Trending Misterio
iVoox
Descargar app Subir
iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis
Informativos Rádio FilispiM, 93.9FM
Informativos Rádio FilispiM, 93.9FM
Podcast

Informativos Rádio FilispiM, 93.9FM 1q6u6k

216
19

Novas producidas polo grupo de traballo de informativos de Rádio FilispiM, emisora libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol no 93.9 FM e vía streaming en http://opaii.blogspot.com 1532p

Novas producidas polo grupo de traballo de informativos de Rádio FilispiM, emisora libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol no 93.9 FM e vía streaming en http://opaii.blogspot.com

216
19
Informativo RFM, 5/6/2025
Informativo RFM, 5/6/2025
Sumario: Nace EXTRARADIOS, novo colectivo cultural en Ferrolterra. Diálogo de novas. Tras cinco setenzas condeatorias, aberta unha sexta causa penal a Reganosa. Por Lupe e Inácio. Manifesto da pasada concentración Galiza por Palestina en Ferrol. Gravación: Inácio. Edición: Antonio. Marcha global a Gaza. André pequenomostro BDS organiza un acto no Espazo Fiada en Catabois. André pequenomostro. Dous integrantes da redación dos informativos da FilispiM, e de tantos colectivos, Xan e Inacio, faran parte da Marcha Global a Gaza este mes de xuño. Escoitamos as súas declaracions en exclusiva antes de partir. (Inf. pequenomonstro). Chamado urxente boikot a Israel. Edu Comochoconto (Rádio Raposeira). A obra “VIDAS ASOMADAS” no CS Artábria (inf. Jorge Mirancos). Rober Cagiao presenta, o xoves 5 de xuño ás 7 da tarde na Libraría Day en A Gándara-Narón, o seu novo libro "LA DAMA DE AMBOTO". O sábado 7 de xuño ás 8 da tarde a praia de Areamorta, en Redes, será cenario de excepción do espectáculo de danza REDes. O Festival Río Castro de Naraío, celebra a XXX edición. Desvelamos o seu cartaz. A ferrolá Lida India vén de presentar o seu novo single e videoclip, “Galiña Vella”. O Ateneo Ferrolán acolle o venres 6 de xuño ás 7 da tarde a inauguración da exposición fotográfica “OLLADAS” de Marta Gil. Na Máquina do tempo filispiniana: A Cultura Preokupa. CSO As Atochas. Decembro 2008. Documenta: andré pequenomonstro. Condución/edición: Antonio. Comparte! Espalla a túa radio libre!
Mundo y sociedad 4 días
0
0
3
01:00:27
Informativo RFM, 28/05/2025
Informativo RFM, 28/05/2025
Informativo semanal Rádio FilispiM do 28-05-2025. "A voltas co tren" no dialogo de novas. Por Lupe e Inácio. Despexo do CSO Escárnio e Maldizer adiado ata novo aviso. Por Edu Comochoconto (Radio Raposeira). Israel en boca de Indesexables. Edu Comochoconto (Radio Raposeira) Noite de PUNK ROCK con Satenta e Kase7e no CS Artábria. Por Bruno Lopes (Associaçom Cultural Artábria) O Concello de Cedeira organiza a Charla "Coidarte tamén é maternar" que impartirá Pili Carballeira, psicóloga perinatal e asesora de lactación da asociación BBTTA. Por pequenomostro. Presentacion da XXX edición Festival do Río Castro no bar O Campo (en Cesárea), Nara í. Por Ana Fabaloba. Concentracións por Palestina na Galiza o proximo 2 de xuño. Por Bruno Lopes (Coordenadora galega de solidariedade pola Palestina) Na máquina do tempo filispiniana. Novembro de 2013, o programa de Rádio FilispiM "Ponte en Galego", feito por profes e alumnado do IES de Breamo, cubre o conflicto das praceiras co "Alcaide" de Pontedeume. O "popular" Torrente. Por pequenomostro. Canción de peche. "Ghaivota" por Kase7e. Locución / edición: Antonio.
Mundo y sociedad 4 días
0
0
3
35:50
Informativos da Rádio FilispiM 22/05/2025
Informativos da Rádio FilispiM 22/05/2025
Informativos da Rádio FilispiM 22/05/2025 Sumario: - AVANTE LGBT convídanos é proxeçom do documentario “Infiltrats” no CS Artabria o sábado 24 de maio. - André PequenoMonstro divulga da proxeçom de dous filmes: “Las armas no borrarán tu sonrisa” no Ateneu Ferrolán o día 22 de maio e “Cascarilla” a ser proxectado no local da CGT da Coruña o dia 23 de maio. • Ana Faba Loba convida ao filme “Ante Nós”, un retrato íntimo de Castelao. A proxeçom será nos cinemas Duplex o domingo 25 de maio • Silvia Bogo presentanos as actividades dos próximos días no Centro Social Artábria. • Edu Comochoconto da Radio Raposeira comenta o desaloxo do CSOA “Escarno e maldizer” de Compostela. • Noticias dialogadas: Lupe e Inácio comentan o proxecto do saneamento da zona rural de Ferrolterra. - Máquina do tempo filispiniana de abril de 2013 – Inácio fala en que se concretizou o Foro Social de Ferrolterra de 2011. • Canción “O mar, o amor, o elo” de Luizga e Susana Travassos. • Condución: Jorge Mirancos • Edición: Jorge Mirancos • Participa! [email protected] (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!
Mundo y sociedad 2 semanas
0
0
7
35:33
Informativo Rádio FilispiM 8-05-2025
Informativo Rádio FilispiM 8-05-2025
Informativo semanal Rádio FilispiM, 08/05/2025 Sumario: - “Filispím Foi Aos Maios”, reportaxe realizada polo nosos compañeiro Antonio durante esta festividade no barrio de Canido. - “NOTICIAS DIALOGADAS”. A mantenta da apagom eléctrico do ado 28 de Abril e do debate na sessom de controlo do Governo polo Congreso de Deputad@s em Madrid. Galiza tem que deixar de ser um "território de sacrifício", para ser soberana nas decissons e poder gestionar o seu modelo eléctrico. Con Lupe e Inácio. - “Reflexom sobre os protestos do 1° maio”. Edu COMOCHOCONTO, dende Radio Raposeira. - A MÁQUINA DO TEMPO FILISPINIANA: “Lume no Ateneo!”. Cara a 1:25 h. da tarde do 17 de xaneiro de 2008 un lume e unha intensa fumareda, provintes das escaleiras que dan ao edificio histórico da rúa Madalena de Ferrol, alertan á secretaria do Ateneo quen, de inmediato, avisa aos bombeiros. Trátase dunha acción violenta aínda sen resolver, que a propia policía científica cualifica como intencionada. Rádio FilispiM levaba emitindo tres anos desde o famoso estudo metro cadrado... Nolo lembra André Pequeno Monstro. - Convite de Queremos Galego para participar na grande foliada e manifestaçom nacional do 17 de Maio em Compostela. Por Lupe Ces. - Concentración 80 aniversario da VICTORIA SOVIÉTICA SOBRE O NAZISMO. Contra o fascismo e a guerra imperialista. Pola paz entre os pobos. O 9 de maio, ás 19.30h, no Cantón de Ferrol. - O colectivo FERROL CON PALESTINA organiza diferentes actos encadrados no aniversario da NAKBA. O Luns 12, en Fiada (Estrada de Catabois, 230), ás 18h: Obradoiro “Arroupando Palestina” Intervención de prendas con poemas e bandeiras. Seguido, ás 20h dunha proxección de audiovisuais e un faladoiro. O mércores 14, ás 20.30h, nun espacio aínda por determinar: Recital Poético “Voces con Palestina”. Poesía e musica. E o xoves 15, ás 19.30h, Concentración na Praza Vella de Ferrol cunha acción poética. Contra o xenocidio e en solidariedade co povo palestino. - CICLO VERMÚ CON LETRAS. Presentación do libro “Diário Comboio” de Raquel Miragaia, que estará acompañada de Luz Castro, autora das fotografías do libro. Sábado 10 de maio, ás 13h, no Centro Cívico de Canido. - Presentación do libro “Huellas bajo el agua” de Eva Loureiro Vilarelhe. Acompañada por Ada Romero. Xoves 15 de maio, ás 19h, na Central Librera (rúa Dolores, 5) Ferrol. - Proxeción do documentario A LOITA FINAL. O martes 13 de maio no Ateneo Ferrolán (rúa Madalena, 202), ás 7 do serán. O pase da cita contará coa presenza do seu director, Enrique Banet e da ferrolá Mabel Rivera, produtora do mesmo. Por Ana Faba Loba. - Actividades para os vindeiro días na Fundaçom Artábria. Por Jorge Mirancos. - Despedida coa peza musical “Muiñeira da Croa de Fontá” e unha breve explicación sobre o grupo de folk creativo ARROÁS, que o día 9 de maio, ás 20.30h, estará dando un concerto no Salón de Actos da AAVV do Cruceiro de Valón, en Ferrol, presentando o seu disco “Trasancos (Ferrolterra I). https://arroas1.wordpress.com/ https://arroas.bandcamp.com/ Condución/edición: Ana Lucecú.
Mundo y sociedad 1 mes
0
0
5
49:19
Informativos 23-04-25
Informativos 23-04-25
SUMARIO: Montse Fraga, veciña de Narón, denuncia a paulatina privatización da Unidade de Atención Temperá dependente do Servizo Galego de Saúde. Por André Pequenomostro. Diálogo de Novas. Galiza perceptora de residuos industriais. Por Lupe e Inácio Ataques aos cárceres ses. Por EduComochoconto. Actividades na Associaçóm Cultural Artabria, XVII edición da Poesía Salvaxe, Clube de lectura e celebración do LI aniversario da Revolucion dos Cravos. Por Jorge Mirancos. XXVIII Feira da Plantación en San Sadurniño. Por André Pequenomostro. Canción final. 'Anti KKK' XeRoots y la 142.
Mundo y sociedad 1 mes
1
0
11
26:00
Informativos da Rádio FilispiM 17/04/2025
Informativos da Rádio FilispiM 17/04/2025
Informativos da Rádio FilispiM 17/04/2025 Sumario: - A A.C. Memoria Histórica Democrática anuncía a exposiçom de gravados “Fardel da Guerra” na Casa da Cultura de Pontedeume. - Ana Lucecú convida á conferencia dentro da campaña informativa e de debate a prol da conexión ferroviaria das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Esta conferencia terá lugar o día 24 de abril no local do antigo hospicio de Ferrol ás 19:30 horas e estará a cargo de Miguel Pazos Otón. • “Menores migrantes e o PP de G”, por Edu Comochoconto da Radio Raposeira. • -Noticias Dialogadas con Lupe e Inacio: Anúncio de proposta da estrutura de custos do servizo de limpeza viaria e de recollida de resíduos polo concello de Ferrol. • Co gallo do 20 aniversario da radio Filispim, André PequenoMonstro enbárcanos na máquina do tempo filispiniano até o VI Festival Conspirando por unha radio libre, que se fixo en 2009. - Lupe Cés comenta a publicaçom do libro “ As ben faladas” de María Xosé Porteiro. • Reportaxe de André PequenoMonstro sobre o festival musical Mocidade coa Lingua que se realizou o pasado día 11 de abril no Auditorio de Ferrol. • Rutas Xeoparque Ortegal para esta semana santa. Informa Ana Faba Loba • Inácio Caranza informa sobre o certame de Poesía Salvaxe deste ano que se realizará os días 24, 25 e 26 de abril. • No Centro Social Artábria no día 20 de abril vaise celebrar o domingo de insurreiçom cos concertos de Manu Kasoaparte e de Fran Zélop. Informa Jorge Mirancos. • Condución: Silvia Bogo • Edición: Jorge Mirancos • Participa! [email protected] (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!
Mundo y sociedad 1 mes
0
0
9
51:30
Informativos Rádio FilispiM, 3/4/2025
Informativos Rádio FilispiM, 3/4/2025
SUMARIO: A intervención da portavoz da Plataforma S.O.S Sanidade pública no Pleno municipal do Concello de Ferrol do pasado xoves 27 de marzo, pon nervosos aos monaguillos do Partido Popular desta cidade. Nolo conta Antonio. Noticias Dialogadas. O traballo dos coidados as persoas maiores é un servizo maiormente en mans do sector privado. Grandes corporaçons repartem-se o pastel de milleiros de milhons de euros. Un deses doces chámase Galiza, un pais envellecido onde máis do 25 por cento da poboazón supera os 65 anos. En Ferrol os dados de persoas con dependenza recoñecida non atendida son alarmantes. Nolo contan Lupe e Inacio. Precisamente, O Faladoiro de Filispim, tratou na súa última edición do Edadismo, da soidade non desexada e mortes sen compañia, que comezan a ser habituais na cidade de Ferrol. O sicólogo Manolo Castro e a arquitecta María Fernández Lemos, foron convidados nesta ocasión. Un impulsores do programa, Cesar Pita, lembra que podemos volver ouvilo a través desta sintonía ou podcast 🎧. A pasada segunda feira en Ferrol tivo lugar umha nova concentraçom convocada pola Coordenadora Galega de Solidariedade coa Palestina, dentro dumha jornada nacional contra o genocídio e o apartheid. Bruno Teixeiro leu o comunicado e o médico gazatí afincado em Ferrol, Amir Ismail Hejazy, tivo umhas palavras de agradecimento. Inacio, estivo alí. "De minas e lixo". Comochoconto, da Radio Raposeira, de novo na FilispiM. Mortes na mina. Cinco traballadores mortos e catro graves no concello de Degaña en Asturies. A mina non tiña permiso para extración deste minera. Informa Oskar, desde Rádio Raposeira. Nace na Galiza a Plataforma Galega pola paz, contra o militarismo, a OTAN e a guerra. Para o mércores 9 de abril convocan concentracións nas sete cidades do noso país. Informa, Lupe Ces. O Colectivo Memoria Histórica Democrática presenta o libro "Alejandro Viana, un galego ao fronte do rescate dos refuxiados republicanos", escrito por Roberto Meras Cobas. Será o vindeiro sábado 5 de abril, no Museo de Humor de Fene. Informa Fer Ocampo. A segunda novela de Miguel Castro Serantes, "La Cuadrilla de las Olas Rotas", está publicada por Fuco Buxán e será presentada o xoves 10 de abril as 7 do serán no CC de Canido en Ferrol. Informa pequenomonstro. As Comadres das Letras presentan o seu segundo libro "Cereixas Roubadas" nunha sesión vermú literaria con música en directo, este sábado 5 de abril, ás 13h, no Centro Cívico de Canido (Ferrol). Informan Flora Miranda e Ana Lucecú. Un clásico no informativo da Rádio FilispiM, as actividades do Centro Social Artábria para a semana. En detalle nolo conta Jorge Mirancos. A plataforma SOS Sanidade Pública, convoca a unha manifestación en Compostela o domingo 6 de abril. (redación) Marchamos a ritmo de jazz. Baldo Martínez Sextet, o novo proxecto do mítico contrabaixista ferrolán, aterrará no Teatro Jofre de Ferrol o venres 11 de abril. (pequenomonstro) Condución/edición: pequenomonstro. Redación: equipa informativos RFM.-
Mundo y sociedad 2 meses
0
0
7
50:36
Informativos RFM, 26/3/2025
Informativos RFM, 26/3/2025
Informativos locais de Rádio FilispiM. Sumario: Manifestación en contra da Mina de Touro - O Pino e Altri-Greenalia. Dialogo de Novas. O Consello da Xunta reuniuse en Ferrol. Lupe e Inácio. Medo, medo, vendennos medo. EduComochoconto. Presentacion Foro Cidadan polo tren. Ana Lucecú. Axenda Associaçom Cultural Artábria. Silvia Bogo. Manifestación SOS Sanidade Pública. Arquivo Filispiniano. A máquina do tempo recupera uns audios da manifestación contra Reganosa do 5 de xuño de 2009. André Pequeno Mostro. Canción de peche: Se te volvo a ver. Grande Amore e David Ruiz.
Mundo y sociedad 2 meses
0
0
11
31:31
Informativos da Rádio FilispiM, 20/03/2025
Informativos da Rádio FilispiM, 20/03/2025
Informativos semanais da Rádio FilispiM, 20/03/2025 Sumario: Edu Comochoconto da Radio Raposeira envíanos un audio intitulado “Cre o ladrom que todos som da sua condiçom”. A fanzine Gulpiyuri envíanos un audio coas actividades deste fin de semana. Eva Guerrero informanos das actividades deste fin de semana no Centro Social Artabria. Noticias dialogadas con Lupe e Inacio. O tema desta semana é a situaçom da celulosa Altri, uma verdadeira bomba contra o meio ambiente no coraçom da Galiza. Inácio Caranza envíanos o audio coa intervençom de Maribel e Ana Lucecú da plataforma BDS e a Rede em Solidariedade com Povo Palestino. Inácio Caranza envíanos outro audio coa intervençom do Encontro Galego contra a OTAN. Vicente Irisarri envíanos un audio promovendo o programa mais recente do “Faladoiro da Filispim”. Neste programa faise unha analise e debate sobre o estado da Ría de Ferrol. Ao noso correio chegou un chamamento á concentraçom polo servizo de axuda no fogar. A concentraçom está marcada para a quinta feira 27 de marzo as 12 horas diante do Concello de Narón. Correio enviado polo Colectivo de Persoas Xubiladas e Pensionistas da CIG. Da CIG cheganos tamém información sobre a Xornada de debate sobre o fundo de compensación para as vítimas do Amianto. Será a sexta feira 21 de marzo entre as 11 e as 14 horas no CC Carvalho Calero. Condución/edición: Jorge Mirancos Participa! [email protected] (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!
Mundo y sociedad 2 meses
0
0
8
33:37
Informativo semanal RFM 13/03/2025
Informativo semanal RFM 13/03/2025
Informativos da Rádio FilispiM 13/03/2025 Sumario: A editorial ferrolá (sen ánimo de lucro) ‘Libros del Océano’ ven de publicar o libro “Al borde de tu orilla” do fotógrafo Pablo Fernández. Informa Vicente Irisarri. A asociación para o apoio á lactancia BBTTA organiza actividades para este fin de marzo de 2025 no centro comunitario Manuela Pérez Sequeiros de Narón. O venres 21, entre as 5 e 7 do serán terá lugar un obradoiro titulado: "Ferramentas para unha experiencia positiva no parto". Ao día seguinte, sábado 22, entre as 11 e 01 do mediodía, terá lugar outro obradoiro: "Medicina Tradicional Chinesa no embarazo, parto e puerperio".Ambas actividades estarán conducidas pola Matrona Susana Iglesias, non teñen coste algún, mais precisan inscrición previa no email: [email protected] ou no teléfono: 680.11.38.45. Informa André Pequeno Monstro. NOTICIAS DIALOGADAS, con Lupe e Inacio: A contaminaçom por ferro em dous colegios públicos de Esteiro e a necessidade da gestiom pública do serviço de águas e que este sexa um serviço mancomunado dos concelhos de Ferrolterra, para garantir a calidade do o mesmo, assim como a sua sustentabilidade, fuxindo assim do negócio e o ánimo de lucro que implica a sua privatizaçom. "Eu aponto-me a guerra sob uma só condicom..." Comochoconto (Radio Raposeira). AXENDA: Mesa redonda “Ferrol e os seus lugares, o Monumento ó 10 de Marzo”, que terá lugar o xoves 13 de marzo, ás 19h, no Ateneo Ferrolán coa intervención de: Enrique Barrera, Maricarmen Tapia e Begoña Hermida. Organizada por Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática. Informa Fernando Ocampo. CONCENTRACIÓN ANTIOTAN. Que non nos arrastren á guerra. Movilización galega contra a lóxica belicista e o xenocidio en Palestina. Terá lugar o domingo 16 de marzo, ás 13h, na Praza Vella (diante do arsenal) en Ferrol. Informa Fernando Ramos. Jorge Mirancos, dende a Fundaçom Artábria, fai un repaso das atividades que se levarán a cabo nos vindeiros días no centro social: Apresentaçom do livro “Galizan Nation” (Uma distopia Kpop) de Isabel Rei Samartim, o vindeiro 14 de marzo ás 19.30h e apresentaçom do livro “Mulleres na Construción da Nación Galega” con Lucía Veciño e Margarida Corral, o 18 de marzo, ás 20h. Despedida co tema musical “Urrun” de Fermin Muguruza e recordatorio do seu concerto o día 15 de marzo, no Multiusos do Sar de Compostela. Con saúdo incluido do artista para Rádio Filispim. Condución/edición: Ana Lucecú. Participa! [email protected] (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!
Noticias y sucesos 2 meses
0
0
6
28:55
Informativo semanal Rádio FilispiM, 6/3/2025
Informativo semanal Rádio FilispiM, 6/3/2025
Boletín informativo semanal da FilispiM. Sumario, semana 6 de marzo de 2025. 8 de Marzo, Día da Muller e da Loita Feminista, nun 2025 no que a organización Marcha Mundial das Mulleres cumpre 25 anos, na Galiza e no mundo. Recuperamos do arquivo sonoro de Rádio FilispiM unha conversa con Noelia (MMM Ferrolterra) en outubro de 2008, co gallo do primeiro encontro na Europa, que se levou a cabo en Vigo. Entroido en Ferrolterra. Revolta en Trasancos! A nosa compañeira Lupe Ces estivo no festival de comparsas do pasado luns en Ferrol realizando unha sonora reportaxe. No C.S. Artábria actividades para esta fin de semana: - Sexta feira 7 de marzo. Exposición fotográfica “A Musica Galega ten nome de Muller” (Mario Martinho). - Sábado 8 de marzo. Manifestación ás 20:00 pm na Praza Amada García. Convoca: Marcha Mundial das Mulleres. Ás 22:00 pm, concerto. - Domigo 9 de marzo. Sesión Vermú co grupo folc Mediarea. Despois, foliada. Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán. Actos polo 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega: - Luns 10 de marzo, 19:00 pm, no Ateneo Ferrolán, recital poético “Poemas como disparos de luz contra o esquecemento”. - Xoves 13 de marzo, no CC Torrente Ballester. Mesa redonda: “Ferrol e os seus lugares de Memoria. O Monumento ao 10 de Marzo”. Atrasar a idade de xubilación, crime de Estado. Reflexión amplificada por Comochoconto (Rádio Raposeira). Concentración anti-OTAN. Domingo 16 de Marzo ás 13:00 pm, diante da porta do Arsenal (Ferrol). Fermín Muguruza celebra o 15 de marzo ás 21:00 pm, un akelarre antifeixista en Compostela (Multiusos do Sar). Escoitaremos unha mensaxe de Muguruza para as ouvintes da FilispiM. Despedimos co ambientazo do Entroido ferrolán e a comparsa “Revolta de Trasancos”. Redación Infomativos de Rádio Filispim Conduce: P.M.
Noticias y sucesos 3 meses
0
0
9
30:57
Informativo semanal Rádio FilispiM, 27/02/2025
Informativo semanal Rádio FilispiM, 27/02/2025
Sumario: A Avenida do Mar de Caranza (Ferrol) xa leva o nome de Rafael Pillado (Audio: Lupe / Loc. Antonio). Rolda de Prensa S.O.S. Sanidade Pública (Audio: Inácio Caranza / Loc. Antonio). *audio completo aquí Francisco Gil, portavoz comarcal de Queremos Galego no “Faladoiro de FilispiM” (Pequeno Monstro). Apresentaçom do livro “a-montanhas” de Sechu Sende e improvisaçom reguefeira. Associaçom Cultural Artábria (Silvia Bogo). Concentración Antifascista na Praza do Concello xoves 27 ás 19:00h. Convoca AVANTE LGBT+ Ferrolterra. Xornadas de portas abertas no Conservatorio profesional de música Xan Viaño de Ferrol (Ana Fabaloba). Buscam-se urgente novos inimigos de Ocidente!! (Edu Comochoconto). Diálogo de Novas, Vivir en soidade. (Inácio Caranza / Lupe). “O PATRONATO DE PROTECCIÓN Á MULLER (1941-1985)” Espazo de control e represión das mulleres. Asociación Cultural Fuco Buxán. Despedimos con música. Fermín Muguruza prepara un Akelarre Antifeixista para o vindeiro 15 de marzo en Compostela.
Noticias y sucesos 3 meses
0
0
7
28:34
Informativo, 20/02/2025
Informativo, 20/02/2025
Informativos da Rádio FilispiM 20/02/2025. - Sumario: Celia Fernández fai un chamamento á participación no ciclo de cultura democrática “Cóntamo ti” coa temática “Defende a galega” que se realizará o próximo venres 21 de febreiro ás 19:30 h. no Centro Cívico de Canido. Esta palestra contará coa presenza dos xornalistas Raquel Lema e Alfonso Hermida. A Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática informa do acto institucional de descubrimento da placa de denominación da Avenida do mar Rafael Pillado o próximo venres 21 de febreiro ás 17:30 h. Edu Comochoconto, da Radio Raposeira, envíanos un resumo da rolda de imprensa sobre o julgado das detidas no Burger King o 6 de outubro de 2024 en Compostela, durante a manifestación de apoio a Palestina. Noticias dialogadas con Lupe e Inacio: dialogan sobre a apresentaçom do livro “Memorial e monumento ás vítimas do franquismo en Ferrolterra, Eume e Ortegal”. Inácio Caranza envíanos o audio coa intervención de Pepe Cunha, o voceiro da plataforma “Queremos Galego” lido na ruada en Ferrol do pasado sábado 15 de febreiro. A plataforma “Queremos galego” de Narón convida á ruada pola lingua marcada para o sábado 22 de febreiro ás 17:30 h. na praza da Gándara en Narón. Axenda cultural: A Sociedade Cultural Medulio organiza un espectáculo musical baseado na obra de Rosalía de Castro o vindeiro 22 de febreiro ás 18:00 h. na capela do Torrente Ballester. Música a cargo de Emma López Laudenbach, Nélida Santiago Sánchez e Xoam Padím. Informa Xoam Padím. Joaquin Enriquez promove a terceira edición do certame “O Talentiño 2025”. Lupe Cés convídanos ao cozido caranceiro o domingo día 2 de marzo. André PequenoMonstro recomenda a festa de Entroido organizada polo Concello de San Sadurniño o venres 28 de febreiro. No Centro Social Artábria o día 21 de febreiro chega Peter Punk co espectáculo “Con lingua própia”; o día 22 a partir das 13 h. hai festa rachada na sesón vermute do colectivo Pogo de Senhoras. Nesta festa haberá caldo da Glória , a música estará a cargo de Atómica DJ e ainda se fará costumización de camisolas. O domingo 23 iremos todas á manifestación pelo galego en Santiago de Compostela. Informa Silvia Bogo. Condución/edición: Jorge Mirancos Participa! [email protected] (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!
Noticias y sucesos 3 meses
0
0
6
33:44
Informativo RFM, 13/02/2025
Informativo RFM, 13/02/2025
Informativos da Rádio FilispiM 13/02/2025 Sumario: - Fernando Ocampo informa sobre o 1º Consello da Asoc. C. Memoria Histórica Democrática (M.H.D.) en Narón. - A compositora Carme Rodríguez fala sobre o seu traballo na BSO da película “Prefiro Condenarme” de Margarita Ledo Andión. Por André Pequeno Monstro. - Audio da rolda de prensa do 12 de febreiro na Gentalha: "9 detencons 0 explicacons". Campaña polas absolucións des 9 detides, o 6 de outubro de 2024, en Compostela, durante a Manifestación en apoio a Palestina. Informa: Comochoconto. - “Comedia de Enredo no Cortelho de Menestras”, por Comochoconto. - Noticias Dialogadas, por Lupe e Inácio: Reganosa contamina con dióxido de nitróxeno. AXENDA - QUEREMOS GALEGO cara a Grande Manifestación do domingo 23 de febreiro en Compostela, baixo o lema: “Ante a emerxencia lingística: Lingua Vital Xa!” - Xornadas Agroforestais en Canido. Organiza: Opa Cabaré e Asoc, Veciñal de Canido. - Palestra “Mudar o rumo do galego. Reintegracionismo para a socialización do galego”, com Adela Figueiroa (AGLP) e Marinha Area (AGAL) o 14 de febreiro, ás 20h. Ademáis, concerto de Ruxe Ruxe presentando “Xabral” o 15 de febreiro, ás 22:00 h. no CS Artábria. Informa, Silvia Bogo. - Entroido 2025 na Agrupación Instrutiva de Caamouco (Ares). - Despedimos co novo single da ferrolá Lidia India: “Aire”. Informa André Pequeno Monstro. Condución/edición: Ana Lucecú Participa! [email protected] (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!
Noticias y sucesos 3 meses
0
0
9
38:16
Informativo da FilisipM, 6/2/2025
Informativo da FilisipM, 6/2/2025
Boletín informativo da FilispiM, 6/2/2025 SUMARIO: - Noticias Dialogadas. Lupe e Inacio fálannos da nova axuda fake da Xunta de Galiza, un capítulo máis do servizo de propaganda do Partido Popular. - Comunicado Galiza Anti-OTÁN. O noso compañeiro Comochoconto, da Radio Raposeira, fáise eco dunha convoatoria co gallo do famoso referendum da OTAN en 1996. Unha Xornada Galega contra a OTAN e pola paz mundial prevista para o 12 de marzo en toda Galiza. - Nace "O Faladoiro", un novo programa realizado polas persoas integrantes e colaboradoras do Colectivo Opaíí-Rádio FilispiM. O noso compañeiro Vicente cóntanos os detalles desta iniciativa, informativa, comunitaria e participativa. - Presentación do xogo "Feminismos no Tempo". Sexta feira 7 de febreiro as 7:30 pm no local da Asociación Artábria en Esteiro, nolo conta Xorxe Mirancos. - Ciclo de Cultura Democrática, "Cóntamo ti", organizado pola Asociación de Veciñanza de Canido e Colectivo Muiño do Vento. Venres 21 de febreiro ás 7:30 pm no CC de Canido. Abrirán esta nova edición xornalistas da CRTVG que sofren a intromisión política do seu traballo informativo. Nolo conta Celia Fernández. - A Escola Universitaria de Enxeñaría de Ferrol xunta o venres 7 de febreiro a máis de 20 firmas no seu I Encontro co Empresas. A xornada inclúe dúas mesas redondas: "Retos para as Enxeñarías 2030" e "Hai vida máis aló das grandes empresas". - O autor ferrolán Marcos Mella convídanos a acudir á presentación da reedición de 300 Meses. Hotel La Torre do Lago (Valdoviño), venres 7 de febreiro ás 7:00 pm. Haberá música e sinatura de exemplares do CD. - Despedimos con tralla. Ghorxa, unha banda ferrolá, entre a sicodélia, o grunge e outras herbas, que ven de lanzar un novo traballo resultado dunha sesión de directos. Ferror Records, que vén de cumprir 10 anos, publica o artefacto. Condución/edición: pequenomonstro.
Noticias y sucesos 4 meses
0
0
7
28:54
Informativo da FilispiM, 30/01/25
Informativo da FilispiM, 30/01/25
Informativos locais de RádioFilispiM do 30/01/2025 Sumario: Decreto Ómnibus AntiOkupa por Edu Comochoconto. Celia Fernández informanos sobre a nova edición do ciclo de cultura democratica Contamo Ti! Ana Lucecú lembranos a charla coloquio O Colapso 50 anos dos limites do decrecemento. Lupe e Inacio dialogan ao respecto da saída recente dos buques da armada dende Ferrol. Politicas de Paz ou Guerra? Concentración Por Salarios e pensións dignas este sábado 1 ás 12 no Cantón convoca Traballadorxs Pensionistas. Queremos Galego lanza unha nova manifestacion para o día 23 de Febreiro baixo o lema Lingua Vital Xa! Gala youtubeiras+ no Pazo da Cultura de Narón o Sabado 1. Sr Salvaje na Sala Room o venres 7 de Febreiro.
Noticias y sucesos 4 meses
0
0
12
19:33
Informativos da Rádio FilispiM 23/01/2025
Informativos da Rádio FilispiM 23/01/2025
Informativos da Rádio FilispiM 23/01/2025 Sumario: - A A.C. Memoria Histórica Democrática anuncia os atos a celebrar en Narón o día 27 de xaneiro (Día Mundial das víctimas do Holocausto). - A A.C. Memoria Histórica Democrática organiza un ato de lembranza e oferta floral a Amada Garcia, os seus sete compañeiros e a todas as víctimas da ditadura tamém no día 27 de xaneiro no Castelo de San Felipe. - André PequenoMonstro convídanos a participar no Obradoiro de Educación Sexual para Familias. Este obradoiro será impartido por Susana Iglesias (Matrona) no Polideportivo Municipal de Cedeira o sábado 25 de xaneiro. - “Maus tempos para a información libre”, con Edu Comochoconto da Radio Raposeira. - Ana Lucecú convídanos a participar na charla/coloquio co xeólogo e investigador Oscar Pazos no Ateneu Ferrolán o día 31 de xaneiro baixo o título “O colapso – 50 anos dos límites do crecemento”. Organiza a Rede Decrecemento Eo-Navia/Galiza/O Berzo. -A Asociación para a Custodia do Bosque Atlantico Bétula organiza un roteiro nas Fragas do Eume o sábado 25 de xaneiro. - Inácio Caranza envíanos o audio co comunicado lido na concentración en solidariedade co povo palestino no pasado luns 20 de xaneiro. - Inácio Caranza envíanos unha curta reportaxe gravada na concentración do pasado día 22 de xaneiro contra a convalidación do Decreto que regula a Xubilación Parcial.Un novo recorte no Sistema Público de Pensións. -Axenda: No Centro Social Artábria o día 23 de xaneiro temos unha nova sesión do clube de leitura co libro “Galaicofobia” de Alexandre Peres Vigo e o día 24 temos unha nova sesión do Obradoiro de construción de Xigantes e Cabezudos. -Axenda: Concerto da fadista portuguesa Lina no Auditorio Cine Alovi n' As Pontes o día 31 de xaneiro. -Axenda: A Agrupación Instrutiva de Caamouco (en Ares) organiza a festa de San Vicente, o patrón daquela parróquia, con rock, callos e propostas infantís. O sábado 25 celébrase o Callos&Rock coa banda Cranio e o domingo 26 terá lugar o baile infantil, con xogos e distintas actividades. Condución/edición: Jorge Mirancos Participa! [email protected] (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!
Noticias y sucesos 4 meses
0
0
23
35:04
Informativos, 16/01/2025
Informativos, 16/01/2025
Informativos de Rádio FilispiM, 16/01/2025 Sumario: - André pequenomonstro adianta a publicación dun novo poemario do ferrolán Paco Peste García "Introspecciones y viajes a mi oniria. El hombre de la pipa de cáñamo". Ademáis ,Paco Peste recíanos un desde novos poemas-bomba, acompañado da harmónica de Sony Boy Williamson. - Falemos de Lumes, con Edu Comochoconto. - Noticias Dialogadas, con Lupe e Inacio: Outra volta coa vivenda. A vivenda nom é um negócio, é um direito humano que cumpre umha funçom social. - Lupe Ces, dende Caranza, convídanos a participar no Plenario de Queremos Galego, baixo o título: “Mudemos de Rumbo. O galego ten futuro.” O 23 de xaneiro, ás 20h, no Antigo Hospicio de Ferrol. - A Fundaçom Artábria organiza a presentación do libro “A Culpa foi de Zënzar. 35 anos de rock en galego.” O sábado 18 de xaneiro, ás 20h, no CS Artábria. - Nova concentración en solidariedade co povo palestino: Luns 20 de xaneiro, ás 20h, diante do concello de Ferrol. Informa Lupe Ces. - Charla do médico palestino Mohamed Safa baixo o título “Ano e medio de Xenocidio na Palestina. 76 anos de colonización israelí”. Será o 23 de xaneiro ás 19h, no Ateneo Ferrolán. Organiza: Asociación cultural Fuco Buxán. Informa Pablo Melaski. - Despedimos coa peza musical “La Rossa Palestina” de Umberto Fiori. Condución/edición: Ana Lucecú. Participa! [email protected] (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!
Noticias y sucesos 4 meses
0
0
12
25:09
Informativos, 10/01/2025
Informativos, 10/01/2025
Informativos locais de Rádio FilispiM, 10-01-2025. Sumario: -Edu Comochoconto deixanos a peza Non a mina, Covas de Barroso -André falaranos do xogo interactivo e geocatching Ferrol a todo FilispiM creado por Paula Castro, Loli Pol e Mercedes Orbaneja. -En novas dialogadas Lupe e Inacio conversan sobre a puxa de 58 vivendas en Ares promovida pola Sareb -Nova concentracion por Palestina o dia 20 deste mes -Canción de peche, "Isto é Ferrol" - Calle Alcalá
Noticias y sucesos 5 meses
0
0
15
17:40
Informativos, 19/12/2024
Informativos, 19/12/2024
Informativo de Rádio FilispiM, 19/12/2024 Sumario: Crónica da Manifestación contra ALTRI, do pasado domingo 15 de decembro en Compostela. Máis de 100.000 persoas contra a contaminante macrocelusosa que a Xunta de Galicia quere instalar en Palas de Rei (Lugo), con toneladas de verquidos químicos no Río Ulla. Nolo conta unha testemuña da xornada reivindicativa, Antía Cortizas. Umha empresa de Elche, Greene, e a ferrolá Recinor constrúem umha planta de valorizaçom de resíduos industriais nom aproveitaveis en As Somozas. Dim que vam a tratar 40.000 toneladas deste resíduos. Falan verbo desta nova, Lupe e Inacio, na sección "Noticias Dialogadas". "Eu tivem um sonho", un alegato a favor da mobilidade humana asinado por Edu Comochoconto. María Teresa Bustamente Fernandez (Maite Bustamente), avogada especializada en estranxeria, e Presidenta da Asoc. de Emigrantes de Galicia, estivo esta pasada fin de semana no CC de Canido. Falou da nova normativa sobre migrantes que entrará en vigor en maio de 2025. Inacio Caranza estivo alí, e nolo conta. Chega o Apalpador! cargado de castañas ben quentiñas e moitos agasallos para a rapazada galega. Unha das súas trasnas falou para este informativo en exclusiva mundial. Trae unha máxica mensaxe para todas as nenas e nenos de Trasancos! Ademaís, lembraremos algunhas das visitas que o Apalpador fará na Comarca de Ferrolterra: - O sábado 21 de Nadal. Nadal na Lareira, no Local da Veiga de Naraío. A partir das 18:00 h. da tarde, obradoiro de panxoliñas e cantos de Nadal con Vai Rañala Meu. As 19:30 h. do serán, visita do Apalpador, con lambetadas para as crianzas. As 21:00 h., continúa a festa cunha grande foliada libre e petiscos de balde. Organiza Asociación O Castelo de Naraío de San Sadurniño. - Luns 23 de Nadal, segunda feira. O Apalpadore chega a Ferrole, cunha Ruada espectacular.Partirá de Batallóns, Esteiro, e continuará por Recimil, Porta Nova, Rúa Galiano, Praza do Concello, Rúa Dolores, Praza Amboaxe, Rúa Real, regresando á Praza de Armas. Organiza a Asociación Artábria coa colaboración do Concello de Ferrol. Despediremos con música. O noso compañeiro Joaquín Enríquez nos achegará unha cantiga de Nadal, con letra de Antón Cortizas, voz de Lucía Pérez e música do propio Joaquín. Condución/edición: pequenomonstro. [email protected] http://opaii.blogspot.com
Noticias y sucesos 5 meses
0
0
10
25:35
Más de Rádio FilispiM, 93.9 FM Ver más
FilispiM Vai...
FilispiM Vai... FilispiM Vai... é um programa colectivo de Rádio FilispiM que pretende sacar a rádio fora do estudo e levala a visitar lugares singulares da nossa comarca. Actualizado
Programa do Colectivo OPAII
Programa do Colectivo OPAII Este é o Programa do Colectivo OPAII, donde coentamos novas do colectivo e locais, galegas e internacionais, practicamos e realizamos todo tipo de audios. Actualizado
También te puede gustar Ver más
Galiza...algo máis
Galiza...algo máis Programa semanal en galego feito desde Catalunya. Presentado e dirixido por un grupo de galegocataláns con inquedanzas no ámbito da actualidade e da cultura. Actualizado
Radio Manoplas
Radio Manoplas Podcast, mellor falangullo, emitido desde Coia (Vigo). Intéresanos escoitar a persoas que teñen vidas inspiradoras. Media hora de programa para coñecer as súas historias contadas por elas mesmas. Podedes escoitar todos os podcast na web: http://alicerces.arkipelagos.net/radio-manoplas Actualizado
Radio LibreMente
Radio LibreMente Radio Libremente es la radio del centro penitenciario de Monterroso, una iniciativa enmarcada en el Plan de Animación Sociocultural de esta prisión, impulsada por Aliad Ultreia y los grupos de investigación social SEPA (Universidade de Santiago de Compostela) y ECIGAL (Universidad de A Coruña) Los programas están elaborados y locutados por un grupo de internos, formados previamente en radio. Todo ello posible gracias a la participación activa de la asociación Melisa, al frente del control técnico. (https://www.melisa.gal/) (https://www.aliad.org/) Durante este año 2022 arrancamos una nueva temporada, trasladando nuestra radio al módulo UTE (Unidad Terapéutica y Educativa) y es desde allí donde grabamos los nuevos programas que compartimos. Entrevistas y tertulias que realizamos con un grupo de doce personas privadas de libertad que nos hablan de sus intereses, preocupaciones y de su día a día. Una oportunidad de asomarse a los muros de la prisión y conocer que son más las cosas que nos acercan de las que nos alejan. Aprovechamos las potencialidades de hacer radio para aprender a respetar, dialogar y sobre todo, escuchar. Los programas que aquí exponemos es un resultado de todo ello. Que os guste! El equipo está compuesto por: Elaboración, locución y grabación: Internos módulo UTE Acompañamiento y producción de programas: Miguel Castro, María Barba y Paula Polo (asociación Aliad Ultreia) Edición: Miguel Castro Asesor en control técnico y emisión de programas: Jorge Lama (Asociación MeLisa) Proyecto financiado por Obra Social La Caixa y otras entidades Actualizado
Ir a Mundo y sociedad