iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis

Podcast
ESPERTA VALLADARES 4h4f10
Por Radio Valladares
1.365
251
ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo. q6s3u
ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.
Venres 13/06/2025
Episodio en ESPERTA VALLADARES
Chega a finde e traemos proposta de camiñata. Unha rutiña polas esculturas que hai no Cepudo e Monte Alba
01:59:11
Xoves 12/06/2025
Episodio en ESPERTA VALLADARES
No #EspertaValladares do xoves quedamos na casa. Ven ata a radio Fátima, a traballadora social para falarnos do programa Amparando Mulleres. Escoitamos ós pandas do EEI Monte Alba, que viñeron de visita ata a radio. E despois, marchamos de viaxe ata Islandia, onde coñeceremos ó escritor Elías Knörr.
01:59:57
Mércores 11/06/2025
Episodio en ESPERTA VALLADARES
Seguir activas, socializar… son os motivos que enchen as actividades de pilates ou ioga nos centros culturais… mellor que nolo conten elas. Ademáis falaremos coa xente de LáserOn, que veñen de conseguir financiación para sacar adiante un novo proxecto de reciclaxe de vidros con láser. E se cadra, un paseíño pola Porta do Sol.
02:02:36
Martes 10/06/2025
Episodio en ESPERTA VALLADARES
Un paseo pola historia… pola nosa. Coñeceremos con Aixa Costas o Vigo medieval, a súa historia, as súas personaxes… as que vivían no porto pero tamén os de Valladares!
02:02:21
Luns 9/06/2025
Episodio en ESPERTA VALLADARES
Un pouco de todo para o #EspertaValladares do luns. Conversa sobre o I Certamen Teatro Amador de Vigo. E viaxe ata a escola de Niegue, Senegal. Alí estivo o profesor do IES Valadares, Marcos Barreira no mes de febreiro. Imos ver que vínculo educativo se está a crear cos rapaces do IES. E na toponimia, imos ata 'a resteba', en Vincios.
02:00:14
Venres 6/06/2025
Episodio en ESPERTA VALLADARES
Ás veces a música nos chama… e cando é en Castrelos aínda máis, así que no #EspertaValladares deste venres escoitaredes como foi a nosa visita ao pazo co excusa de escoitar a Pelica de Can, que abre os seus concertos no ciclo Conexións da Fundación Mayeusis co Viravai que Leni recolleu en Valladares.
01:59:32
Xoves 5/06/2025
Episodio en ESPERTA VALLADARES
Coñecemos a proposta que nos fan dende Sete Falares, o encontro de narración oral que cita en Pontevedra a contacontos de aquí e acolá. Ademais, sabemos das excursións que organizan este verán dende o Centro Cultural.
01:59:01
Mércores 4/06/2025
Episodio en ESPERTA VALLADARES
O deporte deste mércores no #EspertaValladares ten fins solidarios. Un trail facendo o percorrido da N-120, ou mellor dito, cubrindo a distancia entre o Hospital de Ourense e o Álvaro Cunqueiro, aproveitando sendas históricas como o camiño da Raíña... E ademáis coñeceremos EMRA, o proxecto que estaba detrás da exposición Escoitar que poñía en valor o traballo das redeiras galegas.
01:50:40
Martes 3/06/2025
Episodio en ESPERTA VALLADARES
No #EspertaValladares deste martes daremos unha volta polo MARCO. Alí poderedes atopar ata finais desta semana a exposición polo 40 aniversario da Asociación Érguete.
01:59:49
Luns 2/06/2025
Episodio en ESPERTA VALLADARES
Comezamos cunha proposta para a fin de semana. Marchamos coñecer ouvellas galegas en “El paseo de la lana”, que se vai celebrar do 6 ó 8 de xuño en Sarreaus (Ourense). Ademais, escoitaremos ós Robots da EEI Monte Alba que viñeron facernos unha visitiña. E tamén algo de toponimia local, 'carrexón' na Garrida.
02:00:58
Venres 30/05/2025
Episodio en ESPERTA VALLADARES
Perro Futuro presenta mañá o seu novo disco en Vigo, e antes do concerto Suso Valcárcel o seu batería viu ata a radio a falarnos deste proxecto musical. E mais recordos de Castrelos, os primeiros concertos con Heredeiros.
01:59:45
Xoves 29/05/2025
Episodio en ESPERTA VALLADARES
Cantadelas de arredor… con este proxecto acudiu CéOrquesta Pantasma ao festival Raigame deste ano. Cargado cos instrumentos e as coplas que foi recollendo en Valladares, Freixo, Matamá… viu ata a recuncho da radio.
02:01:09
Mércores 28/05/2025
Episodio en ESPERTA VALLADARES
Mércores, deportes, desta vez o día que toca… o día que nós decidimos que toca. Conversa coa xente de clube Melgachos que organiza o 5 de xullo en praia América un torneo de rugbi-praia. E falamos con Úrsula Rial, que anda traballando na recuperación da Casa do Vilar no Courel.
01:58:22
Martes 27/05/2025
Episodio en ESPERTA VALLADARES
Para o programa deste martes… conversa con Denigrantes Comediantes, que nos conten a que andan. Ademais, se nos escoitades, xa sabedes que andabamos detrás de saber cara onde voan os paxariños que pasan sobre nós… falaremos coa xente do Grupo Ibérico de Anillamiento.
02:00:07
Luns 26/05/2025
Episodio en ESPERTA VALLADARES
Hoxe falamos con Miguel Balea, coordinador da oficina de voluntariado do Mundial Multideporte de Triatlón de Pontevedra. E tamén conversa con Fátima, a traballadora social do CVC de Valladares sobre as Instrucións previas sobre coidados e tratamento da saúde.
02:02:10
Venres 23/05/2025
Episodio en ESPERTA VALLADARES
Baixamos facer a compra a Vigo… unha compra peculiar, nun supermercado cheo de productos asiáticos, así que fomos acompañadas por Suevia Sobral, xefa do departamento de xaponés na Escola Oficial de Idiomas. E xa que é venres, lembranzas de Castrelos.
02:01:31
Xoves 22/05/2025
Episodio en ESPERTA VALLADARES
O uso das novas tecnoloxías para axudar a detectar o deterioro cognitivo… a partir desa premisa naceu o videoxogo ‘The Mind Guardian’, detrás do que anda atlanTTic e o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, é dicir, Carlos Spuch, con quen falamos para que nos explique todo ben.
02:01:03
Mércores 21/05/2025
Episodio en ESPERTA VALLADARES
Mergullarse, coa xente de Buceo Rías Baixas, pero tamén dende a superficie disfrutando dos deseños de ‘Las Joyas de la Raspa’, proposta deste Esperta Valladares
02:00:19
Martes 20/05/2025
Episodio en ESPERTA VALLADARES
A quen non lle gusta o chocolate? De cacao, da súa orixe, das fincas onde se produce, da súa elaboración… de todo e algo máis conversamos con Ruth Meller cando baixamos ao Berbés a coñecer Cumboto.
01:59:29
Luns 19/05/2025
Episodio en ESPERTA VALLADARES
Coas pandeiretas resoando na nosa mente, seguimos falando de música, decantareiras... E mais música, a das 'Cantigas de Santiago' de David Russell, a da previa de Balaídos de onte. E a dos maios, que o venres viñeron os rapaciños de preescolar Monte Alba e do centro de día da Garrida cos seus cestiños de flores. Ah! e algo de toponimia da zona, 'as chans', que en Valladares hai moitas.
02:01:10
Más de Radio Valladares Ver más
Ao carón da barxa Ao carón da barxa é un programa parladoiro sobre a evolución de Valladares na súa época contemporánea. Contada polas súas xentes, vecinos e veciñas protagonistas de tal evolución, como se estivesen en terra comunal, en terra de todos e en terra de cada un. Un programa para remexer na memoria histórica. Actualizado
Valladares a Debate Emitido ó longo do 2017 Nuria López conduce este debate e entrevistas onde se analizan diferentes problemas xerais centrándose en como lle afecta ós s individuais, ós veciños da parroquia. Actualizado
También te puede gustar Ver más
Diario Cultural | Mañá As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico. Actualizado
Julia en la Onda Última actualidad nacional e internacional: noticias de opinión, cultura, deportes, economía, política, sociedad, tecnología Actualizado
La Estación Azul 'La estación azul' es el programa de literatura decano de la radio española. Actualizado