Trending Misterio
iVoox
Descargar app Subir
iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis
Divertimento para Pequenos Monstros
Divertimento para Pequenos Monstros
E Podcast

Divertimento para Pequenos Monstros 5w65e

124
18

Divertimento para pequenos monstros©️ foi un programa de radio conducido e presentado por André Pequeno Monstro. As primeiras emisións datan de finais dos 80, continuando en Radio Fene e Radio Kaos (universitaria) nos 90 e, finalmente, nos 2000, en Rádio FilispiM, libre e comunitaria de Ferrol. Ademáis, foi redifundido por Radio Kalimera (Compostela) e Radio Piratona (Vigo), da rede de radios libres e comunitarias de Galiza, ReGARLIC. No transcorrer de 25 anos de existenza, deu voz a colectivos socio-culturais de Ferrolterra e país galego, e a unha chea de solistas e bandas musicais, abranguindo a contrainformación, contracultura e, mesmo, ficción sonora. Moitas das súas edicións contaron coa participación de Ana “Lucecú”. Neste sitio atoparás a memoria radiofónica daqueles anos, na voz das persoas e colectivos que a protagonizaron. Benvid@ *A nosa páxina oficial é: http://pequenosmonstros.blogspot.com 101f5p

Divertimento para pequenos monstros©️ foi un programa de radio conducido e presentado por André Pequeno Monstro. As primeiras emisións datan de finais dos 80, continuando en Radio Fene e Radio Kaos (universitaria) nos 90 e, finalmente, nos 2000, en Rádio FilispiM, libre e comunitaria de Ferrol. Ademáis, foi redifundido por Radio Kalimera (Compostela) e Radio Piratona (Vigo), da rede de radios libres e comunitarias de Galiza, ReGARLIC.

No transcorrer de 25 anos de existenza, deu voz a colectivos socio-culturais de Ferrolterra e país galego, e a unha chea de solistas e bandas musicais, abranguindo a contrainformación, contracultura e, mesmo, ficción sonora. Moitas das súas edicións contaron coa participación de Ana “Lucecú”.

Neste sitio atoparás a memoria radiofónica daqueles anos, na voz das persoas e colectivos que a protagonizaron.

Benvid@

*A nosa páxina oficial é: http://pequenosmonstros.blogspot.com

124
18
Texticulos By Me (Divertimento) Radio Fene_outubro 2000
Texticulos By Me (Divertimento) Radio Fene_outubro 2000
Un novo capítulo de Textícuos By Me en Radio Fene, que, como explicamos na entrada anterior, emitíuse co nome de Divertimento para pequenos monstros. Neste programa, recollida a "caseta de socorro", contiuamos adaptando textos propios para a radio, misturados con contidos sempre alternativos. Así, fixemos unha crónica do concerto de Enrique Morente e Lagartija Nick no Auditorio da FIMO-Ferrol, dentro do ciclo Raíces, comandado polo, daquela, concelleiro de cultura Bonifacio Borreiros (bipartito PSOE/BNG con Xaime Bello como alcalde). Borreiros faleceu no 2006 aos 51 anos, sendo o impulsor dunha renovada política culural no Concello de Ferrol, referencia de outros concelleiros na historia recente da cidade. Ademáis, entrevistamos a Pepe Díaz coordinador de Radio Kaos, desaparecida emisora con sede na Escola Politecnica Universitaria de Serantes (Ferrol) que, naquel outono de 2000, levaba sete anos emitindo. Como en tantas ocasións, acompaña a André pequenomonstro, Ana Lucecú, imprescindible na dramatización dos textos e creación de ambientes que requiría o programa, sendo Ana, naquel tempo, moi noviña. Escaleta: - Sintonía/indicativo: Isabelle Antena - Lady Jusqu´au bout. - Fondo: David Sylvian - Answered prayer. - Música: Billy Oskay & Micheal O Domhnaill - False spring (Nightnoise). - Crónica concerto Enrique Morente-Lagartija Nick. Ciclo Raíz, concello de Ferrol. - Música: Enrique Morente - Sacerdotes (Omega). - Entrevista a José Luís Díaz (Pepe), coordinador Radio Kaos, 96.3 FM. - Música: Psycodelic Furs - Here come cowboys - Indicativo: Isabelle Antena - Lady Jusqu´au bout - Texto: Novembro verbalizado, follemos. - Música: Telefilm - Catastrophe baby. - Texto: Luna caracola (fondo: son do mar). - Música: Tam Tam Go! - Rosas en el mar (versión, orix. Aute). Data emisión: venres, outubro/2000 Emisora: Radio Fene, 107.7 FM. Guión, textos: André pequenomonstro. Locución e indicativos: Ana Lucecú. + http://pequenosmonstros.blogspot.com
Mundo y sociedad 2 años
0
0
125
46:33
Texticulos By Me (Divertimento) Radio Fene, 29-09-00
Texticulos By Me (Divertimento) Radio Fene, 29-09-00
Se non lembro mal, o comezo da programación de Radio Kaos de Ferrol no curso 2000/2001 quedou suspendida por problemas técnicos no emisor. Daquela, propuxen a Ana Lucecú dar continuidade a Textícuos By Me en Radio Fene, emisora coa que viña colaborando desde mediados dos 80. Así, presentamos a proposta co mesmo formato, quen nola aprobou previo petición de cambio de nome do programa. Como a idea non era outra cousa que a versión "texto" de Divertimento para pequenos monstros, a cambiamos por este, e así foi finalmente aprobada. Neste episodio tentamos transmitir a nostalxia do final dun verán e chegada do outono... - Sintonia: Bernardo Bonezzi/St. Louis - Banderas. - Diálogo presentación, Ana/André (voz socorrista 3: Pablo Paulo). - The Salsoul Orchestra - Tangerine. - David Sylvian - September. - Textos: "Estou sentada na vía do tren da túa estación" / "Estou chegando a estación do teu tren". - The Stranglers - Ghost train. - Parálisis Permanente - Vamos a jugar - Texto: "As teclas do meu ordenador". - Krafwerk - Pocket calculator. - Homenaxe a Carmen Santonja (Vainica Doble). - Vainica Doble - Cero a la izquierda. - Texto: "Gostariate que latexara?" (André) - fondo: Iury Lech (?) - Música: Massive Attack - Karmacoma. - Texto: "Diálogo, Ana/André" - Traje de Saliva - Mar Chiquita. - Indicativo/sintonía final (mús. Isabelle Antena - Lady Jusqu ´au bout). Data emisión: venres 29/09/2000 Emisora: Radio Fene, 107.7 FM. Guión, textos: André pequenomonstro. Locución e indicativos: Ana Lucecú. Invitado: Pablo Paulo.
Mundo y sociedad 2 años
0
0
117
48:16
Texticulos By Me - Radio Kaos, Ferrol (xullo 2000)
Texticulos By Me - Radio Kaos, Ferrol (xullo 2000)
No verán del 2000 realizamos para Radio Kaos, mítica e desaparecida emisora universitaria do campus de Serantes-Ferrol, unha edición especial de Divertimento para pequenos monstros que titulamos Textículos by me, por aquelo dos textos. Nesta ocasión atopamos un programa realizado con poemas/narracións/bombas de Suso Suciedad (Manchita) e André Pequeno Monstro. Alguns dos "textículos" e músicas que sonaron (sinaladas cun "?") non logrei identificalas, son benvidas pistas en comentarios. Por orde de aparición: - Sintonia: Bernardo Bonezzi/St. Louis - Banderas. - Fad Gadget - Collapsing new people. - Texto: "A menudo el poema nace" (André) - fondo: Richard Souther - The long riders. - The Cure - Other voices. - Texto: "Desvanecimiento" (Suso) - fondo: Iury Lech (?) - Música: Die Form (?) - Texto: "Silencio en tu boca" (André) - fondo: David Lanz (?) - The Cure - Standing on a beach. - Texto: "No es malo el matar el amor de la amanita" (Suso) - fondo: Iury Lech (?) - Baby Horror - Sangre y alcohol. - Indicativo (mús: Isabelle Antena - Lady Jusqu ´au bout). - Ecodalia (?) - Texto: "No hace mucho tiempo que te estoy mirando..." (André) - fondo: Iury Lech (?) - Música: Roxy Music - More than this. - Texto: "Amor de luna" (Suso) - fondo: Iury Lech (?) - Estación Victoria - París. - Indicativo (mús: Isabelle Antena - Lady Jusqu ´au bout). - Texto: "Puñal y verso" (André) - fondo: David Arkenston - Under the canopy. - Roxy Music - The space between. - Texto: "Poema puñal" (Suso) - fondo: Iury Lech (?) - Fad Gadget - Collapsing new people. - Indicativo/sintonía final (mús. Isabelle Antena - Lady Jusqu ´au bout). Disfrutade dos poema-puñal. Data emisión: xullo/2000 Emisora: Radio Kaos (Serantes-Ferrol). http://pequenosmonstros.blogspot.com
Mundo y sociedad 2 años
0
0
131
54:34
Textítulos By Me - Radio Kaos, Ferrol (11/07/2000)
Textítulos By Me - Radio Kaos, Ferrol (11/07/2000)
No verán del 2000 realizamos para Radio Kaos, mítica e desaparecida emisora universitaria do campus de Serantes-Ferrol, unha edición especial de Divertimento para pequenos monstros que titulamos Textículos by me, por aquelo dos textos. A radio transformábase nun posto de socorro nunha praia imaxinaria, desde onde viamos atardecer... Ao final do programa comentamos unha envexable axenda de concertos e festis, daquel xullo del 2000. Na locución, mandos técnicos, guión e textos estaba André pequenomonstro. Na locución e axenda cultura, a imprescindible Ana Lucecú. Un programa rescatado dunha cinta casete e até hoxe inédito na rede. Haberá máis... Algunhas músicas que identificamos: - Bernardo Bonezzi & St. Louis (Banderas). - Salsoul Orchestra. - Tav Falco (Love´s last warning). - Chafino. - Frascis Lai (Bilitis). - Sweet Box (Everything´s gonna be alright). - Bartolomé Ferrando (Desde el principio). - Pink Floyd (Dark side of the moon) - Meteosat (Mis muñecas). - Julio Bustamente. - Steve Reich. (...) Disfrutade do "baño"... Data emisión 11/07/2000 Emisora: Radio Kaos (Serantes-Ferrol). Locución/guión/mandos técnicos: André pequenomonstro / Ana Lucecú.
Humor y entretenimiento 2 años
0
0
124
01:31:16
Divertimento - Colectivo CGTH, 10 anos + Danza, con Suso Perez Lago e Mar Sanchez
Divertimento - Colectivo CGTH, 10 anos + Danza, con Suso Perez Lago e Mar Sanchez
Edición do venres 9 de outubro de DIVERTIMENTO para pequenos monstros... Contidos: - O Colectivo ferrolán CGTH anda a cumprir 10 anos, e para cebralo programan unha festa para o vindeiro venres 16 de outubro na sala Super 8 de Ferrol, coas actuacións de Bala, Klute e Os Novos. Oscar e Olaia, integrantes de CGTH, estiveron no estudio... - O mundo da DANZA e da DANZATERAPIA en Ferrol. Coa presenza do bailarín Suso Pérez Lago e da danzaterapeuta Mar Sanchez Fraga?, que afondaron no mundo da danza e nos contaron as actividades para este novo curso e da áula de danzaterapia que impartirá Mar Sanchez a partir do xoves 15 de outubro. Recomendacións para a fin de semana... Difunden: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol) & Rádio Kalimera, 107.9 FM. Conducen: Ana Lucecú? e o Pequeno Monstro?. + info: http://pequenosmonstros.blogspot.com
Magazine y variedades 9 años
0
0
220
01:56:33
Divertimento (02/10/2015) - `Apaga la tele, enciende tu vida´ + presentación Ferror Records
Divertimento (02/10/2015) - `Apaga la tele, enciende tu vida´ + presentación Ferror Records
Divertimento para pequenos monstros, edición do vernes 2 de outono de 2015 na Rádio FilispiM, 93.9 FM Contidos: "Apaga la tele. Enciende tu vida", proposta interdisciplinar protagonizada por Rubén Artabe (músico e cantos), Luis Kaf (poeta) i Erika Road (performer). Os tres estiveron no estudio e contaron de que vai este proxecto que percorrerá a xeografía galega. Ese mesmo venres estiveron subvertindo o Ateneo Ferrolán. "Ferror Records", un selo de música e músicos locais, creado por Serxio Peck Retropower e Fernando Fernández Rego. Escoitaremos datos sobre este proxecto feito realidade e ouvimos (en exclusiva mundial) parte do primeiro cedé recompilatorio deste selo ferrolterráqueo, adiantándonos ao acontecido na presentación do selo, o sábado 3 de outubro de 2015 na Sala SUPER 8 Ferrol. Actualmente a escuderia de Ferror Records está formada por tres grupos de Ferrol: Alarido Mongólico, Espejos y Diamantes e Carrero Bianco. Recomendacións para esta finde... Apresentan e conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro Transmiten, radios libres: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol) & Radio Kalimera, 107.9 (Compostela). + info: http://pequenosmonstros.blogspot.com
Pop y Pop-Rock 9 años
0
0
168
01:17:58
Divertimento - Semente Trasancos + charla Jazz Ferrol (Asoc. Arteriola)_18 09 2015
Divertimento - Semente Trasancos + charla Jazz Ferrol (Asoc. Arteriola)_18 09 2015
Edición do venres 18 de setembro de 2015 de Divertimento para pequenos monstros. Neste programa: O proxecto educativo, Semente de Trasancos, para nen@s entre 2 e 6 anos, bota a andar na nosa comarca. Silvia Bogo, unha das súas impulsoras estivo no estudio... Dentro do "I Ciclo de Jazz", organizado pola asociación de hostelaría alternativa Arteriola, o pasado 11 de setembro tivo lugar no Guarisnais (R/ Taxonera) unha charla titulada "El Jazz en Ferrol", donde participaron, Antonio Peña, Baldo Martinez (ambos de Clunia Jazz) e Fernando Naveiras, quen fixo as veces de apresentador da charla... Divertimento estivo alí e rexistrou o son. Apresenta e conduce: Pequeno Monstro. Difunden: Rádio FilispiM (Ferrol) & Radio Kalimera (Compostela) + info: http://pequenosmonstros.blogspot.com
Política, economía y opinión 9 años
0
0
174
01:58:20
Divertimento - Especial a Radio na Escola (25/09/2015)
Divertimento - Especial a Radio na Escola (25/09/2015)
Edición do 25 de setembro de 2015 de "Divertimento para pequenos monstros", na Rádio FilispiM (Ferrol). Especial "a Radio na Escola", coa participación de persoas impulsoras de diversas iniciativas en Ferrol e comarca: Radio E.O.I. de Ferrol (Dpto. Portugués). Antia Cortiças. Radio C.E.I.P. Isaac Peral. (Ferrol) Gloria Martínez Quintián Radio I.E.S. Breamo (Pontedeume). Miguel R Carnota. Radio Escola Rural de Lago (Valdoviño). Sabela Díaz Regueiro. Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro
Política, economía y opinión 9 años
0
0
167
01:52:11
DIVERTIMENTO - Fernando Fdez Rego apresenta o libro: ANDRES DO BARRO, SAUDADE.
DIVERTIMENTO - Fernando Fdez Rego apresenta o libro: ANDRES DO BARRO, SAUDADE.
Edición Especial (40 min. aprox.) do venres 10 de xullo de 2015 de "DIVERTIMENTO para pequenos monstros" en Rádio Filispim - Colectivo Opaii!, - Conversa con Fernando Fernández Rego, autor do libro "ANDRES DO BARRO, SAUDADE. El músico que llevó el pop en gallego al número uno de ventas en España" (La Fonoteca, 2015), pouco antes da presentación do libro no bar Manchita Cosa de Ferrol. Apresentan e conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro. Emisión en: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol/Trasancos), Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela) & vía streaming en: http://opaii.blogspot.com Tlfno directo: 981.37.10.40 todos os programas en: http://pequenosmonstros.blogspot.com
Pop y Pop-Rock 9 años
0
0
130
38:56
DIVERTIMENTO (extra) - Maratón "A Filispina Tolea" (13/06/2015)
DIVERTIMENTO (extra) - Maratón "A Filispina Tolea" (13/06/2015)
O pasado sábado 13 de xuño de 2015, Ana Lucecú e o Pequeno Monstro, a equipa habitual de Divertimento para pequenos monstros, participamos na maratón "A Filispina Tolea!", xunto a outros espazos, dentro do programa de actos do 10º aniversario da libre e comunitaria que emite dende Ferrol, Rádio FilispiM. Durante algo máis de hora e media, falamos con algunhas das persoas que foron testemuñas dos alicerces "filispinianos", aquelos primeiros tempos donde lle demos forma a idea entre moita xente diversa chamada a activar a primeira radio libre e comunitaria de Ferrol e Trasancos. No estudio da Rádio FilispiM, estiveron, contando cada quen as súas lembranzas e valorando o estado actual do proxecto: Cholo Martínez, Paula Meizoso, Nes, Xabi, Iván, Suso Manchita, Narsés Mira, Ana Lucecú e o Pequeno Monstro. Coma convidado especial estivo Serxio dos Carrero Bianco, que tocaron aquela mesma noita no Pinsapo. Longa vida a Rádio FilispiM, compartindo dende o 2005.
Mundo y sociedad 9 años
0
0
133
01:25:31
Divertimento - Milómanos (Milo e Manu) + Planeta Furancho, campaña apoio (Bocixa e Leo)_05 06 2015
Divertimento - Milómanos (Milo e Manu) + Planeta Furancho, campaña apoio (Bocixa e Leo)_05 06 2015
Hoxe venres 5 de xuño na Rádio Filispim, 93.9 FM, entre as 18:00 e 20:00 horas, DIVERTIMENTO para pequenos monstros... CONTIDOS: - A partir das 18:00 h., no estudio da FilispiM, os integrantes da banda ferrolá MILÓMANOS, que co seu pop acústico aterrarán no estudio para conversar e "perpetrar" pezas ao vivo... - A partir das 19:00 h., especial PLANETA FURANCHO, con conexión con Leonardo Fernández Campos (O LEO ARREMECÁGHONA) e Xose Anton BOCIXA (ZENZAR), que nos falaran da campaña en apoio a continuidade de emisións na radio publica galega (Radio Galega Música) do programa que até o pasado venres 29 de maio conducía Vituco Neira. Sumarémonos a campaña difundindo este novo episodio de "auto-odio" (a cultura propia) nos medios públicos de Galicia. Apresentan e conducen: Ana Lucecú o Pequeno Monstro. Sintoniza en Trasancos no 93.9 FM e para todo o mundo (streaming) enhttp://opaii.blogspot.com Participa coa túa opinión en: 981 371040 (Tlfno directo). Rádio FilispiM,10 anos compartindo.
Mundo y sociedad 9 años
0
0
143
02:00:20
Divertimento - Bfoderadio + La Ciudad en B (Radio Betanzos)_22 05 2015
Divertimento - Bfoderadio + La Ciudad en B (Radio Betanzos)_22 05 2015
Edición de DIVERTIMENTO para pequenos monstros a Radio Filispim 93.9FM, do venres 22 de maio de 2015. Especial: "A radio local ferrolá Mola Mogollón (e a de Betanzos tamén)". Contidos: - Conversa con Roi Carballido, mantedor do bfo de Radio, e pequena analise da "marabillosa" radio local na nosa comarca. - Conversa cun dos integrantes do proxecto "La Cidad en B", proposta cidadá de programa de radio que o Concello de Betanzos non permite se leve a cabo, pese a ter coste cero e a que a emisora só emite os plenos do Concello, coma programación local. - Fixemos o gamberr@. Conducen e apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro. Participa: telefono directo, 981.371040 Sintoniza: Rádio Filispim, 93.9 FM Vía streaming: http://opaii.blogspot.com
Mundo y sociedad 9 años
0
0
154
01:49:04
Divertimento - Ferrol mola en Eleccións, con Xabi Porto, Elena, Meli Criado e Pedro Ferrandez_ 08/05/2015
Divertimento - Ferrol mola en Eleccións, con Xabi Porto, Elena, Meli Criado e Pedro Ferrandez_ 08/05/2015
Edición de DIVERTIMENTO para pequenos monstros do venres 8 de maio de 2015, na Rádio Filispim, 93.9 FM, libre e comunitaria dende Ferrol. Especial, "FERROL MOLA EN ELECCIÓNS". Coa presenza de: - MELI CRIADO. Comandanta en Xefe do blog: http://labocadelaria.blogspot.com - XABI PORTO. Comandante en Xefe de ningúen. Espazo Libertario (CNT-Unión Libertaria). - PEDRO FERRÁNDEZ. Comandante en Xefe do seu pensamento. Ideologo e pensador no Diario de Ferrol, no seu tempo en Rádio FilispiM, con "Aquiloquevibra". - ELENA. Comandate en xefa de Ningures. Integrante da Sociedade Galega de Historia Natural, cantante de Samba, boas vibracións. Falamos de Ferrol e de Ferror.
Política, economía y opinión 9 años
0
0
149
01:40:41
Divertimento - Especial TTIP (Acordo Trasatlantico Libre Comercio) 17-04-2015
Divertimento - Especial TTIP (Acordo Trasatlantico Libre Comercio) 17-04-2015
Edición do venres 17 de abril, na Rádio Filispim, 93.9 FM, de DIVERTIMENTO para pequenos monstros. - Na primeira hora falamos do ATENEO FERROLÁN, da solicitude de recoñecemento de responsabilidade patrimonial que veñen de presentar ao Concello de Ferrol, escoitamos íntegra a rolda de prensa que o presidente do Ateneo, Eliseo Fernández, e o avogado da entidade, José Manuel Aneiros, deron o pasado mércores no edificio do Ateneo Ferrolan. - Na segunda hora falamos do TTIP (Acordo Transatlántico de Libre Comercio), que negocian en secreto EE.UU., Canadá e a U.E. e que, de aplicarse tería consecuencias directas sobre os nosos dereitos e liberdades individuais e colectivas (saúde, educación, en materia de lexislación laboral, medioambiental...). Para elo contamos no estudio con tres integrantes da Plataforma de Ferrolterra contra o TTIP. El@s, ademáis, anunciaron a convocatoria, este sábado 18 de abril as 12:30 do mediodía na Praza do Concello (Ferrol) dunha convocatoria global en contra deste tratado. Apresentan e conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro. Difunden: Radio Filispim 93.9FM e A Kalimera Rádio Livre Participa en directo: 981.37.10.40
Política, economía y opinión 9 años
0
0
219
01:48:52
Divertimento - Post VII Conspirando - Ruben Artabe_ proxecto Cataratas_10 04 2015
Divertimento - Post VII Conspirando - Ruben Artabe_ proxecto Cataratas_10 04 2015
Edición do venres 10 de abril de 2015 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros en Rádio Filispim, 93.9 FM. Na primeira media hora visitounos RUBÉN Artabe, quen dentro do seu proxecto "CATARATAS" vén de gravar unha nova peza musical. Chámase "A los ojos de los demás" e nola interpretou en directo, ademáis dalgunha novedade en exclusiva mundial. De seguido, Especial POST-CONSPIRATORIO. Un respaso ao acontecido no "VII CONSPIRANDO por unha radio libre" o pasado 2 de abril, cun adianto da gravación dos tres concertos na Super 8. Escoitamos parte das actuacións de Saravá Criôlo (Indio e Lidia), SkyHooks (no seu debut) e CARRERO BIANCO, todos ao vivo no VII Conspirando. No estudio Ana Lucecú ao fronte da organización do Conspirando, Fran Perez (Sonido Emergente) e o Pequeno Monstro, comentaron os recortes sonoros do Conspirando que fomos seleccionando. Apresentan e conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro. Difunden: Radio Filispim 93.9FM e A Kalimera Rádio Livre
Mundo y sociedad 9 años
0
0
146
01:59:13
Divertimento - 10 Aniversario Radio FilispiM, pequena historia_ 26-03-2015
Divertimento - 10 Aniversario Radio FilispiM, pequena historia_ 26-03-2015
DIVERTIMENTO para pequenos monstros do venres 27 de marzo de 2015, na Rádio Filispim, 93.9 FM, libre e comunitaria de Ferrol. ESPECIAL 10 ANOS DA RÁDIO FILISPIM e 12 DO COLECTIVO OPAÍÍ!! Lembramos os momentos máis sinalados do Colectivo Opaii!, dende os seus alicerces, en outuno de 2003. As primeiras festas e actividades para recadar fondos. A activación da primeira radio libre da comarca en agosto de 2005. As seis anteriores edicións do festival "Conspirando por unha radio libre", até chegar ao ano 2015, no que Rádio FilispiM cumpre 10 anos de emisións e celebra a VII edición do CONSPIRANDO. No estudio acompañaranos Juanillo (Trash Rock) e Cholo. Na última hora teremos comunicación coas persoas do Colectivo Opaii!!, grupos, animais e cousas, que darán vida a VII EDICIÓN DO CONSPIRANDO POR UNHA RADIO LIBRE, en conmemoración do 10º aniversario da FilispiM e para o autofinanciamento da radio, que se celebrará este xoves “santo” 2 de abril, a partir das 22:00 h. na sala Super 8 de Ferrol, coas actuacións de Saravá Criolo (música brasileira), Carrero Bianco (synth pop) & Skyhooks (bastket roll) Apresentan: Ana Lucecú e Pequeño Monstro. Convidado especial: Juanilo “Trashrock”. Sintoniza! Rádio FilispiM, 93.9 FM. Escoita dende o máis aló (streaming): http://opaii.blogspot.com Todos os Divertimentos en: http://pequenosmonstros.blogspot.com
Mundo y sociedad 9 años
0
0
150
01:53:25
Divertimento - Especial Marchas Dignidade_21M_20-03-2015
Divertimento - Especial Marchas Dignidade_21M_20-03-2015
Venres 20 de marzo de 2015, DIVERTIMENTO para pequenos monstros, Especial MARCHAS DA DIGNIDADE, 21-M. Horas antes de que as columnas de Ferrolterra partisen para sumarse ao resto de columnas galegas na mobilización do sábado en Madrid, conversaremos na Rádio Filispim, 93.9 FM, con algunha das persoas que a integran na nosa comarca. Non o perdas. Apresentan e conducen: Ana Lucecú e Pequeno Monstro. + info: http://pequenosmonstros.blogspot.com
Política, economía y opinión 9 años
0
0
149
01:10:02
Divertimento - Igualdade e Empoderamento (Libraría Lila de Llilith, Revista Revirada, Fiadeiras)_charla Ateno_11_03_15
Divertimento - Igualdade e Empoderamento (Libraría Lila de Llilith, Revista Revirada, Fiadeiras)_charla Ateno_11_03_15
Edición de DIVERTIMENTO para pequeno monstros, do venres 13 de marzo de 2015, na Rádio Filispim, 93.9 FM, libre de Ferrol. Programa especial dende o Ateneo Ferrolan. Emisión en diferido do acto celebrado o 11 de marzo de 2015, baixo o título "Igualdade e Empoderamento. Accións e propostas". Unha interesante mesa redonda donde se expuxeron tres proxectos feministas do noso país: - Libraría de Mulleres Lila de Lilith, ao través de Llerena Perozo. - Revirada revista feminista, ao través de Giada Mª Barcellona. - As Fiadeiras, ao través de Noelia Darriba. A mesa estivo apresentada por Paula Meizoso. Apresentación do programa e toma de sonido: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro. Emisión: Rádio FilispiM de Ferrol & Rádio Kalimera de Compostela. + info: http://pequenosmonstros.blogspot.com
Mundo y sociedad 9 años
0
0
141
01:18:36
Divertimento - Especial Ruben Artabe, proxecto "Cataratas" + Concerto Ateneo "Canciones de Pan"
Divertimento - Especial Ruben Artabe, proxecto "Cataratas" + Concerto Ateneo "Canciones de Pan"
Venres 27 de febreiro entre as 18:00 e 20:00 h, aconteceu unha nova edición de DIVERTIMENTO PARA PEQUENOS MONSTROS,, o programa máis surreal da Rádio Filispim, 93.9 FM. Especial CATARATAS de Rubén Artabe. Entrevista ao autor ferrolán, quen nos apresentou o seu novo proxecto: CATARATAS, coa interpretación dalgunha das novas pezas en directo no estudio. Conversamos longo e tendido ... do presente, pasado e futuro rubeniano, do Woodstock galego que se celebra en Teo e da gravidade de Río Records no Inferno. áis, Rubén, oubeou durante o programa varias veces e finalmente acordamos abrir un evento no face: unha quedada na traseira do Mercado de Caranza para chapotear nos charcos e enfangarnos completamente espid@s, nun Woodstock caranzeiro, algo grave. Como a situación era realmente insostíbel, decidimos marcharnos na metade do programa, polo que na última hora do programa, quedamos coa gravación íntegra, en exclusiva mundial, do concerto que RUBÉN ARTABE, acompañado de Andrea Gómez Navarrete (acordeón e bombo legüero) e Soraya García (frauta e piano), deu no Ateneo Ferrolan o pasado 28 de xuño de 2014, na apresentación do seu primeiro álbum, Canciones de Pan. Conduciron e apresentaron completamente afectados: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro. Grazas a Rubén Artabe polo seu sentido do humor, neste programa certamente surrealista. Emisión: Radio Filispim 93.9FM & Rádio Kalimera, 107.9FM Vía streaming, para toda a galaxia, en: http://opaii.blogspot.com
Pop y Pop-Rock 9 años
0
0
154
01:56:07
Divertimento - Pablo Portero (AMAR1) - Roger de Flor (Ferrol Vello)_ 13/02/2015
Divertimento - Pablo Portero (AMAR1) - Roger de Flor (Ferrol Vello)_ 13/02/2015
Divertimento para pequenos monstros. Edición do venres 13 de febreiro de 2105, na Rádio Filispim Colectivo Opaii!, 93.9 FM, o programa máis subterráneo da Rádio FilispiM, libre e comunitaria de Ferrol. CONTIDOS: - PABLO PORTERO apresenta AMAR1, a primeira das 17 pezas do seu novo proxecto audiovisual. Ademáis falaranos doutros novos proxectos e da súa relación co mundo da música e, especialmente, co dúo KOZMIC BLUES, que estiveron no estudio e nos interpretaron varias pezas en rigoroso directo. - ROGER DE FLOR apresenta o súa nova peza e videoclip, "Ferrol Vello". Ademáis falounos da súa recente viaxe pola Europa e interpretounos en exclusiva mundial, algunha das novas pezas que vén de compoñer inspiradas nos versos de William Blake. - AXENDA DIVERTIMENTO. O vagalume da noite ferrolá, Ana Lucecú, selecciona as citas que non debes perder nos vindeiros días. Apresentan e conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro. Sintoniza: Rádio FilispiM, 93.9 FM, na Terra de Trasancos, ou vía streaming para toda a galaxia en: http://opaii.blogspot.com
Pop y Pop-Rock 9 años
0
0
149
01:57:50
Más de André C. Pastor Ver más
Diálogos 3 (Radio 3-RNE)
Diálogos 3 (Radio 3-RNE) Recuperación de programas históricos del mítico Diálogos 3 [Radio 3-RNE] presentado y dirigido por Ramón Trecet. Algunas de las ediciones están presentadas por Lara López, en su momento co-presentadora del espacio, junto a Trecet. Las grabaciones originales proceden de cintas de casetes, que por entonces registraba y que hoy digitalizo y subo a este sitio y a mi blog para el disfrute de todas y todos, dado que, parece, ni siquiera están disponibles en el archivo sonoro de RNE. Algunas de los audios no son propiamente de Diálogos 3, pero por su temática decidí subirlas a este canal [conciertos emitidos en Radio 3 de las llamadas "Nuevas Músicas"]. Libre difusión con indicación de la fuente. Fuente: Pequeno Monstro [Rádio FilispiM, 93.9 FM, libre e comunitaria, Ferrol] + programas en: http://offmental.blogspot.com.es (etiqueta: DIÁLOGOS 3-RNE) Actualizado
80 Vinilos/h (1º época)
80 Vinilos/h (1º época) The most recent additions to the Internet Archive collections. This RSS feed is generated dynamically Actualizado
80 Vinilos/h (2ª época)
80 Vinilos/h (2ª época) 80 Vinilos/h©️ é un programa de radio especializado na música independente producida nos 80´s no Estado español, con especial interés naqueles grupos e solistas menos coñecidos polo grande público. Conduce e apresenta: André C. Pastor (Pequeno Monstro). Transmiten / difunden: Rádio Piratona, 106.1 FM (Vigo-GZ) e PodGalego. Para sumarse á emisión escribe a: [email protected] http://80vinilos.blogspot.com Actualizado
También te puede gustar Ver más
Informativos Rádio FilispiM, 93.9FM
Informativos Rádio FilispiM, 93.9FM Novas producidas polo grupo de traballo de informativos de Rádio FilispiM, emisora libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol no 93.9 FM e vía streaming en http://opaii.blogspot.com Actualizado
RUMBOIA RadioFusión
RUMBOIA RadioFusión Presentacion de grupos folk, feito pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s para Radiofusión Actualizado
Debates en Para Todos la 2
Debates en Para Todos la 2 Sección de debate en este programa magazine de La2 Actualizado
Ir a Mundo y sociedad