Trending Misterio
iVoox
Descargar app Subir
iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis
Fantasma Accidental Cuac FM
Fantasma Accidental Cuac FM
Podcast

Fantasma Accidental Cuac FM 202m4j

73
17

Un programa sobre a música alternativa galega e as súas conexións, nunha viaxe de ida e volta no tempo e no espazo. Pódese escoitar en CUAC FM 103.4 de A Coruña os mércores de 19:00 a 20:00. 3zmh

Un programa sobre a música alternativa galega e as súas conexións, nunha viaxe de ida e volta no tempo e no espazo.
Pódese escoitar en CUAC FM 103.4 de A Coruña os mércores de 19:00 a 20:00.

73
17
Fantasma Accidental 4x14
Fantasma Accidental 4x14
Neste episodio non temos aos lemures con nós, pero déixan unha sesión coa música das bandas que soarán en La Melona Fest o 9 de abril. Organizado por La Melona, dinamizadores culturais que queren enriquecer a oferta cultural en Santiago de Compostela, e que se vai celebrar no Bar Embora e na Discoteca Ruta. Un festival auténticamente underground cun cartaz que nos gusta moito. Conectan con Portugal traendo músicos de alí e fan unha selección das máis emerxentes mentes que actúan en Galiza. Aquí tedes o listado e o minutaxe da sesión. 01 Uppercut - Crujida - El Cuerno (Porno, 2014) 02 Jay - Los Colegas no te Olvidan - Buen viaje (Discos Humeantes, 2015) 3:42 03 Pantis - Pranto - Xinxa (Prenom, 2016) 7:15 04 Ocre - Torpe - Pentium3 (Discos de kirlian, 2014) 10:35 05 Aries - Adieu or Die - En el oceáno (La Castanya/K Records, 2016) 14:30 06 Twisted Freak - Summer Nights EP - Summer Nights (ZigurArtists , 2015) 16:25 07 Pálida - Days Static - Relayer (2015) 20:40 08 Azul Revolto - S O M A - When this fog of yours clears ( ZigurArtists , 2016) 25:20 09 Erreome - Avery [Original Mix] (Crossfade Sounds, 2015) 29:05 10 Atila - V - Ritos Fúnebres (Bisnaga Records, 2015) 31:43 11 P Vicio - Your Room / Want Ya - Flat Circle (Disco Episcopal, 2015) 37:15 12 Aloe Perra - Your Room / Want Ya - Lotta Nights (Disco Episcopal, 2015) 42:26 13 Chago - Rituals (2105) 53:10 14 Abelo Valis - ¿Qué harías? (2015)
Electrónica 9 años
0
0
150
57:00
Fantasma Accidental 4x13
Fantasma Accidental 4x13
Aries presenta o seu disco Adieu Or Die. Preguntámoslle pola súa música electrónica favorita. Delia Derbyshire é unha pioneira da música electrónica, como traballadora da BBC e compositora, non suficientemente recoñecida. Consideramos que o feito de ser muller ten moito que ver coa falta de reivindicación do seu nome. Os lemures fan unha selección na que non queda dúbida da súa grandeza compositiva. Chicharrón presentan o disco Postal e Alberto M. Vecino, o seu cantante, fala de tres temas escollidos pola banda. Na sección Lemuria temos a Marco Maril (Apenino) recordando un momento emotivo na súa prolífica discografía e falando dunha canción importante na súa vida.
Alternativa e indie 9 años
0
0
60
56:59
Fantasma Accidental 4x12
Fantasma Accidental 4x12
Escoitamos o disco Salve Discordia de Triángulo de Amor Bizarro e poñemos a Julio Iglesias xunto a Suicide por unha estrana razón. Ilegales únense por un motivo certo. Celebramos o 25 aniversario de Hipnosis de Lagartija Nick. Luis Casanova de Guerrera aparece na sección Lemuria recordando gratos momentos e recomendando música. Moito ruido e moito rock.
Alternativa e indie 9 años
0
0
49
57:00
Fantasma Accidental 4x11
Fantasma Accidental 4x11
Episodio no que voltamos a vista atrás 30 anos para enfrentar dous discos publicados en 1986. Desde Nova York o "Licensed to Ill" de Beastie Boys contra o "Fai un sol de carallo" de Os Resentidos desde Vigo. Falamos tamén da dobre estrea de Malandrómeda publicada por Matapadre. O Hevi e O Master do Son presentan tras cinco anos sen publicar Cada can que lamba o seu carnallo e Os corenta e oito nomes do inimigo. Facemos unha pequena escolma doutras gravacións do Hevi con Fluzo e Non Residentz.
Hip Hop y Rap 9 años
0
0
99
57:00
Fantasma Accidental 4x10
Fantasma Accidental 4x10
Queimamos as nosas caretas tralo último baile ritual nas corredoiras choqueiras do Entroido. Mércores de cinza cun programa dedicado ao Primos Hermanos, festival de irmandamento entre Galiza e Asturias organizado por Desconcierto Cultural, que celebra a súa terceira edición este 2016. A viaxe é de ida e volta entre Compostela e Oviedo deste festival que "xorde do agarimo e simpatía que comparten as comunidades galega e asturiana. Deste xeito, búscase establecer un intercambio cultural, centrado na música independente, entre ambos os territorios" Na nova sección chamada Lemuria onde unha persoa vencellada á música feita en Galicia fai unhas recomendacións temos de invitado a Rubén Domínguez (Pantis e Chicharrón) que rescata a efémera banda Cudevaso e recomenda a Jackson do Pandeiro, músico brasileiro de principios dos anos 50 considerado o Rei do Ritmo.
Alternativa e indie 9 años
0
0
86
58:35
Fantasma Accidental 4x09
Fantasma Accidental 4x09
Programa emitido na Cuac FM o 27 de xaneiro de 2016. Rematamos coa serie de programas nos que xente de bandas galegas falan e recomendan cancións favoritas do seu repertorio, e de repertorios alleos escoitadas no pasado ano 2016. Colaboran Toño de diola, Manu de Selvática, Raúl de Músculo! cos seus aportes e Isabel Fdez. Reviriego (Aries) é a primeira invitada a nova sección fixa de gravacións accidentais. A parte final do programa recorda a David Bowie, que trala súa morte, logo de publicar Dark Star como testamento, deixa música e emocións para revivir ad eternum.
Alternativa e indie 9 años
0
0
90
57:46
Fantasma Accidental 4x08
Fantasma Accidental 4x08
Programa emitido na Cuac FM o 13 de xaneiro de 2016. Continuación do programa #EspecialNadal no que lle pedimos a varias persoas de varias bandas galegas que nos contaran cal era a súa gravación favorita das que tiñan feito ata o de agora e ademais que recomendaran unha canción ou tema que escoitaran no pasado 2015.
Alternativa e indie 9 años
0
0
96
01:08:10
Fantasma Accidental 4x07
Fantasma Accidental 4x07
Programa emitido na Cuac FM o 30 de nadal de 2015. Derradeiro programa do ano cun #EspecialNadal no que lle pedimos a 8 persoas de varias bandas galegas que nos contaran cal era a súa gravación favorita das que teñen feito ata o de agora e ademais que recomendaran unha canción ou tema que escoitaran este 2015.
Alternativa e indie 9 años
1
0
146
58:46
Fantasma Accidental 4x06
Fantasma Accidental 4x06
Programa emitido na Cuac FM o 16 de decembro de 2015. Conformamos un programa de electrónica e kraut rock cun ollo na actualidade sen perder o retrovisor do pasado con raíces alemás. Estreamos en exclusiva o adianto do disco de Pantis, proxecto en solitario de Rubén Domínguez (Telephone Rouges, Chicharrón), e que sairá editado por Prenom Lab o próximo ano. Escoitamos o novo de Pálida e unha maqueta do proxecto ambiental e misterioso chamado Torso. Hans-Joachim Roedelius é unha figura musical da vangarda, activo aos seus 81 anos, do que facemos unha breve retrospectiva polas súas bandas Harmonia e Cluster. Contrastamos coa actualidade da electrónica orgánica de Klara Lewis. Tanto a inglesa como Roedelius estiveron na última edición do Semibreve en Braga do que damos fe que non se botou en falla a Tim Hecker. Falamos do microfestival organizado por Desconcierto Cultural #CortaPega. Korokati, John Grvy, Aloe Perra (Disco Episcopal) e Fire To Fire, xunto con Morales, estiveron en Compostela mostrando as últimas tendencias no xénero electrónico estatal.
Electrónica 9 años
0
0
118
59:39
Fantasma Accidental 4×05
Fantasma Accidental 4×05
Programa emitido na Cuac FM o 2 de decembro de 2015. O desbordante triplo CD do ourensán, de Quins (Melón), Emilio José, ocupa este episodio. "Agricultura Livre" foi publicado en Foehn, o selo máis independente da independencia estatal. O nosa pescuda lévanos ata Apeiron, banda única dun so disco publicada, onde deuse a coñecer Emilio José. A bossanova galega de Pescando em Copacabana, a brasileira de Antonio Carlos Jobim e Gal Costa, o viaxe de sorriso e pesadelo de Beach Boys no "Smiley Smile" , as 69 cancións de amor de Magnetic Fields e o jazz inmortal de Coltrane e Miles Davis configuran un programa que fixemos totalmente espidos.
Alternativa e indie 9 años
0
0
170
58:10
Fantasma Accidental 4x04
Fantasma Accidental 4x04
Programa emitido na Cuac FM o 18 de novembro de 2015. Neste episodio sustituimos a nosa sintonía por un pequeno manifesto anti-barbarie, coa música do xitano sinti Django Reinhardt, na memoria das víctimas do terror en Paris, Siria e calquer lugar do mundo. O programa está centrado na publicación dos discos de Selvática e Travesti Afgano. Presentación dobre: "Un mundo extraño", o esperado disco de Selvática, editado conxuntamente por Mama vynila e Discos de Kirlian, que será a excusa para construír unha ponte co Brazil tropical. Escoitaremos tamén a Travesti Afgano con "Jefes de Julais" para que os lemures mostren algunhas das súas perversións musicais.
Alternativa e indie 9 años
0
0
178
56:57
Fantasma Accidental 4x03
Fantasma Accidental 4x03
Programa emitido na Cuac FM o 4 de novembro de 2015. A música tribal e as gravacións de campo para perpetuar a cultura musical é o contido deste episodio no que podemos escoitar sons e voces de Aforca e de occidente. Centrámonos en Alan Lomax, inmiscilo estadounidense, considerado como un dos máis grandes compiladores de cancións populares do século XX, do que celébrase o seu centenario este ano. A través das súas gravacións descubrimos a Galiza de principios dos 50 en localidades afastadas con O Hío e Corcubión. Os lemures aportan música tribal do seu Madagascar natal; un cachiño de Cabo Verde canta na voz de 24 mulleres en Burela; un tolo sueco chamado Peder Mannerfelt sintetiza músicas do Congo Belga dos anos 30; o tribalismo que recupera a tradición non-folk de Caxade e a innovación da etnomusicóloga Mercedes Peón da banda galega. Coa escuridade emanando vudú haitiano quedamos sen tempo. Quixemos rematar con IGMIG pero o tempo pasou por riba noso, sabemos como empezamos pero non como rematamos.
Músicas del mundo y otras 9 años
0
0
102
57:00
Fantasma Accidental 4x02
Fantasma Accidental 4x02
Programa emitido na Cuac FM o 21 de outubro de 2015. Unímonos ao Felabration 2015, unha celebración da vida de Fela Kuti a nivel mundial. Os seus valedores en España son Dj Floro e a periodista Sagrario Luna. Na cidade da Coruña houbo celebración propiciada polos Dj´s Jas Processor e Isaac Peces. Fela Anikulapo Kuti é unha das figuras máis importantes da música africana, creador do Afrobeat e activista político cunha máxima: "A música é a arma do futuro" Escoitamos a súa mensaxe e tamén aos seus fillos Femi e Seun que continúan representando o seu legado. Soa tamén Ogun Afrobeat dende Madrid. Escoitamos ao percusionista Tony Allen que ocupa un lugar fundamental dentro do xénero concibido polo músico nixeriano. E rematamos con Bento Veloso & Los Doce Trinches, gañadores da XVII Edición do Concurso de Maquetas de CUAC FM.
Alternativa e indie 9 años
0
0
85
56:51
Fantasma Accidental 4x01
Fantasma Accidental 4x01
Programa emitido na Cuac FM o 7 de outubro de 2015. Comezamos a 4ª tempada na Cuac FM con máis música, lemures, fantasmas e outros accidentes. Este programa viaxa no tempo e no espazo para pescudar na música alternativa galega e as súas posibles conexións. No episodio un viaxamos ao Londres de 1977 para escoitar a música da explosión Punk. Falamos do libro "Punk, La muerte joven" de Juan Carlos Kreimer. O autor viviu ese momento e foi publicado no ano 1978, agora cunha reedición e a perspectiva do tempo facémonos preguntas sobre ese momento de significado vital na música popular contemporánea. As bandas galegas que soan son Perpetuo Socorro, mellor banda da Coruña no XVI Concurso de maquetas da Cuac, Nave Nodriza e Sra Sr Sra.
Alternativa e indie 9 años
0
0
120
57:00
Fantasma Accidental 67
Fantasma Accidental 67
Programa emitido na CuacFM o 22 de abril de 2015. Grampoder, a banda de Compostela, saen dos escenarios por un tempo por elo dicímoslles ata logo agardando o seu retorno. The Homens é a banda de power pop de onde saíron Martin Wu e Le Roi. Uns clásicos que nunca se foron de todo. Unha das bandas que queriamos oír no programa é Matogrosso, na que militaron membros de Samesugas, The Lorchas e The Homens. Na segunda parte escoitamos a Martin Carr e as súas bandas The Boo Radleys e Bravecaptain ante a súa visita a Santiago de Compostela.
Alternativa e indie 9 años
0
0
100
57:35
Fantasma Accidental 66
Fantasma Accidental 66
Programa emitido en CuacFm o 15 de abril de 2015. Baixo unha abafante onda de calor primaveral escoitamos a "Asfixia" de Disco las Palmeras!, o novo disco da banda de Sarria na súa nova singradura co selo madrileño Sonido Muchacho. Repasamos a súa discografía composta por tres discos nos que plasman unha constante tensión entre potencia e control. Completamos con Bob Mould e os Sugar confrontados co a versión de "The Act We Act" que a banda liderada por Diego Castro fixo para a homenaxe que o programa "La Isla de Encanta" realizou polo 20 aniversário da publicación de "Copper Blue". Na parte final apetecíanos pinchar uns temas da universal banda granadina Lagartija Nick, con case 25 anos de historia dentro do rock alternativo estatal.
Alternativa e indie 9 años
0
0
110
57:33
Fantasma Accidental 65
Fantasma Accidental 65
Programa emitido na Cuac Fm o 8 de abril de 2015. Das Kapital son un tumulto, unha irrupción violenta ante este estado das cousas. Socialismo ou barbarie. Tres discos, dous largos e un EP, que din xa dabondo para eles. O deixan e nos deixan un último manifesto de ruído negro. Facemos unha visita a Portugal para escoitar o seu latexo en espazos industriais abandonados, con Sektor 304, Ode Filipica e Erros Alternados. Cut Hands e Godflesh son posíbeis influencias a banda marxista do selo de Compostela Discos da Máquina.
Alternativa e indie 10 años
0
0
146
57:29
Fantasma Accidental 64
Fantasma Accidental 64
Este programa foi emitido na CuacFm o 25 de marzo de 2015. Celebramos os 19 anos da Cuac, a radio comunitaria da Coruña da que formamos parte. Pasamos a dar caña cos TriCiclos de Work On Sunday a quen lles dedicamos o programa. O primeiro dos TriCiclos xa anunciados é número 7 con Oneida, People of the North e Farniente o 28 de marzo. Seguiránlle o 17 de abril Helms Alee, Russian Circles e Cuchillo de Fuego có número 8, para rematar o día 25 con Nueva Vulcano, Rosvita e Djalminha. Escoitamos a fondo o último disco de Nueva Vulcano e presentamos tamén o novo de Discos Las Palmeras!.
Alternativa e indie 10 años
0
0
106
56:58
Fantasma Accidental - Mércores Santo (Sesión)
Fantasma Accidental - Mércores Santo (Sesión)
Sesión especial Semana Santa. Con música de tremor devocional. Nine Inch Nails, One For Apocalypse, Florence & The Machine, Joy Division, Piwi Bizarre Tech, Reserva Espiritual de Occidente, Scott Walker + Sunn O))), Esquelas, Atillla, Avispa, JIJIJI, Depeche Mode...
Alternativa e indie 10 años
0
0
98
01:01:56
Fantasma Accidental 54
Fantasma Accidental 54
Programa emitido na Cuac FM o 14 de xaneiro de 2015. Segundoo programa no que acemos escolma de bandas que máis que emerxentes son urxentes. Propoñemos un ano máis a unha serie de formacións galegas a seguir ao longo do ano 2015. Unha lista con diversos xéneros musicais nos máis diversos estilos dentro da música alternativa de Galiza. Concordamos con desconcierto.com na aposta por algunhas destas bandas.
Alternativa e indie 10 años
0
0
142
01:00:17
También te puede gustar Ver más
Gome Dj
Gome Dj No me considero un dj, más bien un selector, pongo una canción tras otra, es mi diversión. Sesiones de diferentes tipos de música. Actualizado
Indie by TIGERblank
Indie by TIGERblank Mix of different musical styles ranging from rock, electronic, pop, indie, funk, soul ... Actualizado
Frecuencias emergentes
Frecuencias emergentes Desde «Frecuencias emergentes» descubriremos a formaciones que en un futuro, próximo o lejano, formarán parte de la letra grande de festivales y colgarán el cartel de sold out de las salas más grandes del país. Con este podcast queremos regalar esos quince minutos de fama que todo artista se merece. Quien no apuesta, no gana. Y apostar por segundopremio es hacerlo por la visibilidad del sonido emergente. Actualizado
Ir a Alternativa e indie