iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis

Podcast
Plástico Elástico 2l5t3l
Por César Varela
70
27
Programa de Radio Especializado en Música Underground Feita en Galicia. Novidades Discográficas, Entrevistas, Acústicos, Sorteos e Axenda de Concertos Semanal. 202a3g
Programa de Radio Especializado en Música Underground Feita en Galicia. Novidades Discográficas, Entrevistas, Acústicos, Sorteos e Axenda de Concertos Semanal.
Plástico Elástico 070. NOVA TEMPORADA.
Episodio en Plástico Elástico
Na edición de hoxe escoitaremos novidades discográficas recentemente editadas na nosa comunidade, rescataremos gravacións inénidas de bandas compostelás e repasaremos a axenda de concertos recomendada para os vindeiros días por Galicia.
54:37
Plástico Elástico 069. ENTREVISTA A NONITO PEREIRA MONDO SONORO. 22/02/2012.
Episodio en Plástico Elástico
Nonito Pereira preséntanos as "Festas Demoscópicas" de Mondo Sonoro. Regalamos Entradas para ver a Cooper en Compostela. Esta semana en Plástico Elástico recibimos a visita de Nonito Pereira (Coordinador da Edición Galicia, Castilla e León da Revista Mondo Sonoro), que se achegou ao Musical Underground Especializado para presentarnos as "Festas Demoscópicas" de Mondo Sonoro. Este ano a cita en Galicia terá lugar o vindeiro Sábado 25 de Febreiro na Sala Karma de Pontevedra coas actuacións de Tora! Tora! Tora!, Fantasmage e Los Cafres. Repasamos a Axenda de Concertos Recomendados para os vindeiros días por Galicia, prestando especial atención ás Actuacións de Cooper, Los Deltonos, La Familia del Arbol, Shuarma e a Eventos coma as Festas Demoscópicas, Festa do Disco do Embora, Festa do Queixo de Arzúa e Festival MundoSons de Compostela. Regalamos Entradas para ver en directo a Cooper (Xoves 1 de Marzo na Sala Capitol de Compostela) presentando o seu Novo Disco "Mi Universo". Para conseguir unha delas, envíanos un Mail ao enderezo do programa, indicándonos os teus datos persoais e respondendo correctamente á pregunta formulada nesta edición. Despedimos o programa co adianto do que será o novo traballo discográfico de Shuarma, que levará por título "Grietas". Disco que se editará o vindeiro mes de Marzo e que estará presentando en diferentes datas na nosa comunidade. Nesta edición soaron: "Huesos" de Fantasmage, "Gargamel" de Tora! Tora! Tora!, "Sólo Soy Una Alimaña" de Los Cafres, "Cortometraje" de Cooper, "Sara Banderas" de Santos Morcegos, "07.45 (Bring Me Back Home)" de We Are Standard, "No Por Nada" de Los Deltonos, "The Scratch" de Marcos Coll, "¿Tú Me Quieres?" de La Familia Del Arbol e "Tú" de Shuarma.
01:03:51
Plástico Elástico 068. PEDRITO DIABLO EN ACÚSTICO. 08/02/2012.
Episodio en Plástico Elástico
Pedrito Diablo & Los Cadáveras preséntannos "El Cuerno del Chivo" en Acústico. Regalamos Entradas para ver aos mexicanos Twin Tones en Compostela. Esta semana en Plástico Elástico recibimos a visita de Pedrito Diablo & Los Cadáveras, que se achegaron ao Musical Underground Especializado para presentarnos en Formato Acústico os temas de "El Cuerno del Chivo" (Green Cookie Records, 2011), o seu Disco de Debut. Repasamos a Axenda de Concertos Recomendados para os vindeiros días por Galicia, prestando especial atención ás actuacións de Twin Tones, Corizonas e Nada Surf. Regalamos Entradas para ver en directo aos mexicanos Twin Tones (Sábado 11 de Febreiro no Moon Music Club de Compostela) presentando o seu Novo Disco "Trio de Mercenarios". Para conseguir unha delas, envíanos o antes posible un Mail ao enderezo do programa, indicándonos os teus datos persoais e respondendo correctamente á pregunta formulada nesta edición. Despedimos o programa cunha banda de New York que esta semana visitou Galicia para presentar o seu último traballo discográfico. Estamos falando de The Fleshtones, que despois de máis de 30 anos de traxectoria musical publican agora o seu novo disco "Brooklyn Sound Solution". Nesta edición soaron: "Guns Don't Arge" e "Texas Addio" de Twin Tones, "Desenfunda Forastero", "El Hoyo", "El Baile del Justiciero" e "Dos Cruces" de Pedrito Diablo & Los Cadáveras, "Hotel Room" de Corizonas, "Clear Eye Clouded Mind" de Nada Surf e "I Was a Teenage Zombie" de The Fleshtones.
57:17
Plástico Elástico 067. ENTREVISTA A ANGÉLICA Y ROBERTA. 25/01/2012.
Episodio en Plástico Elástico
Recibimos a visita de "Angélica y Roberta". Repasamos a Axenda de Concertos Recomendados. Esta semana en Plástico Elástico recibimos a visita de Angélica y Roberta, que se achegaron ao Musical Underground Especializado para presentarnos a Serie de Moda máis Freak da Internet. Repasamos a Axenda de Concertos Recomendados para os vindeiros días por Galicia, prestando especial atención ás actuacións de Samesugas, Movie Jack + Curtinaitis, BlueSkank e The Gift. Despedimos esta nova páxina de actualidade musical, anunciando o Regreso aos Escenarios Galegos dos Heredeiros da Crus para celebrar o seu 20 Aniversario. Nesta edición soaron: "Soy Muy Malo (Y Puedo Ser Peor)" de Novedades Carminha, "En Tu Cara" de Sra Sr Sra, "Yoni, El Surfista Albino" de Mano de Obra, "Jódete y Baila" de Novedades Carminha, "Exploding Heart" de Samesugas, "Chica Peligrosa" de Movie Jack, "Cheap Dirt" de Curtinaitis, "Things To Do" de BlueSkank, "My Sun" de The Gift e "Jastas Pista" de Heredeiros da Crus.
01:22:32
Plástico Elástico 066. ENTREVISTA A SAMESUGAS. 18/01/2012.
Episodio en Plástico Elástico
Samesugas preséntannos "They Are Out There". Regalamos Entradas para ver a BlueSkank en Galicia Esta semana en Plástico Elástico recibimos a visita dos compostelanos Samesugas, que se achegaron ao Musical Underground Especializado para merendar con nós e presentarnos os temas do seu Terceiro e Flamante L.P. "They Are Out There" (Lixo Urbano, 2011). Repasamos a Axenda de Concertos Recomendados para os vindeiros días por Galicia, prestando especial atención ás actuacións de Voltaica, The Right Ons e BlueSkank. Asemade, pegamos o último repaso ao cartel do 2nd Rock-A-Billy Boogie Night. Regalamos Entradas para ver en directo aos madrileños BlueSkank (Venres 27 de Xaneiro no Marrucho de Baiona, Sabado 28 de Xaneiro en La Iguana Club de Vigo e Domingo 29 de Xaneiro no Aturuxo de Bueu) presentando o seu Novo Disco "Taking Off". Para conseguir unha delas, envíanos o antes posible un Mail ao enderezo do programa, indicándonos os teus datos persoais. Nesta edición soaron: "They Are Out There", "Exploding Heart", "Who Do You Think You're Fooling?", "Open Up Your Door" e "Get You While I Can" de Samesugas, "Vender Terror" de Voltaica, "On The Radio" de The Right Ons, "Dirty Little Town" de The Caravans e "Corrupted" de BlueSkank.
55:15
Plástico Elástico 065. 2ND ROCK-A-BILLY BOOGIE NIGHT .11/01/2012.
Episodio en Plástico Elástico
Doctor Gringo preséntannos o "2nd Rock-A-Billy Boogie Night". Regalamos Entradas para o Festival e CD's de Doctor Gringo. Xa estamos de volta. Despois de dúas ¿merecidas? semanas de vacacións, abrimos o novo ano en Plástico Elástico adicando íntegramente a nosa 1ª Edición de 2012 ao 2nd Rock-A-Billy Boogie Night. Durante 60 minutos e da man de Martín Esturao e Ducky (Cantante/Guitarrista e Manager respectivamente da formación compostelana Doctor Gringo) ofrecemos tódolos detalles do que vai ocorrer o vindeiro Sábado 21 de Xaneiro na Discoteca Sarela de Compostela. Escoitamos a tódalas bandas que formarán parte do cartel: The Caravans (Portsmouth, UK), Furious (Liverpool, UK), Teté y Los Ciclones (Madrid) e The Kanaloas (A Coruña). Sorteamos Entradas e CD's de Doctor Gringo entre todos(as) os(as) nosos(as) oíntes. Para participar nos sorteos, envíanos un Mail ao Enderezo Electrónico do programa, indicándonos os teus datos persoais e respondendo correctamente ás preguntas formuladas nesta edición. Nesta edición soaron: "Rock-A-Billy Boogie" de Johnny Burnette, "Ol River Blue" e "Gun Beats, Four Aces" de The Caravans, "No Ifs No Buts No Maybes" e "Crazy Hight School Baby" de Furious, "Boppity Bop" de Teté y Los Ciclones, "Shark Attack" de The Kanaloas, "Crazy Mademoiselle" de Doctor Gringo e "Rock-A-Billy Boogie Night" de Robert Gordon.
01:01:25
Plástico Elástico 064. BANDAS QUE NOS VISITARON NO 2011. 21/12/2011.
Episodio en Plástico Elástico
Tódalas Bandas Que Nos Visitaron No 2011. Esta semana Despedimos o Ano 2011 en Plástico Elástico facendo un Repaso por Tódalas Bandas que visitaron o Musical Underground Especializado ao longo destes 12 meses para presentarnos os seus Traballos Discográficos. Un total de 20 Grupos Galegos pasaron polos nosos Estudios durante as 31 Edicións realizadas os pasados 365 días e con varias Bandas do Estado Español mantivemos Conversa Telefónica con motivo das súas Visitas á Nosa Comunidade. Moitas Grazas a Tódalas Bandas por achegarnos a súa Música ás nosas Ondas Hertzianas e a Todos(as) Vós por Sintonizarnos. Feliz Ano 2012! Nesta Edición soaron: "No Place Too Far" de Doctor Gringo, "La Casa Cuartel" de Disco Las Palmeras!, "El Mundo Perfecto de Kira" de Igloo, "Hoy" de Misterioso Viaje Holanda, "Amor Rural" de Novedades Carminha, "En Mi Agenda" de Los Chavales, "Causa Perdida" de Combo Dinamo, "Malas Influencias" de Invivo, "Solución" de La Familia, "Millón de Millones" de Eladio y Los Seres Queridos, "Back On The Road" de Los Eternos, "So Happy, So Young" de Maryland, "Ana de Palacio" de Metralletas Lecheras, "Enerxía Equivocada" de Magritte, "Berra!" de Dios Ke Te Crew, "Tiza y Tacón" de La Senda de Afra, "No Puedo Reírme" de Doctor Explosion, "Catre" de Aeroplástica, "Puta Vida" de Supersubmarina, "A Min Impórtame Merda" de Kastomä, "Já Somos Zombies" de Chícharo Psicótico, "Down And Deep" de Dixie Town e "La Noche Temática" de Mato Grosso.
55:24
Plástico Elástico 063. ENTREVISTA A MATO GROSSO. 14/12/2011.
Episodio en Plástico Elástico
Mato Grosso preséntannos "Blanco Perfecto". Regalamos Entradas para Pacífico e Sinestesia. Esta semana en Plástico Elástico recibimos a visita dos compostelanos Mato Grosso, que se achegaron ao Musical Underground Especializado para presentarnos o seu Primeiro e Flamante L.P. "Blanco Perfecto" (Autoeditado, 2011). Repasamos a Axenda de Concertos Recomendados para os vindeiros días por Galicia, prestando especial atención ás actuacións de Pacífico, Samesugas, Baldosa Amarilla, Sinestesia e Blows. Regalamos Entradas para ver en directo aos vigueses Pacífico (Xoves 15 de Decembro no Moon Music Club de Compostela, presentando o seu Novo Disco "Indestructible") e aos compostelanos Sinestesia (Mércores 21 deste mesmo mes, na mesma Sala, presentando o seu Novo E.P. "Días de Cine"). Para conseguir unha delas, envíanos o antes posible un Mail ao enderezo do programa, respondendo correctamente á pregunta formulada nesta edición e indicándonos os teus datos persoais. Despedimos esta nova páxina de actualidade musical lembrando o Concerto Solidario Blows Fuck Cancer, que terá lugar o Xoves 22 de Decembro no Mondo Club de Vigo, no que Amigos Artistas da talla de Amaro e Iván Ferreiro, Eladio y Los Seres Queridos, Ibán Marciano, March, Meteoro DJ, Nicolás Pastoriza, Paco Cat People, Pedrito Diablo & Los Cadáveras, Silvia Superstar, Thee Tumbitas e Triángulo de Amor Bizarro actuarán xunto a Blows e Especialmente a Álex Lago (Baixista do grupo vigués). Nesta edición soaron: "SixFourNine", "Vichy Catalán", "Ni Todo Lo Demás" e "Mato Grosso" de Mato Grosso, "Día D" de Pacífico, "They Out Are There" de Samesugas, "Siempre en Espiral" de Baldosa Amarilla, "La Ciudad y Otros Escenarios" de Sinestesia e "Mujeres Que Corren con Lobos" de Blows.
01:03:39
Plástico Elástico 062. DIXIE TOWN EN ACÚSTICO. 07/12/2011.
Episodio en Plástico Elástico
Dixie Town preséntannos Fat & Superb en Formato Acústico. Adiantamos en Primicia o Novo Disco de Samesugas. Esta semana en Plástico Elástico recibimos a visita dos vigueses Dixie Town, que se achegaron ao Musical Underground Especializado para presentarnos en Primicia os temas do seu último e 3º disco "Fat & Superb" (Sound Dealers, 2010) en Formato Acústico. Asemade, adiantáronnos un novo tema que formará parte do seu 4º Traballo "O Furacán", que se editará a finais do vindeiro ano 2012. Adiantamos 3 temas do que será o novo e 3º Disco do cuarteto de Punk-Rock compostelano Samesugas, que levará por título "They Are Out There" e que editará en formato CD o Selo Compostelano Lixo Urbano o 17 de Decembro. En Nadal deste mesmo ano o disco porase tamén en circulación en formato Vinilo con CD incluído. "They Are Out There" presentarase en directo o 17 deste mesmo mes no Liceo Mutante de Pontevedra, onde Samesugas compartirán escenario cos cataláns "Secret Army" e os Don Ramirenses "Nobody's Fool". Despedimos esta nova páxina de actualidade musical con The Kanaloas (cuarteto coruñés que recrean o espírito das bandas de Surf de principios dos 60), un dos grupos que formará parte do cartel do 2nd Rock-A-Billy Boogie Night, que terá lugar o Sábado 21 de Xaneiro de 2012 na Discoteca Sarela de Compostela. Nesta edición soaron: "Warm And Confident", "I Wonder Who", "Tema Inédito", "It Isn't A Love Letter" e "Soul Assistant" de Dixie Town, "Exploding Heart", "Tóxico Injecta" e "They Are Out There" de Samesugas e "Quasimoto Stomp" de The Kanaloas.
58:32
Plástico Elástico 061. ÁLEX LAGO BLOWS. 30/11/2011.
Episodio en Plástico Elástico
Apoiamos a Álex Lago (Blows) na súa Loita Contra o Cancro. Repasamos a Axenda de Concertos Recomendados. Esta semana abrimos Plástico Elástico con "Ni Todo Lo Demás", un dos temas incluídos en "Blanco Perfecto", o flamante 1º L.P. do cuarteto compostelano Mato Grosso. Repasamos a Axenda de Concertos recomendados para os vindeiros días por Galicia, prestando especial atención ás actuacións de Overhear, Pedrito Diablo & Los Cadáveras, Das Kapital, The Toasters, Sandford Music Factory, Pacífico, Nada Surf e The Right Ons. Facemos eco do Concerto Solidario "Blows Fuck Cancer" en Apoio a Álex Lago (Baixista dos vigueses Blows) na súa loita contra o cancro, que terá lugar o Xoves 22 de Decembro ás 21.00 no Mondo Club (Vigo) onde actuarán os propios Blows acompañados de Grandes Amigos coma Amaro e Iván Ferreiro, Eladio y Los Seres Queridos, Ibán Marciano, March, Meteoro DJ, Nicolás Pastoriza, Paco Cat People, Pedrito Diablo & Los Cadáveras, Silvia Superstar, Thee Tumbitas e Triángulo de Amor Bizarro. Despedimos esta nova páxina de actualidade musical con Teté y Los Ciclones, un dos grupos que formarán parte do cartel do 2nd Rock-A-Billy Boogie Night, que terá lugar o Sábado 21 de Xaneiro de 2012 na Discoteca Sarela de Compostela. Nesta edición soaron: Mato Grosso, Overhear, Pedrito Diablo & Los Cadáveras, Das Kapital, The Toasters, Sandford Music Factory, Pacífico, Blows, Nada Surf, The Right Ons e Teté y Los Ciclones.
01:00:50
Plástico Elástico 060. ENTREVISTA A KASTOMÁ + CHÍCHARO PSICÓTICO. 23/11/2011.
Episodio en Plástico Elástico
Kastomä e Chícharo Psicótico preséntannos a súa Xira Conxunta por Galicia. Regalamos Entradas para Combo Dinamo, Los Chavales e Meneo. Esta semana en Plástico Elástico recibimos a visita de Kastomä e Chícharo Psicótico. As dúas bandas de Ordes achegáronse ao Musical Underground Especializado para presentarnos os seus últimos traballos discográficos e a Xira que ámbolos dous grupos realizarán ao longo dos vindeiros meses por diferentes puntos da xeografía galega. Repasamos a Axenda de Concertos recomendados para os vindeiros días por Galicia, prestando especial atención ás actuacións de Combo Dinamo, Disco Las Palmeras, Mato Grosso, Supersubmarina, Los Chavales, Sés, Meneo, Cat People e Sarah Jaffe (Voces Femeninas). Regalamos Entradas para ver esta semana en Compostela a Combo Dinamo (Ultramarinos), Los Chavales (Cachán Clube) e Meneo (Club La Radio). Nesta edición soaron: Kastomä, Chícharo Psicótico, Combo Dinamo, Disco Las Palmeras, Mato Grosso, Supersubmarina, Los Chavales, Sés, Meneo, Cat People e Sarah Jaffe.
57:00
Plástico Elástico 059. ENTREVISTA A SUPERSUBMARINA. 16/11/2011.
Episodio en Plástico Elástico
Supersubmarina preséntannos Realimentación E.P. Repasamos a Axenda de Concertos e Regalamos Entradas para Invivo. Esta semana en Plástico Elástico mantivemos conversa telefónica con Juancha (Batería) de Supersubmarina que a vindeira semana visitarán Galicia para presentarnos o seu novo E.P. "Realimentación" (Octubre Music, 2011). Repasamos a Axenda de Concertos recomendados para os vindeiros días por Galicia, prestando especial atención ás actuacións de El Columpio Asesino, Igor Paskual, Los Septiembre, Invivo, Mato Grosso e Los Chavales. Regalamos Entradas para ver este sábado en directo aos compostelanos Invivo, presentando o seu segundo disco "Dogma" (ACI, 2011) no TNT de Compostela. Despedimos esta nova páxina de actualidade musical co primeiro E.P. de Mina Tindle, o novo proxecto dunha rapaza sa chamada "Pauline de Lassus" que formará parte do cartel de Voces Femeninas 2011, que terá lugar a vindeira semana en Ourense e Vigo. Aproveitamos a ocasión para convidarvos a asistir a Tres Sesións Musicais a cargo de Plástico Elástico D.J. A 1ª terá lugar hoxe xoves 17 ás 23.00 no Bar Embora (Compostela), a 2ª o sábado 19 de novembro á mesma hora no mesmo local e a 3ª o mércores 23, tamén deste mesmo mes, no mesmo horario, no Bar A Reixa (Compostela). En ámbalas tres sesións pincharemos bandas que soan habitualmente no noso espazo musical. Nesta edición soaron: El Columpio Asesino, Igor Paskual, Supersubmarina, Los Septiembre, Invivo, Mato Grosso, Los Chavales e Mina Tindle.
59:42
Plástico Elástico 058. FLEAMARKET GALICIA. 09/11/2011.
Episodio en Plástico Elástico
Jose FleaMarket preséntanos o FleaMarket Galicia e ofrécenos unha Sesión Musical. Regalamos Entradas para Help Me Devil, Pony Bravo, El Cubo e Mucho. Esta semana en Plástico Elástico recibimos a visita de Jose FleaMarket, que se achegou ao Musical Underground Especializado para presentarnos o FleaMarket Galicia, que terá lugar este sábado 12 de Novembro no Bar Embora de Compostela con actuación Post Market no Cachán Clube dos madrileños Help Me Devil. Asemade, FleaMarket D.J. aproveitou a súa visita ao noso programa para ofrecernos unha selección de temas que soarán este sábado no Bar Embora. Xente coma Beast Of Bourbon, Professor Longhair, Screamin' Jay Hawkins, Charlie Feathers e SpeedBall Baby pasaron polos pratos do noso estudio. Repasamos a Axenda de Concertos recomendados para os vindeiros días por Galicia e Regalamos Entradas para ver esta semana en directo a Help Me Devil, Pony Bravo, El Cubo e Mucho. Rescatamos outro dos cortes incluidos no último disco de JD Mherson "Signs & Signifiers", lembrando a súa visita a Galicia a vindeira semana. Despedimos esta nova páxina de actualidade musical coa que será a banda convidada na vindeira edición de Plástico Elástico. O cuarteto de Baeza (Jaén) Supersubmarina, presentaránnos o seu novo E.P. "Realimentación". Nesta edición soaron: Help Me Devil, Beast Of Bourbon, Professor Longhair, Screamin' Jay Hawkins, Charlie Feathers, SpeedBall Baby, Pony Bravo, El Cubo, Mucho, JD Mherson e Supersubmarina.
01:00:15
Plástico Elástico 057. AXENDA DE CONCERTOS. 02/11/2011.
Episodio en Plástico Elástico
Repasamos a Axenda de Concertos Recomendados para os vindeiros días por Galicia. Adiantamos o Cartel da 2ª Edición do "Rock-A-Billy Boogie Night". Esta semana en Plástico Elástico repasamos a Axenda de Concertos recomendados para os vindeiros días por Galicia, prestando especial atención ás actuacións de: Glasgow, Narf, Maryland, Samesugas, Dorian e Aloe Blacc. Anunciamos as visitas previstas para os vindeiros días a terras galegas de bandas coma: The Bright, J.D. MC Pherson e Alis. Adiantamos o cartel da 2ª Edición do "Rock-A-Billy Boogie Night", que terá lugar o Sábado 21 de Xaneiro de 2012 na Discoteca Sarela de Compostela, onde actuarán bandas coma: The Caravans, The Furious, The Kanaloas e Teté y Los Ciclones. Despedimos esta nova páxina de actualidade musical con "Días de Verano", un dos temas incluídos en "Hacia lo Salvaje", o novo disco de Amaral. Nesta edición soaron: Glasgow, Narf, Maryland, Samesugas, Dorian, Aloe Blacc, The Bright, J.D. MC Pherson, Alis, The Caravans, The Furious e Amaral.
56:11
Plástico Elástico 056. NOVIDADES DISCOGRÁFICAS. 26/10/2011.
Episodio en Plástico Elástico
Presentamos Novidades Discográficas. Sorteamos Entradas para Miguel Costas, Si Cranstoun e Glassonion. Esta semana en Plástico Elástico escoitamos algunhas das novidades discográficas que recibimos nos últimos meses no noso buzón de correo postal (Capitan Kidd, Velcro, OverHear, Teléfono Rojo, Glassonion, Misterioso Viaje Holanda e Invivo). Repasamos a Axenda de Concertos recomendados para os vindeiros días por Galicia e Sorteamos Entradas para ver en directo a: Miguel Costas (Doble Moral - Lugo e Playa Club - A Coruña), Si Cranstoun + Doctor Gringo (Sala Capitol - Compostela) e Glassonion + Glasgow (Moon Music Club - Compostela). Para participar nos sorteos, envíanos un mail ao enderezo electrónico do programa respondendo correctamente ás preguntas formuladas nesta edición e indicándonos os teus datos persoais. Despedimos esta nova páxina de actualidade musical regalando copias do segundo e novo traballo dos compostelanos Invivo, un disco chamado "Dogma" que estarán presentando a vindeira semana por terras galegas. Nesta edición soaron: Miguel Costas, Si Cranstoun, Doctor Gringo, Velcro, OverHear, Teléfono Rojo, Glassonion, Misterioso Viaje Holanda e Invivo.
01:02:52
Plástico Elástico 055. ENTREVISTA A JORGE EXPLOSION E JORGE AEROPLÁSTICA .19/10/2011.
Episodio en Plástico Elástico
Entrevista a Jorge de Doctor Explosion e Jorge de Aeroplástica. Sorteamos Entradas para Boney Fields, Aeroplástica, Combo Dinamo e Mugstar. Esta semana en Plástico Elástico mativemos conversa telefónica con Jorge Explosion e Jorge Aeroplástica con motivo das actuacións de Doctor Explosion e Aeroplástica nos escenarios galegos esta mesma semana. Repasamos (coma sempre) a Axenda de Concertos recomendada para os vindeiros días por Galicia, prestando especial atención ás actuacións de Doctor Explosion, Boney Fields & Tonky Blues Band, Los Huéspedes Felices (Festival Tu Al Monte Yo Al Mar), Aeroplástica, Combo Dinamo, Kastomä, The Cubical, Mugstar e Doctor Gringo (Outono Capit@l Rock Festival). Sorteamos Entradas para ver en directo en Galicia este sábado a: Boney Fields & Tonky Blues Band (Cachán Clube), Aeroplástica (Moon Music Club), Combo Dinamo (Le Club Directo), e o vindeiro mércores a Mugstar (Moon Music Club). Para participar nos sorteos, envíanos un mail ao enderezo electrónico do programa respondendo correctamente ás preguntas formuladas nesta edición e indicándonos os teus datos persoais. Despedimos esta nova páxina de actualidade musical con Doctor Gringo, coñecido trío de Rockabilly compostelano que presentarán os seus novos temas a vindeira semana no Outono Capit@l Rock Festival, compartindo cartel co londinense Si Cranstoun. Nesta edición soaron: Doctor Explosion, Boney Fields, Los Huéspedes Felices, Aeroplástica, Combo Dinamo, Kastomä, The Cubical, Mugstar e Doctor Gringo.
01:29:26
Plástico Elástico 054. AXENDA DE CONCERTOS. 12/10/2011.
Episodio en Plástico Elástico
Sorteamos Entradas para ver en directo en Compostela a: Lüger, The Buzz Lovers, Maxine Brown, The Naked Heroes e Doctor Explosion. Esta semana en Plástico Elástico repasamos (coma sempre) a Axenda de Concertos recomendada para os vindeiros días por Galicia, prestando especial atención ás actuacións de Guadalupe Plata, Miguel Costas e The Blows. Sorteamos Entradas para ver en directo en Compostela a: Lüger + Telephones Rouges (Xoves, 13 de Outubro no Moon Music Club), The Buzz Lovers (Venres, 14 de Outubro no Moon Music Club), Maxine Brown + The Pepper Pots (Sábado, 15 de Outubro na Sala Capitol), The Naked Heroes + Sra Sr Sra (Sábado, 15 de Outubro no Cachán Clube) e Doctor Explosion (Xoves, 20 de Outubro no Moon Music Club). Para participar nos sorteos, envíanos un mail ao enderezo electrónico do programa respondendo correctamente ás preguntas formuladas no mesmo e indicándonos os teus datos persoais. Despedimos esta nova edición con The Steepwater Band, un trío de Chicago que estarán presentando o seu novo disco a vindeira semana por terras galegas. Nesta edición soaron: Guadalupe Plata, Lüger, Telephones Rouges, Miguel Costas, The Blows, Nirvana, Maxine Brown, The Pepper Pots, The Naked Heroes, Sra Sr Sra, Doctor Explosion e The Steepwater Band.
58:30
Plástico Elástico 053. ENTREVISTA A LA SENDA DE AFRA. 05/10/2011.
Episodio en Plástico Elástico
La Senda de Afra preséntannos o seu 1º disco. Sorteamos Entradas para Esquíos e Guadalupe Plata. Esta semana en Plástico Elástico recibimos a visita de La Senda de Afra que desde A Coruña se achegaron ao Musical Underground Especializado para presentarnos os temas incluídos no seu 1º traballo discográfico, que presentarán este Venres 7 de Outubro na Sala Filomatic de A Coruña. Sorteamos Entradas para ver en directo a Esquíos + Labazada (Sábado 8 de Outubro no Moon Music Club - Compostela) e Guadalupe Plata + Dixie Town (Xoves 13 de Outubro na Sala Capitol - Compostela). Ademáis, repasamos coma sempre a Axenda de Concertos recomendada para os vindeiros días por Galicia. Despedimos esta nova edición con Maxine Brown "A Princesa do Soul" que estará actuando o Sábado 15 de Outubro na Sala Capitol de Compostela dentro do Outono Capitol Rock Festival compartindo escenario cos cataláns The Pepper Pots. Nesta edición soaron: Esquíos, Dixie Town, La Senda de Afra e Maxine Brown.
01:01:09
Plástico Elástico 052. AXENDA DE CONCERTOS. 28/09/2011.
Episodio en Plástico Elástico
Repasamos a Axenda de Concertos para os vindeiros días. Sorteamos Entradas para Los Vigilantes e Tora! Tora! Tora! Esta semana en Plástico Elástico repasamos a Axenda de Concertos previstos para os vindeiros días por Galicia (The Ugly Beats, Los Vigilantes, Tora! Tora! Tora!, Napoleón Solo, Despedida Rock Club (Ourense), Homenaxe a Ana a Quemarropa, Teléfono Rojo, Second, La Senda de Afra, Costas, Guadalupe Plata e Doctor Explosion). Ademáis, Sorteamos Entradas para ver en directo a Los Vigilantes (Xoves 29 de Setembro no Cachán Clube - Compostela) e Tora! Tora! Tora! (Venres 30 de Setembro no Moon Music Club - Compostela). Nesta edición soaron: The Ugly Beats, Los Vigilantes, Tora! Tora! Tora!, Napoleón Solo, Suzy y Los Quattro, Los Hound Dogs, Teléfono Rojo, Second, La Senda de Afra, Costas, Guadalupe Plata e Doctor Explosion.
54:28
Plástico Elástico 051. ENTREVISTA A DIOS KE TE CREW. 21/09/2011.
Episodio en Plástico Elástico
Dios Ke Te Crew preséntannos "Humanose". Sorteamos entradas para Lila Dice, JC Brooks e Unicornibot. Esta semana en Plástico Elástico recibimos a visita de Dios Ke Te Crew. O grupo de rap máis coñecido e recoñecido da escena galega achegouse ao Musical Underground Especializado para presentarnos o seu novo e segundo disco "Humanose" (Boa, 2011). Ademáis, repasamos a axenda de concertos recomendados para os vindeiros días por Galicia e sorteamos entradas (2 para cada evento) para ver en directo a Lila Dice + La Maldita + Secho y Los Invisibles (Sábado 24 de Setembro no Moon Music Club - Compostela), JC Brooks & The Uptown Sound + The Allnight Workers (Mércores 28 de Setembro na Sala Capitol - Compostela) e Ruins Alone + Unicornibot (Mércores 28 de Setembro no Moon Music Club - Compostela). Despedimos o programa con "I'm Falling Down", o tema que da título ao novo videoclip de Sex Museum (extraído do seu último traballo "Again & Again"). Nesta edición soaron: Dios Ke Te Crew, Lila Dice, JC Brooks & The Uptown Sound, The Allnight Workers, Unicornibot e Sex Museum.
01:08:55
También te puede gustar Ver más
Bienvenido a los 90 Roberto Martínez recupera la música de nuestra adolescencia junto a un montón de nuevas propuestas. Blog: https://bienvenidoalos90.blogspot.com Facebook: https://www.facebook.com/bienvenidoalo90 Instagram: https://www.instagram.com/b90podcast Twitter: https://twitter.com/Rockisroll Actualizado
El Ecualizador Rock alternativo y todas sus variantes con el acento puesto en las escenas locales. Presenta Luis Benavides. Actualizado