
Resumo do estudo anual de IAB Spain sobre redes sociais , por Lorena Penas de ACTUAL COMUNICACIÓN - amodiño k1w6g
Descripción de Resumo do estudo anual de IAB Spain sobre redes sociais , por Lorena Penas de ACTUAL COMUNICACIÓN - amodiño 3d6x5r
Lorena Penas, de "Actual Comunicación Amodiño", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe fálanos do estudo anual de IAB Spain sobre redes sociais. 🔊"En 2025 o 83% dos españois de entre 12 e 74 anos utilizan redes sociais, o que representa aproximadamente 32,4 millóns de persoas". 🔊"Whatsapp, Instagram e Youtube consolídanse como as redes sociais de uso máis frecuente entre os s en España". 🔊"No que respecta a investimento publicitario, Instagram desbanca a Facebook como principal receptor de investimento". 📢A pasada semana saleu o estudo anual de IAB Spain sobre redes sociais, xa van 16 edicións, dende o 2009. E hoxe imos facer un pequeno resumo do estudo para que vexades a tendencia e como está o panorama por estos lares. 💡Penetración e perfil de s de redes sociais en España Nesta edición, o estudo tivo en conta a estas catorce redes sociais: Bluesky, Facebook, Instagram, LinkedIn, Pinterest, Reddit, Spotify, Telegram, Threads, TikTok, Twitch, WhatsApp, X (antes Twitter) e Youtube. En 2025 o 83% dos españois de entre 12 e 74 anos utilizan redes sociais, o que representa aproximadamente 32,4 millóns de persoas. O uso das redes continúa sendo lixeiramente superior por parte das mulleres (51% vs 49%). A idade media destes s é de 43 anos, destacando o grupo de 46 a 60 anos como o máis numeroso, cun 32% do total, seguido polos de 31 a 45 anos (23%) e os de 18 a 30 anos (20%). Os s de 61 a 75 anos representan un 17%, mentres que os máis novos, de 12 a 17 anos, constitúen só o 8%. 💡Redes sociais máis usadas Whatsapp, Instagram e Youtube consolídanse como as redes sociais de uso máis frecuente entre os s en España. Así, WhatsApp lidera cunha penetración do 92%, manténdose no primeiro lugar respecto ao ano anterior. Instagram e Youtube séguenlle, ambas as cun 74%. Facebook, aínda que se mantén no cuarto posto cun 61%, continúa perdendo relevancia. Spotify (41%), Telegram (39%) e TikTok (38%) quedan aínda lonxe e ocupan as seguintes posicións. En contraste, X (anteriormente Twitter) descende dúas posicións, quedando en oitava posición cun 38%. Os motivos de uso seguen sendo claros: o 81% dos s busca entretemento, a 66% interacción e a 55% información. Como dato curioso (e moi-moi sorprendente), sabes cal é a rede social máis usada a nivel comercial polas empresas? Facebook (46%), seguida por Instagram, que supera a Youtube, Twitter e Whatsapp. 💡Frecuencia de uso En cambio, se nos imos á frecuencia de uso, atopámonos un panorama distinto: un 96% de s que afirman usar Whatsapp cada día ou varias veces ao día. Séguenlle Instagram (75%) e TikTok (72%), que salta á terceira praza, consolidando o dominio destas tres plataformas na rutina dixital dos s. Facebook e a sorprendente BlueSky empatan no cuarto posto cun 64% de uso diario, o que destaca o gran crecemento en intensidade desta nova rede. Telegram, X (antes Twitter) e Spotify comparten un 57% de uso diario, o que indica unha base sólida de s habituais. Nos últimos postos atópanse Twitch (29%), LinkedIn (28%) e Pinterest (24%) con frecuencias moito máis baixas, o que suxire un uso máis esporádico ou específico destas plataformas. 💡Abandono de redes sociais No relativo ao abandono de redes sociais, esta tendencia mantén os mesmos niveis que nos últimos anos, con 3 de cada 10 s deixando algunha plataforma nos últimos 12 meses. Iso si, hai un cambio relevante: fronte a outros anos, xa non é Facebook a rede social que máis s abandonan, cun 16%, senón… (redobre de tambor) X, a antiga Twitter. Un 28% dos s afirma deixala de usar. En concreto, X é a rede con maior porcentaxe de abandono entre 31 e 75 anos, mentres que Facebook destaca (para mal) entre os máis novos, de 12 a 30 anos. 💡eCommerce e redes sociais O estudo reflicte o impacto comercial das redes sociais: case a metade (48%) dos s consulta redes sociais antes de realizar unha compra, e o 44% afirma que a súa decisión final estivo influenciada polo contido visto nelas, especialmente entre os máis novos (66% en Xene Z). Neste sentido, Youtube e Instagram son as plataformas máis consultadas nesta fase previa de decisión. Por outra banda, aínda que o live shopping aínda ten baixa penetración (11%), un 38% de quen o probe considérano unha experiencia interesante, especialmente en categorías como moda e beleza. 💡Publicidade e redes en España Se nos centramos no ámbito publicitario, un 40% dos s considera que a aparición da publicidade en redes é útil e relevante. Con todo, a personalización das campañas aínda xera receo, xa que só un 23% acepta contidos personalizados, o que expón desafíos en segmentación e formatos. Por outra banda, os influencers, sempre tan no centro da polémica, melloran a súa imaxe fronte ao gran público. Así, un 40% dos s considera fiables aos que segue, 7 puntos máis que en 2024, aínda que tamén crece a percepción de que os seus contidos son puramente publicitarios (41%, 5 puntos máis). Como era de esperar, Instagram consolídase como a rede social preferida para seguir a influencers (69%), por diante de Youtube (48%) e TikTok (37%). Desde unha perspectiva profesional, as redes sociais seguen sendo unha canle prioritaria: o 53% dos expertos do sector publicitario utilízaas principalmente para xerar marca, e o 44% como canle de atención ao cliente. No que respecta a investimento publicitario, Instagram desbanca a Facebook como principal receptor de investimento, e Youtube escala posicións ata ocupar o segundo lugar. TikTok, pola súa banda, rexistra un aumento ata alcanzar o cuarto posto na clasificación de investimento. Un de cada cinco marketers declara investir máis que o ano anterior en publicidade, mentres que un 70% investiu o mesmo. ❓Pregunta próxima semana: cantos vídeos consumes ao día en RRSS? 👉Máis Información ACTUAL COMUNICACIÓN Amodiño: ✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/ ✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion ✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom ✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/ 🎙️"SUSCRÍBETE" ao podcast.👍 👉MÁIS ENTREVISTAS: https://ivoox.descargarmp3.app/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html 👉Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas f4w4t
Comentarios de Resumo do estudo anual de IAB Spain sobre redes sociais , por Lorena Penas de ACTUAL COMUNICACIÓN - amodiño 1z2e11