iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis

Podcast
Día a Día 6v5d20
5.374
1.16k
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,... 47592s
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Ent. Verónica Gómez, de Río Miño en Barco | Experiencias e proceso de selección de persoal
Episodio en Día a Día
Río Miño en Barco oferta catro experiencias para este verán: paseos diarios, paseos con degustación, cóctel ou cóctel e concerto, con posibilidade de facelas en grupos de até 20 persoas. Hoxe coñecemos os detalles con Verónica Gómez, quen tamén informou de que a empresa ten aberto un proceso de selección de persoal.
04:39
Ent. Antonio Díaz, de Ludiland | Campamentos de verán en Tui e Salceda
Episodio en Día a Día
Do 23 de xuño ao 5 de setembro Ludiland organiza os seus campamentos de verán en Tui, no Liceo Casino, e tamén no seu novo centro en Salceda, para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Antonio Díaz, de Ludiland, explicou as actividades que se van a levar a cabo e como se pode realizar a inscrición.
04:57
Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | "Adeus rapaces" e "Proxecto Nim"
Episodio en Día a Día
O Cineclub Tui ten esta semana unha programación especial con motivo do V Congreso EDUCODS, promovido polo CEIP nº1 de Tui. Haberá unha dobre proxección gratuita no espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela. Mañá martes poderase ver "Adeus rapaces" e o xoves día 5 "Proxecto Nim". Ambas proxeccións serán as 20.00 horas. Así nolo contou hoxe Noemí Guisande, do Cineclub Tui.
05:53
Ent. Marisa Giráldez, do Club Bádminton Tui | Campionato Galego sub 15
Episodio en Día a Día
O pavillón do IES San Paio acolle mañá, a partir das 10.00 horas o Campionato Galego sub 15 de Bádminton. Marisa Giráldez, do Club Bádminton Tui, deunos hoxe oa información desta proba e adiantou outras citas que terán lugar nos meses de xuño e agosto.
06:04
Ent. José Manuel Solleiro, Rafael Pérez e Mila González, da Coral Ponte das Febres | Recunchos de Música
Episodio en Día a Día
A coral Ponte das Febres organiza para este domingo, 1 de xuño, unha guía musicalizada polo conxunto histórico de Tui, co nome Recunchos de Música. Será as 19.00 horas e nesta proposta participarán o coro infantil CEI Pazos de Reis, o grupo folclórico Ac Santa Columba de Ribadelouro e a coral Polifónica Ponte das Febres. José Manuel Solleiro, Rafael Pérez e Mila González, da Coral Ponte das Febres, deron hoxe todos os detalles.
08:17
Ent. Mariví García, de Divertos | Campamento de Verán Summer Games
Episodio en Día a Día
Xogos deportivos, xincanas, xogos de auga, manualidades ou cociña son algunhas das actividades que se van levar a cabo no campamento Summer Games que do 23 de xullo ao 29 de agosto vaise desenvolver no CEIP nº1 de Tui en horario de 8.00 a 15.00 horas. Vai dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos. Hoxe coñecemos todos os detalles con Mariví García, de Divertos.
05:46
Ent. Xacobe Morais, de Concepto by Persa - Quinta de Tui Futsal | IX Campus Toñín Martín
Episodio en Día a Día
Do 30 de xuño ao 24 de xullo, Concepto by Persa - A Quinta de Tui Futsal organiza o IX Campus Toñín Martín. Será de luns a venres en horario de 9 h a 14.30 h e vai dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 17 anos. Hoxe coñecemos os detalles con Xacobe Morais.
06:13
Ent. José Amancio Muíños, xerente de Ifega | 33 Aniversario da empresa
Episodio en Día a Día
A empresa tomiñesa Ifega celebra o seu 33 aniversario cunha gran festa, mañá venres, as 22.00 horas na praza do Seixo, en Tomiño. Unha cita que contará coa actuación do grupo América. Así nolo contou hoxe José Amancio Muíños, xerente da empresa, que tamén fixo balance das máis de tres décadas de historia de Ifega.
06:26
Ent. Nuria Garabal, directora do CEIP nº1 e alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria | Congreso EducODS 2025
Episodio en Día a Día
21 centros educativos participarán este ano no congreso EDUCODS do 3 ao 6 de xuño no Paseo da Corredoira. Unha iniciativa promovida polo CEIP Plurilingüe nº1 de Tui na que o alumnado dos centros amosará o resultado do traballo e a investigación realizada ao longo do curso en diversos ámbitos. Hoxe Nuria Garabal, directora do CEIP nº1 e alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria adiantaron os proxectos que presentarán nestas catro xornadas.
12:22
Ent. Judit Bernárdez e Sofía Álvarez, da Asociación Non Damos Feito | V Galimpiadas en Caldelas
Episodio en Día a Día
Até mañá venres pódese realizar a inscrición para participar na V edición das Galimpiadas que se celebran en Caldelas o venres 6 e o domingo 7 de xuño. Futbolín, tute, billar, dardos ou carreira de sacos son algunhas das probas que se realizarán na Capela, no Chiringo e na ribeira. A inscrición pode realizarse a través das redes sociais da Asociación Non Damos Feito. Hoxe Judit Bernárdez e Sofía Álvarez, organizadoras da competición, repasaron polo miúdo o programa.
05:10
Ent. Rosalía Campos, psicóloga xeral sanitaria de ADAMIA | IV Xornadas Educativas
Episodio en Día a Día
A prevención de TCA e o tema que protagoniza a primeira charla das IV Xornadas Educativas organizadas polas ANPAS de Tui. Terá lugar mañá xoves, ás 19 h no salón de actos do Seminario Menor de Tui. Falamos con Rosalía Campos, psicóloga xeral sanitaria de ADAMIA, quen abordará cales son os signos de alarma para detectar un TCA, desmontará mitos e analizará a influencia das redes sociais nesta problemática.
07:07
Ent. Cristina Fálquez, do Club Náutico San Telmo de Tui; e Ana Álvarez, de Clarexa | Campamento de verán
Episodio en Día a Día
Até o 16 de xuño está aberta a inscrición para o campamento de verán que organiza o Club Naútico San Telmo de Tui para nenos e nenas de 7 a 13 anos. As prazas son limitadas e a inscrición pode realizarse a través do enlace habilitado nas redes sociais do club. Cristina Fálquez, coordinadora de actividades do Náutico e Ana Álvarez, responsable de Clarexa, deron conta das distintas actividades do campamento.
04:32
Ent. Eloy Carrera, director da Banda de Música de Tui | Campamento de verán e Xornadas de portas abertas
Episodio en Día a Día
A Escola da Banda de Música Popular de Tui celebrará a próxima semana unhas xornadas de portas abertas, e no verán un campamento. Eloy Carrera, director da Banda de Música de Tui explicaba estas dúas actividades. As xornadas de portas abertas vanse realizar do 2 ao 7 de xuño. Mentres do 23 de xuño ao 31 de agosto a Escola da Banda de Música de Tui desenvolverá o seu campamento de verán para nenos e nenas de 3 a 12 anos, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas. O prazo para poder inscribirse remata o 18 de xuño e pode realizarse a través da páxina web da Escola.
05:36
Ent. Jacinto Lara, artista cordobés afincado en Galicia | Exposición "Borders"
Episodio en Día a Día
Catro series de pintura e unha de esculturas froito do traballo realizado ao longo duha década conforman a mostra "Borders" do artista cordobés, afincado en Galicia, Jacinto Lara. Hoxe contounos a historia que hai detrás do título da exposición e falounos das obras que presenta. A mostra pode visitarse até o 15 de xuño na Sala Municipal de Exposicións de Tui.
08:04
Espazo comercio | María José González, da mercería Fiadeiras
Episodio en Día a Día
Hai nove anos nacía en Tui Fiadeiras, unha mercería que actualmente está situada na rúa Casal Aboy. Hoxe no Espazo Comercio, que levamos a cabo en colaboración con ACITUI, coñecemos a súa historia, servizos e plans de futuro con María José González, responsable de Fiadeiras xunto a súa cuñada Loli.
07:24
Ent. Alfonso Ferreira, de Iacobus | Camiño coreano "Jeju Olle"
Episodio en Día a Día
O tudense Alfonso Ferreira, namorado e experto no Camiño de Santiago, acaba de chegar de Corea do Sul. Alí percorreu máis da metade dun trazado que copia o modelo do camiño a Compostela nunha illa: Jeju. Tras realizar cada ano camiños diferentes por Europa agora aventurouse a camiñar en Asia. Este camiño “Jeju Olle” está irmandado co Camiño de Santiago e, a diferencia do noso, non ten ningunha connotación relixiosa. Hoxe coñecemos as súas características con Alfonso Ferreira.
12:47
Ent. Chisco Casteleiro, director e actor | Galitoon con "Descontacontos"
Episodio en Día a Día
“Descontacontos” é o título do espectáculo que Galitoon presentará mañá martes ás 17.30 h na Biblioteca Municipal dentro da programación de Tui en Letras. A obra está dirixida para nenos e nenas de 3 a 9 anos. O protagonista é un avó que comeza a contar contos pero ou non se lembra do final ou se esquece do argumento. Chisco Casteleiro é director e actor neste espectáculo.
04:36
Ent. Fernando Pérez-Lozao, director do IES Indalecio Pérez Tizón e Vanesa Lozano, coordinadora da formación | Curso AFD
Episodio en Día a Día
Este xoves, 29 de maio, terá lugar a selección do alumnado do urso AFD, Acción Formativa para Desempregados, de Actividades Auxiliares de Comercio, que vai impartir dende o 9 de xuño o IES Indalecio Pérez Tizón. As persoas interesadas en realizar esta acción formativa deben figurar coma demandantes de emprego na Oficina de Emprego de Tui. Coñecemos todos os detalles desta acción formativa con Fernando Pérez, director do IES Indalecio Pérez Tizón e Vanesa Lozano, coordinadora da formación.
07:31
Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui |"Morte entre as flores"
Episodio en Día a Día
Nova cita co cinema mañá martes no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela co Cineclub Tui. Nesta ocasión será unha película de gánsters “Morte entre as flores”, dos irmáns Cohen. Haberá dúas sesións ás 18.30 h e ás 20.45 h. Así nolo contou Noemí Guisande, do Cineclub Tui, quen avanzou que este mércores celebrarán unha asemblea de socios para abordar a programación de verán.
03:45
Ent. Isaac González, Pedro Suárez e Hugo Carnero | Curtametraxe "Somos Nómadas"
Episodio en Día a Día
Isaac González decidiu crear unha curtametraxe como traballo para o seu TFG de Comunicación Audiovisual. Así foi como naceu o proxecto "Somos Nómadas", unha peza audiovisual na que participan 40 persoas. Conversamos con tres dos integrantes desta creación, os tudenses Isaac González e Hugo Carnero, e o tomiñés Pedro Suárez.
09:19
Más de Radio Municipal de Tui Ver más
Informativos Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h. Actualizado
Sección Aula UNED de Tui A oferta formativa da Aula da UNED de Tui coñecémola semanalmente no programa Día a Día Actualizado
O Futuro é Hoxe, con Modepen O Movemento Galego en defensa das pensións e dos servizos públicos, MODEPEN, conta cun programa na Radio Municipal de Tui: O Futuro é Hoxe. Actualizado
También te puede gustar Ver más
Programas de los centros educativos de Doña Mencía Espacios elaborados con estudiantes del colegio y del instituto de Doña Mencía y emitidos a través de Onda Mencía Radio. Actualizado
Read Me Romance HEA on the go! Original, never-before-heard romance audiobooks from your favorite authors, narrated by professionals and presented for your listening pleasure every, single week! We’ll begin a new, original audiobook every Monday, releasing one section per day, until wrapping it up with a big, swoony happily ever after on Friday! Hosted by New York Times Bestselling Author Alexa Riley. For more information, check out reeromance.com. If you like what you hear, don’t forget to rate, review & subscribe so we can continue to bring you high quality audio content! Actualizado
Thema des Tages "Thema des Tages" ist der Nachrichten-Podcast vom STANDARD. Wir stellen die brennenden Fragen unserer Zeit. Die Redaktion liefert die Antworten und die Hintergründe. Von Politik und Wirtschaft bis Chronik, Wissenschaft und Sport. Neue Folgen erscheinen jeden Werktag um 17:00 Uhr. Moderation & Produktion: Tobias Holub, Margit Ehrenhöfer, Zsolt Wilhelm, Antonia Rauth Actualizado