Trending Misterio
iVoox
Descargar app Subir
iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis
Día a Día
Día a Día
Podcast

Día a Día 6v5d20

5.379
1.16k

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,... 47592s

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

5.379
1.16k
Ent. Alfonso Ferreira, de Iacobus | Camiño coreano "Jeju Olle"
Ent. Alfonso Ferreira, de Iacobus | Camiño coreano "Jeju Olle"
Episodio en Día a Día
O tudense Alfonso Ferreira, namorado e experto no Camiño de Santiago, acaba de chegar de Corea do Sul. Alí percorreu máis da metade dun trazado que copia o modelo do camiño a Compostela nunha illa: Jeju. Tras realizar cada ano camiños diferentes por Europa agora aventurouse a camiñar en Asia. Este camiño “Jeju Olle” está irmandado co Camiño de Santiago e, a diferencia do noso, non ten ningunha connotación relixiosa. Hoxe coñecemos as súas características con Alfonso Ferreira.
Magazine y variedades 1 semana
0
0
18
12:47
Ent. Chisco Casteleiro, director e actor | Galitoon con "Descontacontos"
Ent. Chisco Casteleiro, director e actor | Galitoon con "Descontacontos"
Episodio en Día a Día
“Descontacontos” é o título do espectáculo que Galitoon presentará mañá martes ás 17.30 h na Biblioteca Municipal dentro da programación de Tui en Letras. A obra está dirixida para nenos e nenas de 3 a 9 anos. O protagonista é un avó que comeza a contar contos pero ou non se lembra do final ou se esquece do argumento. Chisco Casteleiro é director e actor neste espectáculo.
Magazine y variedades 1 semana
0
0
11
04:36
Ent. Fernando Pérez-Lozao, director do IES Indalecio Pérez Tizón e Vanesa Lozano, coordinadora da formación | Curso AFD
Ent. Fernando Pérez-Lozao, director do IES Indalecio Pérez Tizón e Vanesa Lozano, coordinadora da formación | Curso AFD
Episodio en Día a Día
Este xoves, 29 de maio, terá lugar a selección do alumnado do urso AFD, Acción Formativa para Desempregados, de Actividades Auxiliares de Comercio, que vai impartir dende o 9 de xuño o IES Indalecio Pérez Tizón. As persoas interesadas en realizar esta acción formativa deben figurar coma demandantes de emprego na Oficina de Emprego de Tui. Coñecemos todos os detalles desta acción formativa con Fernando Pérez, director do IES Indalecio Pérez Tizón e Vanesa Lozano, coordinadora da formación.
Magazine y variedades 1 semana
0
0
18
07:31
Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui |"Morte entre as flores"
Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui |"Morte entre as flores"
Episodio en Día a Día
Nova cita co cinema mañá martes no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela co Cineclub Tui. Nesta ocasión será unha película de gánsters “Morte entre as flores”, dos irmáns Cohen. Haberá dúas sesións ás 18.30 h e ás 20.45 h. Así nolo contou Noemí Guisande, do Cineclub Tui, quen avanzou que este mércores celebrarán unha asemblea de socios para abordar a programación de verán.
Magazine y variedades 1 semana
0
0
16
03:45
Ent. Isaac González, Pedro Suárez e Hugo Carnero | Curtametraxe "Somos Nómadas"
Ent. Isaac González, Pedro Suárez e Hugo Carnero | Curtametraxe "Somos Nómadas"
Episodio en Día a Día
Isaac González decidiu crear unha curtametraxe como traballo para o seu TFG de Comunicación Audiovisual. Así foi como naceu o proxecto "Somos Nómadas", unha peza audiovisual na que participan 40 persoas. Conversamos con tres dos integrantes desta creación, os tudenses Isaac González e Hugo Carnero, e o tomiñés Pedro Suárez.
Magazine y variedades 1 semana
0
0
50
09:19
Ent. Paula López, de Equigalia| Concurso de Salto Territorial
Ent. Paula López, de Equigalia| Concurso de Salto Territorial
Episodio en Día a Día
Este domingo, a partir das 10.30 h, celébrase no club hípico Equigalia Concurso de Salto Territorial, no que haberá 70 participantes. Paula López de Equigalia explicaba o programa previsto no que tamén haberá outras actividades.
Magazine y variedades 1 semana
0
0
17
05:18
Ent. Rui Esteves, organizador do Música no Quinteiro ao Pór do Sol | Música no Quinteiro ao Pór do Sol en Verdoejo
Ent. Rui Esteves, organizador do Música no Quinteiro ao Pór do Sol | Música no Quinteiro ao Pór do Sol en Verdoejo
Episodio en Día a Día
A freguesía de Verdoejo, en Valença, acolle mañá sábado, ás 21.30 h ES a segunda edición de “Música no Quinteiro ao Pór do Sol”. O cartel desta edición esta formado por Phantom Club e Dan Riverman, artista de Santo Tirso. Rui Esteves, organizador do evento explicaba como se vai desenvolver esta cita musical.
Magazine y variedades 1 semana
0
0
23
05:04
Ent. Esteban González, presidente da Comisión de Festas Virxe Peregrina de Estás | Festa de Empanada
Ent. Esteban González, presidente da Comisión de Festas Virxe Peregrina de Estás | Festa de Empanada
Episodio en Día a Día
Esta fin de semana a Festa da Empanada celebra a súa XXV Edición en Estás, en Tomiño. Ent. Esteban González, presidente da Comisión de Festas Virxe Peregrina de Estás, daba conta da programación prevista para o domingo, qeu comezará as 11.30 horas coa Festa da Bicicleta.
Magazine y variedades 1 semana
0
0
13
03:22
Ent. David Domínguez, presidente do Tyde | Recepción do equipo no Concello
Ent. David Domínguez, presidente do Tyde | Recepción do equipo no Concello
Episodio en Día a Día
Esta tarde o Tyde será recibido no Concello de Tui tras acadar o ascenso á Preferente Galicia. A cita comezará ás 19.30 horas coa chegada do equipo á Praza de San Fernando e media hora despois serán recibidos polo alcalde, Enrique Cabaleiro, e outros membros da corporación. David Domínguez, presidente do Tyde, daba conta dos detalles desta xornada de celebración que continuará, coa afección, nas inmediacións do Naútico de San Telmo.
Magazine y variedades 1 semana
0
0
23
06:32
Ent. Ana Vila, psicóloga sanitaria de Anarela | "A xente boa non se enterra, seméntase"
Ent. Ana Vila, psicóloga sanitaria de Anarela | "A xente boa non se enterra, seméntase"
Episodio en Día a Día
Integrar a perda dunha persoa na nosa vida de xeito saudable e conseguir lembrala dende o amor, e non dende a dor. Sobre o proceso de adaptación que supón o dó conversamos hoxe con Ana Vila, psicóloga sanitaria de Anarela. Con ela profundamos en como facilitar o proceso de dó, nas fases e síntomas, e damos recomendacións para acompañar a alguén que estea sufríndoo.
Magazine y variedades 1 semana
1
0
55
23:53
Ent. Carlos Estévez, tesoureiro da RFGM | Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica.
Ent. Carlos Estévez, tesoureiro da RFGM | Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica.
Episodio en Día a Día
A motonáutica volve ser protagonista deportiva da fin de semana en Tui. Este sábado, a partir das 10.30 h, dispútase no río Miño, fronte á rúa Olímpicos Tudenses, a terceira proba do Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica. Agardan a participación dunha ducia de equipos coma explicaba Carlos Estévez, tesoureiro da Real Federación Galega de Motonáutica.
Magazine y variedades 1 semana
0
0
29
02:55
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño | XX Feira de Cultivos do Baixo Miño
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño | XX Feira de Cultivos do Baixo Miño
Episodio en Día a Día
Esta fin de semana celébrase na praza Pintor Antonio Fernández de Goián a XX Feira de Cultivos do Baixo Miño, que hai unhas semanas tivo que ser aprazado por motivos meteorolóxicos. Un evento que presenta varias novidades e no que haberá obradoiros, música e actividades para os máis pequenos. Sandra González, alcaldesa de Tomiño, repasou hoxe a ampla programación para esta fin de semana.
Magazine y variedades 1 semana
0
0
36
11:07
Ent. Ana Carrera, fundadora de Calzado Barefoot |Tenda de calzado Barefoot en Tui
Ent. Ana Carrera, fundadora de Calzado Barefoot |Tenda de calzado Barefoot en Tui
Episodio en Día a Día
Calzado Barefoot é unha tenda en liña que naceu hai catro anos en Tui. Venden calzado respectuoso tanto infantil coma de adultos, a toda España, a outros países de Europa, e tamén a EEUU, Arxentina e México. Así nolo contou a fundadora Ana Carrera, que xunto ao seu marido, puxo en marcha esta empresa. Explicou coma xurdiu Calzado Barefoot, os beneficios deste calzado, e a súa actividade comercial.
Magazine y variedades 1 semana
0
0
43
07:46
Ent. Xosé Ramón "Quico" Paz Antón, escritor | Presentación libro “Sobredo 1922”
Ent. Xosé Ramón "Quico" Paz Antón, escritor | Presentación libro “Sobredo 1922”
Episodio en Día a Día
“Sobredo 1922” é o título do libro escrito por Xosé Ramón Paz Antón e editado polo Concello de Salceda que se presentará este venres, día 23, ás 20 h na Biblioteca Municipal de Tui. No acto participarán o propio autor; o historiador e profesor, Bieito Alonso, que elaborou o prólogo desta obra; e o concelleiro de Cultura de Salceda, Alex Rodríguez Canosa, como promotor desta publicación.
Magazine y variedades 1 semana
0
0
25
08:48
Ent. Manolo Fernández e Isabel Moreira | Reunión plataforma cidadá de afectados polo SU 11 do PXOU en Pazos de Reis
Ent. Manolo Fernández e Isabel Moreira | Reunión plataforma cidadá de afectados polo SU 11 do PXOU en Pazos de Reis
Episodio en Día a Día
Mañá xoves, ás 21 h, no salón de actos do Casa Cultural do Anxo, en Pazos de Reis, terá lugar a segunda reunión co obxectivo de constituír unha Plataforma cidadá de persoas afectadas polo PXOU no ámbito do SU 11 de Tui, en Pazos de Reis. Manolo Fernández e Isabel Moreira, fixeron balance do encontro da pasada semana e avanzaron os obxectivos da reunión de mañá xoves.
Magazine y variedades 1 semana
0
0
24
08:38
Ent. Cristian Lago, guía intérprete do patrimonio | I Andaina Santiago Apostol de Malvas
Ent. Cristian Lago, guía intérprete do patrimonio | I Andaina Santiago Apostol de Malvas
Episodio en Día a Día
Até este venres está aberto o prazo de inscrición para a I Andaina Santiago Apostol de Malvas que organiza a Comisión de Festas da parroquia e que conducirá Cristian Lago, guía intérprete do patrimonio. Sairá este sábado, 24 de maio, ás 18 h dende o torreiro da festa de Malvas. Será un percorrido de algo máis de 3 quilómetros, no que se visitará a igrexa parroquial, fontes, pontes, represas de regadío… tal e coma hoxe explicaba Cristian Lago. A inscrición pode facerse chamando ao 620 128 246. Ten un prezo de 6€ e inclúe auga e un bocadillo de tortilla.
Magazine y variedades 1 semana
0
0
24
06:31
Ent. Elisa Alfaya e Ian Hamilton de 2 Minds Combined | Espectáculo “Historias fabulosas coa maxia”
Ent. Elisa Alfaya e Ian Hamilton de 2 Minds Combined | Espectáculo “Historias fabulosas coa maxia”
Episodio en Día a Día
Elisa Alfaya e Ian Hamilton estarán hoxe ás 17.30 h na Sala de Exposicións Municipal para por en escena o espectáculo "Historias fabulosas coa maxia” dentro da programación Tui en Letras. Será un espectáculo cheo de historias, maxia, sombras chinescas e interacción co público, tal e coma hoxe nos contaron.
Magazine y variedades 2 semanas
0
0
20
06:37
Ent. Esteban González e Santiago Gómez | XXV Festa da Empanada de Estás
Ent. Esteban González e Santiago Gómez | XXV Festa da Empanada de Estás
Episodio en Día a Día
A Festa da Empanada de Estás cumpre este domingo 25 anos. Con este aniversario a deste 2025 será unha edición especial na que se poderán degustar até 9 variedades de empanada, celebrarán o I Concurso de Empanada, e non faltará a festa da bicicleta e a música. Contan coa colaboración do Centro Social de Estás. Hoxe falamos da festa e da súa historia con Esteban González, actual presidente da Comisión de Festas da Virxe Peregrina, e con Santiago Gómez, que formou parte das primeiras comisións organizadoras da festa.
Magazine y variedades 2 semanas
0
0
37
09:18
Ent. Pepe Míguez, presidente de ACITUI | Sorteo Día da Nai
Ent. Pepe Míguez, presidente de ACITUI | Sorteo Día da Nai
Episodio en Día a Día
Un total de 39 establecementos comerciais participaron na Campaña promocional co gallo do Día da Nai de ACITUI. Nestes comercios entregaron 997 papeletas para entrar no sorteo de dous vales de compra de 30 €. Pepe Míguez, presidente de ACITUI, amosou a súa satisfacción pola participación na campaña e polo nivel de compras rexistrado. Hoxe na nosa sintonía realizou o sorteo da campaña. Dende ACITUI poranse en o coas dúas persoas agraciadas que realizaron as súas compras en El Armario Curvy e en Polisport.
Magazine y variedades 2 semanas
0
0
9
03:47
Ent. Paula Souto, de Xorxios | Empresa da Guarda de café verde de especialidade
Ent. Paula Souto, de Xorxios | Empresa da Guarda de café verde de especialidade
Episodio en Día a Día
26 anos comercializando e importando café verde de especialidade dende o Baixo Miño. Esta é a traxectoria de Xorxios, empresa guardesa que está entre as dez seleccionadas para internacionalizar os seus produtos e servizos a través do programa “Galicia avanza”, da Xunta e Tecnópole. Hoxe conversamos con Paula Souto, de Xorxios, sobre a traxectoria da empresa.
Magazine y variedades 2 semanas
0
0
41
08:42
Más de Radio Municipal de Tui Ver más
Informativos
Informativos Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h. Actualizado
Sección Aula UNED de Tui
Sección Aula UNED de Tui A oferta formativa da Aula da UNED de Tui coñecémola semanalmente no programa Día a Día Actualizado
O Futuro é Hoxe, con Modepen
O Futuro é Hoxe, con Modepen O Movemento Galego en defensa das pensións e dos servizos públicos, MODEPEN, conta cun programa na Radio Municipal de Tui: O Futuro é Hoxe. Actualizado
También te puede gustar Ver más
Read Me Romance
Read Me Romance HEA on the go! Original, never-before-heard romance audiobooks from your favorite authors, narrated by professionals and presented for your listening pleasure every, single week! We’ll begin a new, original audiobook every Monday, releasing one section per day, until wrapping it up with a big, swoony happily ever after on Friday! Hosted by New York Times Bestselling Author Alexa Riley. For more information, check out reeromance.com. If you like what you hear, don’t forget to rate, review & subscribe so we can continue to bring you high quality audio content! Actualizado
Programas de los centros educativos de Doña Mencía
Programas de los centros educativos de Doña Mencía Espacios elaborados con estudiantes del colegio y del instituto de Doña Mencía y emitidos a través de Onda Mencía Radio. Actualizado
Visita Tu Radio
Visita Tu Radio Espacio donde recibimos en Radio Buñol a diferentes colectivos, para que conozcan la emisora y participen en el aire con nosotros. Actualizado
Ir a Magazine y variedades