais, políticos, linguísticos, etc... Para compreendermos um pouco melhor a história e a língua da Galiza... Actualizado
Podcast Linterna de Diogenes La Linterna de Diogenes es un programa dedicado a la Historia Social, la Historia de las clases populares, en definitiva, la historia desde abajo. Para ello se realizan entrevistas a académicos, historiadores y diferentes expertos en los temas tratados. Por lo que persigue el rigor académico sin perder la vocación tanto divulgativa, como memorialista y, sobretodo, formativa. [email protected] https://www.facebook.com/arkaitz.linternadediogenes.7 Actualizado