iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis

Podcast
A FALA da LINGUA c6f6n
Por Mohawk
57
85
Sobre toponimia, léxico, fonética e os distintos xeitos, en definitiva, de falar galego ao longo do territorio da actual autonomía galega 6g291v
Sobre toponimia, léxico, fonética e os distintos xeitos, en definitiva, de falar galego ao longo do territorio da actual autonomía galega
PantaloNS, pantaloS e pantaloIS
Episodio en A FALA da LINGUA
Son tres a variantes dialectais dos plurais de palabras rematadas en N. A norma oficial recomenda o uso escrito de -NS proprio do bloque occidental.
04:38
ESTO, ESO, AQUELO ou ISTO, ISO, AQUILO
Episodio en A FALA da LINGUA
As formas neutras dos demostrativos poden facerse con E- ou con I-. A normativa galega actual optou polas formas que empezan con I-
03:18
NON DAR (non dou, non din, non damos feito)
Episodio en A FALA da LINGUA
Unha expresión NON DAR FEITO (ou "non dar" + "falado, dito, escoitado, visto", etc...), e outro do característico xeito de falar d@s galeg@s. De feito, incluso os galegos casteláns-falantes odoitan incorporar esta perífrase -castelanizada, eso si- de xeito habitual a súa fala, por exemplo: "No doy hecho este trabajo"
04:01
O Infinitivo CONXUGADO
Episodio en A FALA da LINGUA
O portugués, o húngaro, e o galego son os únicos idiomas que utilizan o infinitivo conxugado na súas respectivas linguas. Trátase dun trazo enriquecedor que fornece ao noso idioma de moitos matices na nosa fala
02:27
SINALEFAS: 'Eu son DAQUÍ ' ou 'Eu son DE AQUÍ '
Episodio en A FALA da LINGUA
En galego, cando na fala unha palabra REMATA en vogal (especialmente se esta remata en "-e") e a seguinte EMPEZA en vogal, A PRIMEIRA VOGAL NON SE PRONUNCIA, FUSIONÁNDOSE ÁMBALAS DÚAS PALABRAS. É o fenómeno coñecido como sinalefa, e é un trazo moi característico do galego
03:14
Sobre os APELIDOS
Episodio en A FALA da LINGUA
Iste audio pescuda sobre a orixe e procedencia dos nosos apelidos
05:47
FONÉTICA: 'Vou AO colexio' ou 'Vou Ó colexio'
Episodio en A FALA da LINGUA
Inicialmente fálase do topónimo Oira, moi relacionada co topónimo de Ourense, pero o principal diste audio é de fonética: normalmente a cada letra da escritura correspóndelle un son distinto, pero non sempre, pois moitas veces, cando na fala galega aparecen dúas vogais contigüas, na fala non pronunciamos as dúas, senón outro son
05:46
O nome de MONFORTE DE LEMOS
Episodio en A FALA da LINGUA
Relativo ao significado e a orixe de Monforte de Lemo, onde vivía a tribo celta dos Lemavos
03:04
O nome de TUI
Episodio en A FALA da LINGUA
Referente a orixe e significado da antiga cidade de Tui, xa raiando coa actual fronteira con Portugal
02:40
O nome do FERROL
Episodio en A FALA da LINGUA
Verbo da orixe e posibel significado do Ferrol, que seica nunca foi, cama din, San Ferrol
05:27
O nome da CORUÑA
Episodio en A FALA da LINGUA
Relativo a orixe e posibel significado do nome da Coruña
05:47
O nome de VIGO
Episodio en A FALA da LINGUA
Sobre a orixe do nome de Vigo, a que é hoxe a cidade con máis poboación de Galiza
05:34
O nome de PONTEVEDRA
Episodio en A FALA da LINGUA
Relativo ao nome e á orixe da cidade do Lérez que, niste caso, semella bastante transparente: PONTE + VEDRA ( = vella), ou sexa, PONTE VELLA
05:18
Nomeando as VOCES DOS ANIMAIS
Episodio en A FALA da LINGUA
Ademáis das onomatopeias, o galego ten un xeito ben particular de denominar as voces dos animais: os gatos miañas, as pitas cacarexan, as vacas brúan, etc...
03:14
O nome de LUGO
Episodio en A FALA da LINGUA
Niste capítulo de Ben falado trátase da orixe e máis o significado do nome de LUGO
04:32
Sobre CONNOSCO e CONVOSCO
Episodio en A FALA da LINGUA
Aínda que en moitos lugares de Galicia se adoita dicir "con nós" ou "con nosoutros", recoméndase recuperar o uso (por outra parte aínda vivo en moitos outros lugares de Galicia) dos tradicionais CONNOSCO e CONVOSCO
03:06
O colocación do PRONOME ÁTONO no galego 2
Episodio en A FALA da LINGUA
O programa Ben falado, de Xesús Ferro Ruibal, continúa a tratar as normas da correcta colocación dos pronomes átonos na lingua galega
04:59
O colocación do PRONOME ÁTONO no galego 1
Episodio en A FALA da LINGUA
Un dos rasgos máis característicos do galego é complexidade e riqueza dos seus pronomes átonos. Unha axeitada utilización dos mesmos é fundamental para un galego de calidade
04:18
ISTE ou ESTE ?
Episodio en A FALA da LINGUA
Na parte sudoriental de galiza, nomeadamente en Ourense, sempre se utilizan os demostrativos en masculino con i-, ou sexa, ISTE-ISE-AQUIL; contra o adoptado como normativo con e-. Esto no quita de que esteamos antes variantes autóctonas e perfectamente lexítimas do galego na fala
03:16
O nome de MONDOÑEDO- CUNQUEIRO
Episodio en A FALA da LINGUA
En torno á orixe do topónimo de Mondoñedo e de cómo "se moveu" da súa localización orixinal en foz. Tamén se recolle a voz do seu poeta máis sobranceiro: Álvaro Cunqueiro
05:25
Más de Mohawk Ver más
A GALIZA e o GALEGO Bocadinhos da história galega nos seus diferentes aspectos: sociais, políticos, linguísticos, etc... Para compreendermos um pouco melhor a história e a língua da Galiza... Actualizado
UNIVERSO LUSÓFONO Apesar de partilharmos o mesmo território (a península ibérica) e provirmos duma mesma cultura, Portugal continua a ser um grande desconhecido... Isto é o meu pequeninho contributo para emendar no possível esta eiva secular... Actualizado
CULTURA e LINGUA Sobre a lingua como expresión da música, de literatura, ...de cultura en definitiva Actualizado
También te puede gustar Ver más
O GALEGO REINTEGRACIONISTA Sobre o movimento reintegracionista galego, esto é: o que progugna un galego harmónico co português...o cal non deixa de ser a súa outra face, a dun galego que tivo a fortuna histórica de se normalizar A asunción maioritaria da opción reintegracionista pola sociedade galega implicaría unha grande vantaxe competitiva ao multiplicar as nosas posibilidades comunicativas internacionais, sen deixar de falar a nosa língua... Quero aclarar que me decidín a escribir na normativa fundamentalmente autonomista (sen por isto ser purista), para que así ninguén se me "asuste" anticipadamente antes de escoitar os audios, e así se poidan achegar ao movimento reintegracionista sen preconceitos... Actualizado