
Descripción de USA 4l3z1d
Co mundo adaptándose aínda á segunda chegada de Donald Trump á Casa Branca, as Womansplainers botamos man para falar dos EUA dunha convidada chegada de alén mar: Krisha Kinnersley, de 39 anos, procedente de Michigan e coa perspectiva que da ser de alí mais vivir aquí hai anos. Con ela exploramos os lugares comúns sobre os Estados Unidos, e canto hai de certo nas cousas que cremos saber sobre ese país grazas á súa industria audiovisual. Tamén o que eles pensan sobre o resto do mundo e as semellanzas e os contrastes entre o seu país e o noso. Metímonos co elefante na habitación, ou na Casa Branca, e falamos do fato de perdedores convertidos agora en oligarcas reaccionarios, do seu sistema sanitario, de comercio internacional e política migratoria. Como o farán para que acabe quedando mellor o Papa! Naturalmente deixamos coma sempre tempo para dar as nosas dicas, menos estadounidenses do que podería agardarse. Adéntrate connosco nos Estados Unidos, unha terra de oportunidades… para quen poida pagar o prezo. 96h2b
Comentarios de USA 3a5y4w