
Sons de Nós con QFB 2 de maio de 2025 6s4lp
Descripción de Sons de Nós con QFB 2 de maio de 2025 a1y1k
QFB é unha banda de RapMetal en Galego da cidade da Coruña formada por Zalo Abeledo, David Acuña, David Rodríguez, Brais Diéguez e Toni Fernández, Toninho. Son o renacer dunha banda homónima que pisaba firme nos escenarios aló polos anos 90 do pasado século, unha conexión de amigos que aínda hoxe se declaran “familia”. QFB deixaron os escenarios no seu mellor momento porque a vida, ás veces, imponse, pero rexorden en 2019 con cancións reivindicativas que buscan poñer en valor a terra, a lingua e a cultura galega. Iso si, a reivindicación tamén fai uso da festa e a retranca, eis toda unha declaración de intencións. David Acuña e Toni, visitaron Sons de Nós para conversar sobre o seu traballo e as súas novas propostas. No 2022, dous anos despois de rexuntarvos, publicades o voso primeiro traballo discográfico, “Rexurdir”, un tributo á banda orixinal con 6 temas gravados no 95 enfrontados con outros 6 gravados en 2022. Hai herdanzas ás que non se debe renunciar. Xa nese momento estaban a preparar novos temas, todos eles en galego, unha transformación natural que só é reflexo do uso que a cotío fan da lingua. Especialmente orgullosos dese “Compañeiro Daniel”, o poema de Darío Xohán Cabana dedicado a Castelao musicado nos anos 70 polo cantautor Suso Vaamonde no que renden homenaxe a Castelao a ritmo de hip hop. A súa última proposta “Somos Patrimonio”, é un chanzo máis no seu compromiso de apoiar a cultura galega a ritmo de rap metal, con esta peza queren axudar a difundir a iniciativa para que o baile e a música tradicional da Galiza sexan recoñecidos coma Ben de Interese Cultural e tamén coma Patrimonio Inmaterial da Humanidade pola Unesco. 5445n
Comentarios de Sons de Nós con QFB 2 de maio de 2025 3n6w20