
A tradición de cantar: cantareiras e cantares 4z2c72
As pandereteiras Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeira, as de Mens, Manuela Lema Villar e as irmás Prudencia e Asunción Garrido Ameijide de Malpica, e con elas todas as pandereiteiras de antes e dagora, reciben este 17 de maio a xusta homenaxe das Letras Galegas coma tesouro da música popular, da tradición oral e patrimonio inmaterial da nosa cultura. A música, mestra e musicóloga Cristina Asenjo Rodríguez falou no campus de Ourense das características e desta manifestación de creatividade artística e do seu valor sociolóxico coma ferramenta de resistencia das mulleres nas sociedades patriarcais. Escoitamos ó coro de alumnas e alumnos da Facultade de Educación e Traballo Social dirixidos pola profesora Lucía Casal de la Fuente. Tamén ó grupo de pandeiretas Xúa e ás regueifeiras Blanca Trigo e Silvia Villar. 2n3fx
As pandereteiras Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeira, as de Mens, Manuela Lema Villar e as irmás Prudencia e Asunción Garrido Ameijide de Malpica, e con elas todas as pandereiteiras de antes e dagora, reciben este 17 de maio a xusta homenaxe das Letras Galegas coma tesouro da música popular, da tradición oral e patrimonio inmaterial da nosa cultura. A música, mestra e musicóloga Cristina Asenjo Rodríguez falou no campus de Ourense das características e desta manifestación de creatividade artística e do seu valor sociolóxico coma ferramenta de resistencia das mulleres nas sociedades patriarcais. Escoitamos ó coro de alumnas e alumnos da Facultade de Educación e Traballo Social dirixidos pola profesora Lucía Casal de la Fuente. Tamén ó grupo de pandeiretas Xúa e ás regueifeiras Blanca Trigo e Silvia Villar.