iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis

Podcast
Informativos Rádio FilispiM, 93.9FM 1q6u6k
216
19
Novas producidas polo grupo de traballo de informativos de Rádio FilispiM, emisora libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol no 93.9 FM e vía streaming en http://opaii.blogspot.com 1532p
Novas producidas polo grupo de traballo de informativos de Rádio FilispiM, emisora libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol no 93.9 FM e vía streaming en http://opaii.blogspot.com
Informativo, 12/12/2024
Episodio en Informativos Rádio FilispiM, 93.9FM
Informativo de Rádio FilispiM, 12/12/2024 Sumario: Montse Fraga, ASPANEMI (Narón), fala do Día Internacional da Discapacidade e do seu fillo Brais. Chamado á participación na convocatoria da CIG, o 12 de decembro en Ferrol, pola defensa das pensións. “ALTRI NON! Nem eiquí, nem em Madrid”. Informa Edu “Comochoconto”, dende Radio Raposeira. Noticias dialogadas: “Umha volta sobre resíduos e reciclagem”. Da man de Lupe e Inácio. AXENDA: Libros e música na Fundaçom Artábria. Presentación do libro “Runrún” de Ana Varela, clube de leitura e concerto de “Exquisitos Ghipes de Merda”. AXENDA: Galiza con Palestina. Ferrol e Pontedeume, vindeiro luns 16 de decembro, ás 20h, diante dos concellos. AXENDA: Concerto de Adrian Timms no Cuerda Floja (Ferrol) o vindeiro venres 13 de decembro, ás 21h. Como despedida, ficamos cunha das súas pezas musicais. Condución/edición: Ana Lucecú Participa! [email protected] (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!
25:36
Informativo Rádio FilispiM, 05/12/24
Episodio en Informativos Rádio FilispiM, 93.9FM
Informativo local da Rádio FilispiM do 05/12/2024 Sumario: Crónica da concentración convocada pola Coordinadora Galega de Solidariedade coa Palestina do 2/10/24 na praza do Concello de Ferrol por Inácio Martínez. "Dezembro, mes da publicidade e da hipocrasía" por Comochoconto. Ecos do 25 N por Ana Fernández. Novas Dialogadas: A folga no transporte e o movemento veciñal. Axenda Cultural: Concerto de Membrillo Fanegas e La Rabia Saudí na sala ruido (07/12/24 ás 23:00) Canción de peche: Milaka lore/Miles de Flores Süne, Antía Muíño e Greta Ch'aska.
22:51
Informativo, 28/11/2024
Episodio en Informativos Rádio FilispiM, 93.9FM
SUMARIO 27/NOV./2024 "É tanto pedir?" O AMPA da escola Galiña Azul de Esteiro Ferrol piden a Consellaría de Política Social da Xunta de Galicia melloras para o cadro de persoal e servizos educativos na etapa preescolar. Pleno no Concello de Ferrol. Este xoves 28 de novembro terá lugar un Pleno, que entreoutros asuntos tratará a proposta inicial para os orzamentos municipais para o ano 2025. Un dos documentos máis importantes que elabora o concello, que reflictirá gastos, ingresos e investimentos... Nolo explica Inacio. Aliana Corral do Colectivo BBTT, fala do 17N, Día Mundial do BB prematuro Partera Guerrillera, sanitaria, co gallo do 25N, "Día internacional para a erradicación das violencias contras das mulleres", fálanos dunha delas, a Violencia Obstétrica. Nerea Calvo Beceiro, co gallo do 25N, fala da histórica Fábrica de Conservas El Cisne de San Sadurniño, resultado das ZUR, Zonas de Urxente Reindustralización a mediados dos anos 80 como consecuencia da crise do sector nava. NOTICIAS DIALOGADAS, Inacio e Lupe segue... "A voltas co tren" Edu, "Comochoconto" desde Radio Raposeira fálanos fala da Cume do Clima e da Conferencia das Partes, mais coñecidas polas súas siglas en inglés, COP, que vén de levarse ao cabo en Bakú, capital de Azerbaixán O filme Prefiro Condenarme, parte dun xuízo por adulterio contra unha mariscadora da ría de Ferrol durante a ditadura, en 1972. A violencia, o abuso, a falta de dereitos das mulleres xunto a un ambiente social opresivo, forman parte desa historia real. A cantante i experimentadora galega Mónica de Nut fálanos do proceso colaborativo e compositivo nunha das pezas da BSO desta cita. AXENDA.Concerto de Zavala, sábado 30 de novembro, ás 10 pm no centro social Artábria, na rúa Batallóns, Esteiro. Presentarán o seu traballo "Pequeño Manual para Grandes Cambios", publicado por Ferror Rcds. Entrada de balde. AXENDA primeras xornadas VIHsibles Ferrolterra, en xornada de mañá, o sábado 30 de novembro e domingo 1 de decembro no Ateneo e CC de Canido, respectivamente. Organiza AVANTE LGTB+ Ferrolterra. AXENDA. Galiza con Palestina. Dentre as moitas concentracións subliñamos a as que terán lugar no noso ámbito: Ferrol e Pontedeume o luns 2 de decembro ás 8 pm nas prazas dos Concellos.
35:42
Informativo, 21/11/2014
Episodio en Informativos Rádio FilispiM, 93.9FM
Informativos de Rádio FilispiM, xoves 21/11/2024 Sumario: - A editorial ferrolá “Libros del Océano” ven de publicar o libro “Cuaderno de Cultura Oceánica”. Vicente Irisarri achéganos un fragmento da súa entrevista co seu autor, Juan José González Trueba, en Musica, Suf e Medio Ambiente. - Crónica da xornada da “Esfolla do Mainzo” en Doso (Narón) da man de André Pequeno Monstro. - Comochonto, dende Radio Raposeira, envíanos a súa homenaxe ás vítimas da Dana en Valéncia. - Última hora sobre o traslado dos arquivos militares de Ferrol. Informa Fernando Ocampo e a Asociación Cultural da Memoria Histórica Democrática. - Noticias Dialogadas: Ferrol, escudo antimisís. - AXENDA. Convocatoria para o 25N “Día Internacional contra a Violencia Machista” e lectura das demandas feministas recollidas no Manifesto da Marcha Mundial das Mulleres. - AXENDA. “Magusto en Canido”. O 24 novembro, no Centro Cívico de Canido. Organizado pola Asociación Veciñal de Canido, Ferror Récords, Fundaçom Artábria e Muíño do Vento. - AXENDA. Concerto do grupo portugués Caravananana, o xoves 21 de novembro no Cuerda Floja, ás 21h. Entrada de balde. Participa! [email protected] (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte! http://opaii.blogspot.com
25:49
Informativo Rádio FilispiM, 13/11/2024
Episodio en Informativos Rádio FilispiM, 93.9FM
Informativos de Rádio FilispiM, mércores 13/11/2024 Sumario: - A asociación cultural memoria historica e democratica solicita ao concello de Ferrol a convocatoria da mesa de memoria para evitar o traslado dos fondos documentais do arquivo intermedio militar. - A asociación BBTTA achega a Alba Padró ás nais. - A represión contra as solidarias proPalestina en Compostela (continuación). - Noticias dialogadas: Máis Tren. - Lidia India presenta 'No mare'. Participa! [email protected] (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!
18:27
Informativo Rádio FilispiM, 06/11/2024
Episodio en Informativos Rádio FilispiM, 93.9FM
Informativos de Rádio FilispiM, mércores 06/11/2024 Sumario: Novas Dialogadas. Lupe e Inacio reflexionan, a partir das consecuencias da DANA no Levante español, verbo dos posíbeis riscos de inundacións na Terra de Trasancos. O Colectivo BBTT de Narón informa sobre a lactación materna en situación de emerxencias. Damos voz a un voluntario da desastre de Valencia, quen denuncia a manipulación do voluntariado, por parte das institucións. Crónicas da carga policial e detencións na convocatoria "Galiza con Palestina" en Compostela o pasado 6 de outubro de 2024. Parte I e II. AXENDA. Clube de lectura de Artábria, "Imaxen de Portugal en Galicia" (Carlos Quiroga). Quinta feira, 7 de novembro ás 20:!5 horas. No seu local social. AXENDA. O Colectivo LGTB+ Avante de Ferrolterra, convídanos as súas asembleas dos venres. No mesmo espazo, CC de Canido, levará a cabo unha foliada o sábado 9 de novembro ás 12:00 do mediodía. AXENDA. Apresentación en Artábria do libro "A Terra do Eo-Navia. A Galegidade en Asturias", de Manuel Miragaya. Sexta feira, 8 de novembro no local da asociación. AXENDA. A asociación AXANOG, contra o cancro infantil e xuvenil, prepara unha xornada de actividades lúdico solidarias para toda a familia, o domingo 10 de novembro no CC de Canido. MÚSICA. Despedimos cun adianto acústico do inminente novo single da cantora de Doniños Lidia India, "No Mare". Participa! [email protected] (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!
21:20
Informativo Rádio FilispiM, 31/10/2024
Episodio en Informativos Rádio FilispiM, 93.9FM
Informativos de Rádio FilispiM, mércores 31/10/2014 Sumario: As axudas para a obtención do carné de condución da Xunta de Galicia, un engano para os mozos e mozas galegas. A violencia obstétrica en España, protagonista da palestra organizada pola asociación BBTTA en Narón, contou coa participación da sanitaria e activista "Partera Guerrillera". Proseguen as exhumacións na fosa común máis grande de Galiza. En O Val (Narón) poderían atoparse até 51 persoas da comarca asasinadas polo franquismo. Chega "A Lei Mordaza Light", un novo sabor a represión. Informa Comochoconto desde Radio Raposeira. Novas Dialogadas. Inacio e Lupe conversan sobre un dereito básico recoñecido pola CE, mais pendente da súa aplicación: "O dereito a unha vivenda digna e axeitada". Axenda. Domingo 3 de novembro, foliada sesión verMú en Artábria, dentro do programa de actos do 26 aniversario da asociación con sede en R/Batalhons-Esteiro (Ferrol). Axenda. A Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina convoca unha concentración o luns 4 de novembro en 30 localidades galegas, dentre delas Ferrol. Participa! [email protected] (mensaxes de voz, notas). Comparte!
17:06
Informativo Radio FilispiM, 23/10/2024
Episodio en Informativos Rádio FilispiM, 93.9FM
Primeira edición dos informativos da radio libre e comunitaria de Trasancos que emite desde Ferrol, na súa nova etapa (mércores 23/10/2014).- Sumario: - Editorial. Regresan os informativos a radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite desde Ferrol. - A veciñanza do barrio de Canido demanda usos culturais e socias para o antigo edificio de suboficiais. - A Asociación de Memoria Histórica Democrática presenta o venres 25 de outono, no CC Torrente Ballester de Ferrol, "En la Piel de los Héroes", un libro de Xoxé Fortes Louzán. - Video Conferencia sobre xogos de rol, dentro do ciclo "Afecións Transformadoras", organizado pola Area Sanitaria de Ferrol e a AVV de Canido, entre outras. Venres 25 de outono ás 11:00 hrs, no CC de Canido. - Nace unha nova radio libre, "nómada e festeira", Rádio Raposeira. Informa Edu Comochoconto desde a Kalimera. - Novas Dialogadas. No primeiro capítulo desta nova sección dentro dos Informativos, reflexionamos sobre dous temas de actualidade: o xenocidio en Palestina e a manipulación informativa na radio e televisión pública galega, a RTVG. - Dentro das actividades do 26 Aniversario da Fundaçom Artábria, concerto de Katya Teixeira. Venres 25 de outono ás 21:30 h. no local do asociación, en Travessa de Batalhons (Esteiro-Ferrol).
19:17
Informativo Filispim (maqueta, probas) - 22/10/2024
Episodio en Informativos Rádio FilispiM, 93.9FM
Maqueta para emisión en probas da nova etapa dos (contra)informativos da FilispiM. Calquera parecido coa realidade é pura coincidencia...
05:54
Cuña - 8 de Marzo de 2019 en Ferrol
Episodio en Informativos Rádio FilispiM, 93.9FM
8 DE MARZO DIA INTERNACIONAL DAS MULHERES ESTE 8 DE MARZO AS MULHERES… NOM COIDAMOS NOM TRABALHAMOS NOM CONSUMIMOS NOM ESTUDAMOS SUMA-TE À FOLGA DAS MULHERES! ACUDE À MANIFESTACIÓN ÀS SETE DA TARDE NA PRAZA DE AMADA GARCÍA, FRENTE AO EDIFICIO DA XUNTA POR TODAS AS MULHERES! POR TODOS OS DEREITOS! REVOLTA FEMINISTA!
02:32
Comunicado da Plataforma pola Remunicipalización na Concentración frente a Emafesa
Episodio en Informativos Rádio FilispiM, 93.9FM
Comunicado da Plataforma na defensa dos servizos públicos e pola remunicipalización, o pasado mércores un de marzo, ás doce do mediodía, na Praza da Ilustración, na concentración en Ferrol, polo Saneamento da ría, contra a Tasha, e por unha Emafesa cen por cen Pública.
07:17
Nova - Crónica do #PecheCoia - Anúlase o xuízo contra Diego e vence a solidariedade
Episodio en Informativos Rádio FilispiM, 93.9FM
Na véspera do xuízo contra Diego, activista da O.D.S. de Cóia, en Vígo, chegou a boa nova da retirada da acusación por parte do policía que o denunciára (Mentindo), por atentado a autoridade. Por iso, con ledícia, queremos dar conta desta pequena vitória dun modesto movemento veciñal e solidário. Nova de tirada de @GalizaContrainfo
07:53
Concentración de denuncia polos últimos feminicidios, 20 Dez 2016
Episodio en Informativos Rádio FilispiM, 93.9FM
O pasado Martes 20 de Decembro de 2016, ás oito da tarde, persoas, partidos e diferentes asociacións da comarca, concentráronse diante da Casa do Concello de Ferrol, como no resto das cidades de Galiza, para denunciar os últimos feminicidios, convocados pola Marcha Mundial das Mulleres. #oMachismoMata
05:15
Por un ensino público galego, laico e de calidade: paremos a LOMCE e as reválidas.
Episodio en Informativos Rádio FilispiM, 93.9FM
Audios das concentracións da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público en Vigo e A Coruña o pasado 26 de Outubro, de 2016. Audios das concentracións da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público en Vigo e A Coruña o pasado 26 de Outubro, de 2016.
07:32
As Marchas da Dignidade no Carballiño pola absolución de Emilio Cao
Episodio en Informativos Rádio FilispiM, 93.9FM
Centos de solidarias ateigaron as rúas do Carballiño para manifestar o seu apoio ao compañeiro Emilio Cao, un dos detidos na mobilización que as Marchas da Dignidade realizaron o pasado 22 de marzo de 2014 en Madrid, ao que lle piden 5 años de cárcere. Unha mostra máis da criminalización que sofren os movementos sociais emancipadores, na que moitas veces colaboran os grandes medios de comunicación.
04:54
Lectura do manifesto unitário en apoio às pessoas refugiadas, Ferrol 19-06-2016
Episodio en Informativos Rádio FilispiM, 93.9FM
No ado domingo, 19 de Junho de 2016, a Rede Galega em Apoio às Pessoas Refugiadas de Ferrolterra, mobilizou-se nas ruas de Ferrol, saindo em manifestaçom até o Cantom, onde numha concentraçom, na que o voluntário, recem chegado de Idomeni, Alberto Amieiros, deu leitura ao manifesto unitário: "Rachemos com as fronteiras. Nom, às guerras!"
11:40
O Tribunal Supremo anula o projecto de execuçom de Reganosa
Episodio en Informativos Rádio FilispiM, 93.9FM
O Tribunal Supremo vem de decidir este joves 28 de abril a anulaçom do projecto de construçom da planta de gás de Reganosa. A sentença do Supremo é firme e une-se à que há um mês deitou abaixo a autorizaçom prévia da instalação e obriga ao Governo em funçons a conceder-lhe novas permissos nas próximas semanas ou a decretar a paralisaçom da sua actividade. A sentença era esperada, em coerência com o decidido há umhas semanas. Reganosa está agora obrigada a solicitar a autorizaçom prévia e o projecto construtivo ao Governo em funçons. O Ministro de Indústria -que agora é Luis de Guindos- deve decidir através da Direcçom-Geral de Política Energética e Minas se paralisa a actividade da regasificadora ou lhe concede estas novas autorizaçons. O texto da sala do Contencioso-istrativo do Tribunal Supremo, conhecido este joves, assinala que a ilegalidade da autorizaçom istrativa prévia decretada há umhas semanas faz com que "todo o procedimento de desenvolvimento ou posta em execuçom dessa autorizaçom" incorra "na mesma falta de adequaçom à normativa urbanística".
02:01
Foro Cívico em Ferrol 25/11/2015
Episodio en Informativos Rádio FilispiM, 93.9FM
O Concello de Ferrol, tem pensado celebrar um Foro Cívico Participativo o xoves 3 de decembro entre as 18:00 h. e as 21:00h. no Teatro Jofre. Os foros Cívicos som espaços abertos ao conjunto da vecinhança para reflexionar, debater e tomar decissons sobre temas que a afetam.
01:22
A escola alternativa Semente de Trasancos bota a andar na comarca.
Episodio en Informativos Rádio FilispiM, 93.9FM
A Terra de Trasancos conta xa cun espazo educativo alternativo para nen@s entre 2 e 6 anos. O Colectivo Semente de Trasanco vén de abrir unha escola popular en Narón, para nenas e nenos entre 2 e 6 anos, una via diferente a oferta de ensino público e privado, que ten os seus referentes máis inmediatos en escolas similares abertas en Compostela e Vigo. Según as súas impulsoras este "espazo educativo", non ten que ver coas tradicionais "garderias" baseando a súa metodoloxía educacional no o coa natureza, o máis inmediato, e a lingua propia do país. Escoitamos a Silvia Bogo, unha das promotoras da Semente de Trasancos na nosa Comarca, que estivo o pasado venres 18 de setembro no programa Divertimento para pequenos monstros. Informou o Pequeno Monstro, para Rádio FilispiM
08:09
Comunicado cadro persoal Diario de Ferrol _ Manifestación 02/09/2015
Episodio en Informativos Rádio FilispiM, 93.9FM
O cadro de persoal do Diario de Ferrol, retoma as mobilizacións logo do despedimento de dúas das xornalistas máis veteranas e dun novo despedimento, desta vez de El Ideal Gallego, todas elas pertencentes ao grupo La Capital. O paro, de carácter indefinido, cun primeiro tramo de corenta e oito horas, comezou ontes mércores 2 de setembro. O persoal demanda un plan de viabilidade que garanta os postos de traballo, a reisión d@s despedid@s, así como o aboo dos salarios adebedados até hoxe e a súa normalización mensual. A xornada do 2 de setembro constatou o apoio da cidadanía ao cadro de persoal do Diario de Ferrol, así como á continuidade deste xornal, coa asistencia dunha grande cantidade de persoas que, a título individual ou en nome de diversos colectivos, acudiron, primeiro á concentración as portas da sede do Diario, na rúa Galiano, e despois, a manifestaión até a praza José Couso. Dende o Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM, expresamos a nosa solidaridade co cadro de persoal do Diario de Ferrol, así como a continuidade normalizada dunha cabeceira tan necesaria, que garanta a pluralidade informativa e a información local. No audio, rexistrado polos informativos de Rádio FilispiM, ouvimos o comunicado final desa mobilización, lido por Nicolás Vidal, en representación d@s tratallador@s do Diario de Ferrol. Informou o Pequeno Monstro para os Informativos locais de Rádio FilispiM.
08:35
Más de Rádio FilispiM, 93.9 FM Ver más
FilispiM Vai... FilispiM Vai... é um programa colectivo de Rádio FilispiM que pretende sacar a rádio fora do estudo e levala a visitar lugares singulares da nossa comarca. Actualizado
Programa do Colectivo OPAII Este é o Programa do Colectivo OPAII, donde coentamos novas do colectivo e locais, galegas e internacionais, practicamos e realizamos todo tipo de audios. Actualizado
También te puede gustar Ver más
Voces de Ferrol - RadioVoz Un completo programa en el que se presta atención a todo lo que forma parte de la vida de una comarca. La información más cercana se combina cada día con una selección de entrevistas de actualidad en las que colaboradores del programa diseccionan las noticias para realizar cada día el retrato sonoro de la actualidad de cada jornada con marcado acento ferrolterrano. Voces de Ferrol presta especial atención a quienes trabajan, crean, deciden y viven en la comarca. Políticos, empresarios, vecinos, escritores, actores... que dan respuesta cada día a las incógnitas que se plantean en las diferentes secciones del programa. Y además, concursos, programas en directo desde puntos de toda la comarca, acciones solidarias. Transmitimos cercanía. La Radio de aquí. Actualizado
Galiza...algo máis Programa semanal en galego feito desde Catalunya. Presentado e dirixido por un grupo de galegocataláns con inquedanzas no ámbito da actualidade e da cultura. Actualizado
Programas Mar de Fueguitos Mar de Fueguitos es un programa de radio dedicado a los movimientos sociales, sus sueños y luchas. Inspirado en un relato del escritor uruguayo Eduardo Galeano y en las enseñanzas de las comunidades indígenas zapatistas en resistencia, el espacio nació en el año 2000 y ha sonado, desde entonces, primero en Radio Euskadi, la emisora pública vasca, después en Tas Tas Irrati Librea, que cerró en 2013, y, a día de hoy, en 97 Irratia, emisora libre y comunitaria de Bilbao. Mar de Fueguitos es una propuesta del periodista Gorka Andraka. Actualizado