iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis

Podcast
Descubrindo o noso patrimonio 1z1k
29
16
Os xoves cada quince días Cristian Lago, guía intérprete do Patrimonio, convídanos a descubrir o noso patrimonio cultural, histórico, natural... no tempo de "Descubrindo o noso patrimonio". En emisión na Radio Municipal de Tui dende abril de 2024. Comezou coma unha sección no programa Día a Día e dende marzo de 2025 é un programa independente. 3m6k6p
Os xoves cada quince días Cristian Lago, guía intérprete do Patrimonio, convídanos a descubrir o noso patrimonio cultural, histórico, natural... no tempo de "Descubrindo o noso patrimonio".
En emisión na Radio Municipal de Tui dende abril de 2024. Comezou coma unha sección no programa Día a Día e dende marzo de 2025 é un programa independente.
Descubrindo o noso patrimonio | Pozo Vaqueiro (Rebordáns)
Episodio en Descubrindo o noso patrimonio
No programa "Descubrindo o noso patrimonio" con Cristian Lago conversamos Pozo Vaqueiro (Rebordáns) e contamos unha teoría sobre a presenza da sociedade prehistórica neste lugar Programa que se redifundirá ás 15.30 h de hoxe xoves na sintonía da Radio Municipal de Tui.
25:06
Descubrindo o noso patrimonio | Manuel Lago González
Episodio en Descubrindo o noso patrimonio
No programa "Descubrindo o noso patrimonio" con Cristian Lago afondamos nunha das figuras máis poliédricas da nosa historia: Manuel Lago González. Detémonos máis na súa faceta literaria e en defensa da lingua galega, sempre preocupado pola causa social, as súas composicións abordan temas da vida cotiá dos labregos, aínda que tamén lle escribiu á paisaxe, á invernía, á primavera e ao seu querido Tui. Este programa refundirase ás 20 h de hoxe xoves na sintonía da Radio Municipal de Tui.
28:58
Descubrindo o noso patrimonio | Matasogras (Guillarei)
Episodio en Descubrindo o noso patrimonio
No programa "Descubrindo o noso patrimonio" con Cristian Lago conversamos sobre un microtopónimo que, por moi empregado, non deixa de ser curioso: Matasogras (Guillarei). Programa que se redifundirá ás 20 h de hoxe venres na sintonía da Radio Municipal de Tui.
22:05
Descubrindo o noso patrimonio | Acueduto da Porteliña (Pazos de Reis)
Episodio en Descubrindo o noso patrimonio
No programa "Descubrindo o noso patrimonio" con Cristian Lago coñecemos hoxe a orixe e a historia do acueduto da Porteliña, en Pazos de Reis. Programa que se redifundirá ás 20 h de hoxe mércores na sintonía da Radio Municipal de Tui.
24:46
Descubrindo o noso patrimonio | Primeiro aniversario
Episodio en Descubrindo o noso patrimonio
O programa "Descubrindo o noso patrimonio" cumpre un ano, e hoxe celebrámolo cun tempo especial da radio no que con Cristián Lago repasamos os descubrimentos que da súa man fomos realizando ao longo dos últimos doce meses dende o sártego de San Telmo do que nos falou o 4 de abril de 2024 até a Pedra do Aire que centro o espazo hai quince días. Tamén recibimos suxestión dos oíntes para vindeiros programas.
26:58
Descubrindo o noso patrimonio | Pedra do aire, no monte de Seixos Albos (Areas)
Episodio en Descubrindo o noso patrimonio
No programa "Descubrindo o noso patrimonio" con Cristian Lago coñecemos a orixe e a tradición cultural en torno á pedra do aire, no monte de Seixos Albos (Areas). Programa que se redifundirá ás 20 h de hoxe xoves na sintonía da Radio Municipal de Tui.
19:25
Descubrindo o noso patrimonio | Mulleres e patrimonio
Episodio en Descubrindo o noso patrimonio
No programa de hoxe de "Descubrindo o noso patrimonio", percorremos con Cristian Lago diversos espazos onde as mulleres tiveron protagonismo e especial relevancia a través dos anos, e de como ese papel posibilitou a conservación de elementos patrimoniais e de tradición oral. O de hoxe é o primeiro programa que se redifundirá en directo ás 20 h da tarde, na sintonía da Radio Municipal de Tui.
26:50
Descubrindo o noso patrimonio | Muíños do Regueiro
Episodio en Descubrindo o noso patrimonio
A historia, curiosidades e segredos dos Muíños do Regueiro, na parroquia tudense de Paramos centrou hoxe o tempo que compartimos con Cristian Lago en "Descubrindo o noso patrimonio".
22:45
Descubrindo o noso patrimonio | Áncora da Praza da Armada
Episodio en Descubrindo o noso patrimonio
Hoxe, no noso espazo "Descubrindo o noso patrimonio", coñecemos con Cristian Lago todos os segredos da Áncora da Praza da Armada. Incluso, un misterio en relación a este monumental elemento.
15:48
Descubrindo o noso patrimonio | Romaría de San Xulián
Episodio en Descubrindo o noso patrimonio
Hoxe centramos a nosa sección "Descubrindo o noso patrimonio" na romaría de San Xulián que se celebrará o próximo luns 27 de xaneiro no Monte Aloia. Cristian Lago revelou algún dos segredos desta tradición.
22:28
Descubrindo o noso patrimonio | Capela da Virxe do Camiño (Rebordáns)
Episodio en Descubrindo o noso patrimonio
Entre lendas e historias, hoxe centramos a nosa sección "Descubrindo o noso patrimonio" na Capela da Virxe do Camiño, en Rebordáns. Cristian Lago desvelou algúns dos seus segredos.
19:11
Descubrindo o noso patrimonio | Tradicións de Nadal
Episodio en Descubrindo o noso patrimonio
A sección "Descubrindo o noso patrimonio" de hoxe estivo protagonizada polo Nadal. Cristian Lago achegounos varias tradicións destas datas relacionadas co calor do fogar, a gastronomía e a festa.
17:39
Descubrindo o noso patrimonio | Capela do Anxo
Episodio en Descubrindo o noso patrimonio
Hoxe, no espazo de Descubrindo o noso patrimonio, Cristian Lago falounos sobre a Capela do Anxo en Pazos de Reis. Repasamos a súa historia e a súa importancia no ámbito social.
18:17
Descubrindo o noso patrimonio | Balneario de Caldelas
Episodio en Descubrindo o noso patrimonio
Hoxe, no tempo de Descubrindo o noso patrimonio, Cristian Lago falounos do Balneario de Caldelas, un lugar cunha historia marabillosa, e da importancia da figura de Antonio Oliver.
18:54
Descubrindo o noso patrimonio | A Corredoura en Pexegueiro
Episodio en Descubrindo o noso patrimonio
Hoxe, no tempo de Descubrindo o noso patrimonio, Cristián Lago falounos da Corredoura, en Pexegueiro, un lugar situado á beira do río Furnia que conta cun interesante conxunto etnográfico: a Ponte Nova da Corredoura, o serradoiro, dous muíños e unha represa.
11:42
Descubrindo o noso patrimonio | Cruz de Romero
Episodio en Descubrindo o noso patrimonio
En "Descubrindo o noso patrimonio", nesta véspera de difuntos, Cristian Lago falounos da Cruz de Romero. Contounos que é un monumento funerario en recordo a Manuel Romero Fernández, un rapaz que faleceu nun tráxico accidente na canteira do seu pai no ano 1932. É un conxunto, con cruz e lápida a modo de tumba aínda que sen sepulcro situado no monte comunal de Ribadelouro.
16:25
Descubrindo o noso patrimonio | Os pombais
Episodio en Descubrindo o noso patrimonio
Os pombais rexistrados no termo municipal de Tui (dous en Malvas e un en Randufe) centraron o tempo de Descubrindo o noso patrimonio o 17 de outubro no programa Día a Día. Cristian Lago descubriunos que eran un signo de distinción e de elevado estatus social. A súa funcionalidade era a de cría de pombas para o seu aproveitamento gastronómico.
18:25
Descubrindo o noso patrimonio | Penedo da Malladoura (Baldráns)
Episodio en Descubrindo o noso patrimonio
O penedo da Malladoura (Baldráns) centrou o tempo de Descubrindo o noso patrimonio o 3 de outubro no programa Día a Día. Cristian Lago descubriunos que este é un afloramento granítico cunha superficie de preto de 300 metros cadrados, que no seu día foi empregado para mallar e pór a secar o cereal (principalmente trigo e centeo).
13:14
Descubrindo o noso patrimonio | Barrio de San Bartolomeu
Episodio en Descubrindo o noso patrimonio
O barrio de San Bartolomeu centrou o tempo de Descubrindo o noso patrimonio o 19 de setembro no programa Día a Día. Cristian Lago descubriunos que este é un barrio singular na organización do territorio municipal de Tui, porque está a medio camiño entre o rural e o urbano.
17:24
Descubrindo o noso patrimonio | A industria cerámica de Guillarei
Episodio en Descubrindo o noso patrimonio
Industria Cerámica en Guillarei centrou o tempo de Descubrindo o noso patrimonio o 5 de setembro no programa Día a Día. Cristian Lago falounos das orixes desta industria, do porqué se asentou neste lugar, e tamén, da repercusión socio-económica que tivo. Na actualidade, están catalogadas 3 chemineas na Gándara como elementos de arquitectura industrial con valor histórico e patrimonial.
17:03
Más de Radio Municipal de Tui Ver más
Día a Día Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,... Actualizado
Informativos Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h. Actualizado
Sección Aula UNED de Tui A oferta formativa da Aula da UNED de Tui coñecémola semanalmente no programa Día a Día Actualizado
También te puede gustar Ver más
Podcast de viajes ORGANIZOTUVIAJE.Consejos y guías Podcast de viaje en español con consejos para viajar por libre : Cómo ahorrar dinero, sensaciones de la primera vez, qué ver y hacer en cada destino, las cosas que debes tener en cuenta, cómo organizar el viaje y qué meter en la maleta... Aquí tienes, modo charla de amigos, muchas experiencias viajeras y la información de nuestra web de viajes: www.organizotuviaje.com ¿Despegamos? Al terminar, si te ha gustado ¡Agradecemos tu valoración 5 estrellas para que este podcast de viajes siga creciendo! También puedes seguirnos en redes sociales para viajar juntos todos días, buscando @organizotuviaje Actualizado
Un gran viaje En "Un gran viaje" hablamos de viajes largos, muy largos (de meses o años), entrevistando a personas que los han llevado a cabo. Conversamos de sus miedos, anécdotas, experiencias y, también, del regreso. 🎙️Dirigido por Pablo Strubell, coautor del blog y libro "Cómo preparar un gran viaje" (👉www.ungranviaje.org) y organizador de las Jornadas de los grandes viajes (👉www.jornadasgrandesviajes.es). ❤️ Si te gusta este programa, apoya nuestro trabajo a través de Patreon (👉www.patreon.com/ungranviaje) o iVoox, pulsando el botón "Apoyar" en nuestro perfil. ⚠️ Toda la información adicional de los pódcast en 👉 https://www.ungranviaje.org/podcast-de-viajes/ 🤩 Síguenos en redes sociales: ▪︎ Instagram: www.instagram.com/ungranviaje_org ▪︎ Facebook: www.facebook.com/ungranviaje.org ▪︎ Twitter: www.twitter.com/ungranviaje_org Actualizado