Trending Misterio
iVoox
Descargar app Subir
iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis
A GALIZA e o GALEGO
A GALIZA e o GALEGO
Podcast

A GALIZA e o GALEGO 273w5r

Por Mohawk
717
2.15k

Bocadinhos da história galega nos seus diferentes aspectos: sociais, políticos, linguísticos, etc... Para compreendermos um pouco melhor a história e a língua da Galiza... 6p112f

Bocadinhos da história galega nos seus diferentes aspectos: sociais, políticos, linguísticos, etc... Para compreendermos um pouco melhor a história e a língua da Galiza...

717
2.15k
O reino medieval galego - Anselmo López Carreira
O reino medieval galego - Anselmo López Carreira
Extrato editado da entrevista que lle fixeron a Anselmo López Carreira en "Orgullo Galego" no 2022, sobre o reino galego medieval.
Historia y humanidades 2 meses
7
0
302
42:11
Xogo de tronos no século XI - David Porrinas
Xogo de tronos no século XI - David Porrinas
Entrevista ao historiador David Porrinas, na que fala do século XI e a chegada da dinastía navarra ao reino da Galiza, á corte de León, así como das "operacións especiais de comando" no que morrian reis e... mudaban destinos... Provén do capítulo "Juego de Reinos y Taifas. El Cid", no podcast "Bellumartis", onde se pode escuitar íntegramente.
Historia y humanidades 2 meses
2
0
214
46:39
Galiza no século XII. A independencia de Portugal - Anselmo López Carreira
Galiza no século XII. A independencia de Portugal - Anselmo López Carreira
Entrevista radiofónica a Anselmo López Carreira sobre a Galiza medieval do século X, o núcleo cristián noroccidental da península ibérica. Provén do programa da Radio Galega "Polos camiños da historia" do 2018.
Historia y humanidades 2 meses
3
0
174
23:33
Galiza no século XI. A Era Compostelá - Anselmo López Carreira
Galiza no século XI. A Era Compostelá - Anselmo López Carreira
Entrevista radiofónica a Anselmo López Carreira sobre a Galiza medieval do século XI, na chamada "Era Compostelá". Provén do programa da Radio Galega "Polos camiños da historia" do 2018.
Historia y humanidades 2 meses
5
0
165
23:19
Galiza no século X - Anselmo López Carreira
Galiza no século X - Anselmo López Carreira
Entrevista radiofónica a Anselmo López Carreira sobre a Galiza medieval do século X, o núcleo cristián noroccidental da península ibérica. Provén do programa da Radio Galega "Polos camiños da historia" do 2018.
Historia y humanidades 2 meses
3
0
146
09:23
A poesia de um reino. O esplendor das cantigas galego-portuguesas - Leticia Erin
A poesia de um reino. O esplendor das cantigas galego-portuguesas - Leticia Erin
Palestra editada da filóloga Leticia Erin sobre a literatura medieval trovadoresca galego-portuguesa. Provém das jornadas "A língua e o reino. Entre Compostela e Braga" do 2023
Historia y humanidades 2 meses
6
0
155
54:05
A plena normalidade linguística do galego medieval - Francisco Rodríguez
A plena normalidade linguística do galego medieval - Francisco Rodríguez
Palestra editada de Francisco Rodríguez sobre o uso normalizado do galego medieval. Provém das jornadas "A língua e o reino. Entre Compostela e Braga" do 2023
Historia y humanidades 2 meses
4
0
153
01:06:24
O foro de Castro Caldelas NOM é o primeiro documento em galego - Antonio Souto Cabo
O foro de Castro Caldelas NOM é o primeiro documento em galego - Antonio Souto Cabo
Entrevista ao filólogo Antonio Souto Cabo no 2024 sobre os inícios do galego escrito. Provén do podcast "Descifrando a historia" onde está íntegro.
Historia y humanidades 2 meses
4
0
144
27:03
Os escravos galegos de cuba
Os escravos galegos de cuba
En 1854, uns 1.770 galegos saíron enganados hacia Cuba na procura dunha vida mellor, e acabaron escravizados nas plantacións de açucar. A operación, impulsada pola oligarquía crioula, apoiada pola Casa Real e dirixida polo, tamén galego, Urbano Feixó, rematou coa fuxida ou coa morte de centos de galegos desprazadas alí. Procede de Documentos de RNE.
Historia y humanidades 4 meses
7
1
253
53:13
O galego xa é minoritario. Emerxencia linguística.
O galego xa é minoritario. Emerxencia linguística.
Conversa con Marcos Maceira e Elsa Quintas (Presidente e Vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística) na Asociación cultural Roxin Roxal despois dos alarmantes dados do IGE publicados pasado 11 de outubro do 2024. Por vez primeira en séculos, o galego xa é o idioma minoritario na Galiza!! E é que o Galego, malia a súa teórica oficialidade, sofre un continuo menosprezo e coaccións para poder usalo libremente na Galiza. Ou é que alguén pensa que pode usar libremente o galego, sen ningún problema, na súa propria terra?... Abonda coa propia vontade para usar o galego?... Ou existen impedimentos materiais, situacións de coaccións ou condicionantes de calquera tipo que obstaculizan o seu libre desenvolvemento?... Pode materializarse o seu uso en todos os ámbitos?...Ten a presenza necesaria para aseguralo? Podemos dispor dela en todo e para todo?... A resposta, infelizmente é un rotundo NON.
Historia y humanidades 7 meses
6
0
237
01:03:19
O galego, entre un pasado brillante e un incerto futuro - Xosé Ramón Freixeiro Mato
O galego, entre un pasado brillante e un incerto futuro - Xosé Ramón Freixeiro Mato
Palestra do filólogo Xosé Ramón Freixeiro Mato no 2024 sobre a historia da língua galega. Dun pasado brillante na Idade Media ao seu incerto futuro na actualidade. A propósito do libro do autor publicado pola Fundación Moncho Reboiras no 2023 "A estrela que nos guia. O galego entre un pasado brillante e un incerto futuro": "A lingua galega é o maior patrimonio que o conxunto da sociedade galega actual recibiu como herdanza das persoas que historicamente as precederon como habitantes do antigo reino da Galiza (...) O galego áchase neste momento en grave perigo e de nada valería edulcorarmos o seu estado."
Historia y humanidades 7 meses
3
0
180
52:23
Que é que acontece co galego?... Encontros sobre a língua 02
Que é que acontece co galego?... Encontros sobre a língua 02
Organizado pola AGLP (a Academia Galega da Língua Portuguesa) no 2021, celebrou-se este II Encontro sobre a situaçom do galego na atualidade. Teresa Moure é a moderadora dum debate no que participam diversos escritores e sociolingüístas como Celso Álvarez Cáccamo, Miguel Anxo Fernán Vello, Pilar Garcia Negro, Olivia Penas e Elias Torres Feijó.
Historia y humanidades 7 meses
2
0
162
01:48:11
Que é que acontece co galego?... Encontros sobre a língua 01
Que é que acontece co galego?... Encontros sobre a língua 01
Encontro de distintos representantes do movimento associativo galego defensores da língua galega (Eliseu Mera pola AGAL, Marcos Maceira pola Mesa pola normalización, Santiago Quiroga pola Gentalha do Pichel, ou Antia Cortiças pola Fundaçom Cultural Artábria, etc...) sobre a situaçom do galego na atualidade, promovido pola AGLP (a Academia Galega da Língua Portuguesa). Aínda que este encontro aconteceu o 8 de maio do 2021, tem toda a atualidade e interesse, especialmente despois da publicaçom dos últimos dados sobre o uso do galego polo IGE.
Historia y humanidades 7 meses
3
0
180
02:16:36
O espírito revolucionário de Antolín Faraldo - Daniel Seixo
O espírito revolucionário de Antolín Faraldo - Daniel Seixo
Palestra de Daniel Seixo no 2022 sobre a figura de Antolín Faraldo e o seu espírito revolucionário e a revoluçom galega de 1846.
Historia y humanidades 7 meses
3
0
175
47:57
A grande revolta Irmandiña e Xoán Branco
A grande revolta Irmandiña e Xoán Branco
Palestra de Fran Zabaleta no 2022 sobre o século XIV na Galiza, a Grande Revolta Irmandinha e Xoán Branco. É autor do libro "Xoán Branco e a gran revolta irmandiña" Xoán Branco, notario e escribán de Betanzos, foi un dos dirixentes máis representativos da grande revolta irmandiña de1467 - 1469, o único capitán xeneral, que se saiba, que non procedía do estamento nobiliario. Ergueuse contra os seus señores, derrubou castelos e fortalezas, ordenou o axustizamento de malfeitores e acudiu perante o rei Henrique IV en representación da Santa Irmandade Galega. A súa morte, tras o fin da Irmandade, está rodeada de misterio...
Historia y humanidades 7 meses
5
0
251
01:18:45
Rosalía de Castro. Detalles biográficos - Anxo Angueira
Rosalía de Castro. Detalles biográficos - Anxo Angueira
Palestra de Anxo Angueira sobre Rosalía de Castro no 2022 , o primeiro ano no que se celebrou por vez primeira o verdadeiro día do seu nascimento (o 23 de febreiro)
Historia y humanidades 7 meses
6
1
193
38:58
Desvendando Rosalía De Castro e a súa obra - Francisco Rodríguez
Desvendando Rosalía De Castro e a súa obra - Francisco Rodríguez
Palestra de Francisco Rodríguez Sánchez a propósito da apresentación do seu último libro sobre Rosalía De Castro "Desvendado Rosalía e a súa obra"
Historia y humanidades 7 meses
6
0
157
01:08:54
O Galego é realmente libre?...
O Galego é realmente libre?...
Palestra a propósito da apresentación do libro "Liberdade para o Galego", de Elsa Quintas e Marcos Maceira, membros da "Mesa pola normalización lingüística" e "Queremos Galego", na libraría Cartabón. Libro moi acaído, tras sabermos que, POR PRIMEIRA VEZ NA HISTORIA o galego é minoritario na Galiza. Os últimos datos del Instituto Galego de Estadística (IGE), publicados este 11 de outubro, revelan que a porcentaxe de residentes na Galiza que empregan exclusivamente o galego xa non é maioritario, como até agora. A situación é alarmante entre os máis novos. Un terzo dos menores entre 5 y 14 años (32%) confesa saber "pouco o nada" de galego. Ademais, só un 7% deste grupo usa exclusivamente o galego. Por que é que acontece isto? Realmente podemos usar o galego sen problema e únicamente é que estamos optando polo castelán?...
Historia y humanidades 7 meses
3
0
196
01:25:40
A nación galega. Tempo, historia e nación - Anselmo López Carreira
A nación galega. Tempo, historia e nación - Anselmo López Carreira
Palestra editada de Anselmo López Carreira na Semana Galega da Filosofía do 2024 co título de "Tempo, historia, nación" referido á constitución da nacionalidade galega ao longo do tempo, no transcurso da súa historia. Desde cando nos recoñecemos como galegos?... Por qué o movimento nacionalista contemporáneo foi (e é) relativamente feble?... Galiza é unha nación, non hai dúbida. Cumpre con todos os requisitos para isto e posúe unha potente bagaxe identitaria. Conta, polo tanto, cunha clara consciencia nacional, aínda que esta sexa «larvada» (Castelao). Apresento esta palestra editada no discurso que considero máis esencial para a súa mellor comprensión. Anselmo López Carreira (Vigo, 1951) licenciouse en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela en 1976 e doutorouse na mesma Universidade en 1994. Foi catedrático de Secundaria en varios institutos e profesor-titor na UNED, así coma "Doutor Vinculado" no Instituto de Estudios Galegos «Padre Sarmiento»-CSIC. É todo un referente no redescubrimento e a reinvindicación da importancia do reino da Galiza.
Historia y humanidades 7 meses
7
0
270
42:48
Os tempos da represión ao galego - Carlos Callón
Os tempos da represión ao galego - Carlos Callón
Palestra de Carlos Callón na Semana Galega da Filosofía do 2024 de Pontevedra intitulada "O galego e o inconsciente" sobre a longa represión do galego durante séculos. Isto foi coallando no inconsciente colectivo da nosa sociedade... e reflectíndose no actual estado de minorización e perda de falantes que sufrimos. Temos constancia documental de castigos físicos por falar en galego na escola desde a primeira metade do século XVI até avanzados os anos 70 do século XX. Á violencia física contra todas esas xeracións de crianzas hai que sumar as humillacións, as burlas, a vergoña..., rexistradas tamén antes e despois desas datas. Este trauma colectivo é de tal proporción que, nun grao ou noutro, afectou a todas as familias galegas. Que restos deixou tanta brutalidade? Que débedas simbólicas cargamos polas seculares tentativas de lingüicidio? Como podemos encarar estas feridas para que libren o paso a un futuro diferente?... Carlos Callón (Ribeira, 1978) é profesor de Xeografía e Historia no Instituto Español de Lisboa e doutor en Estudos Galego-portugueses. Entre os varios títulos que publicou salientan os ensaios "Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez" (2012), "O libro negro da lingua galega" (2022, Premio da Crítica Galicia de Investigación), "Como defenderes os teus dereitos lingüísticos" (2011, Premio Redelibros). É presidente de honra da Mesa pola Normalización Lingüística (a maior asociación cultural de Galiza), entidade que dirixiu entre 2002 e 2014. Tamén presidiu durante dous anos o Comité de Estado da Axencia Europea das Linguas Minoradas.
Historia y humanidades 7 meses
8
1
217
01:45:01
Más de Mohawk Ver más
UNIVERSO LUSÓFONO
UNIVERSO LUSÓFONO Apesar de partilharmos o mesmo território (a península ibérica) e provirmos duma mesma cultura, Portugal continua a ser um grande desconhecido... Isto é o meu pequeninho contributo para emendar no possível esta eiva secular... Actualizado
CULTURA e LINGUA
CULTURA e LINGUA Sobre a lingua como expresión da música, de literatura, ...de cultura en definitiva Actualizado
RETALLOS PARA O PENSAMENTO
RETALLOS PARA O PENSAMENTO Sobre os humanos actuais e ados. Sobre a nossa sociedade e o seu desenvolvimento sostíbel...assi como calquer outro tema que convide á dialogar e debater... Actualizado
También te puede gustar Ver más
Na volta de folla
Na volta de folla Manuel Gago desenvolve neste podcast as exploracións na historia e cultura de Galicia que publica habitualmente noutras redes sociais. Unha porta aberta á volta de folla da historia, antropoloxía e cultura galegas. Actualizado
Palestras no CS Artábria
Palestras no CS Artábria Palestras que se fazem no CS Artábria de Ferrol - Galiza Actualizado
Descifrando a Historia
Descifrando a Historia Análise da Historia de Galicia Twitter: @DescifrandoHist Instagram: @descifrandohistoria iVoox e Sportify Por David Gesteira Actualizado
Ir a Historia y humanidades