Trending Misterio
iVoox
Descargar app Subir
iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis
Descifrando a Historia
Descifrando a Historia
Podcast

Descifrando a Historia 3x3ab

98
1.63k

Análise da Historia de Galicia Twitter: @DescifrandoHist Instagram: @descifrandohistoria iVoox e Sportify Por David Gesteira 3g2626

Análise da Historia de Galicia

Twitter: @DescifrandoHist
Instagram: @descifrandohistoria

iVoox e Sportify

Por David Gesteira

98
1.63k
Historia do conflito lingüístico a finais do s. XX, con José João Rodrigues
Historia do conflito lingüístico a finais do s. XX, con José João Rodrigues
A finais do s.XX e xa en democracia había dúas posibilidades para o galego: a norma isolacionista e a norma reintegracionista. Finalmente optouse pola isolacionista e hoxe queremos explicar o porque, os seus protagonistas e demais cuestións que nos fan preguntar, porque falamos e escribimos así o galego?
Historia y humanidades 1 año
15
6
1.3k
01:06:01
Os sorprendentes achados no Castro de Soutolobre-Lourido, con Francisco Hervés
Os sorprendentes achados no Castro de Soutolobre-Lourido, con Francisco Hervés
Fai uns meses descubríronse unha serie de cousas moi importantes no Castro de Soutolobre-Lourido, tanto, que engaden á investigación histórica novos interrogantes. Por iso, desde Descifrando a Historia quixemos saber máis sobre o mesmo e a súa contorna, e para iso amos co director da escavación, o cal nos aportou máis luz e datos da importancia deste castro.
Historia y humanidades 1 año
16
5
1k
41:21
Da orixe da lingua galega nos albores da Idade Media, con Souto Cabo
Da orixe da lingua galega nos albores da Idade Media, con Souto Cabo
Neste episodio de Descifrando a Historia falamos co filólogo Souto Cabo para coñecer as orixes do noso idioma. Cando se comezou a falar en galego? E a escribir? Todo iso e máis neste trepidante episodio no que desciframos as orixes de algo moi noso. Comparte e dálle ao gústame, está na túa man que o proxecto continúe!
Historia y humanidades 1 año
17
2
1.3k
36:38
A primeira muller do Seminario de Estudos Galegos: Carmiña Sierra, con Aurora Marco
A primeira muller do Seminario de Estudos Galegos: Carmiña Sierra, con Aurora Marco
Neste 75 episodio de Descifrando a Historia falamos con Aurora Marco de Carmiña Sierra, a primeira muller socia do Seminario de Estudos Galegos. Cunha vida moi comprometida con Galicia e a liberdade, merece a pena escoitar o que foi a vida desta muller nada en Pontecesures e exiliada en Venezuela para que o franquismo non a perseguise. Se che gustou dálle a gústame e comparte, só así é unha forma de agradecer este traballo, grazas!
Historia y humanidades 1 año
13
0
754
33:13
O recoñecemento do Reino medieval de Galicia, con Francisco Rodríguez
O recoñecemento do Reino medieval de Galicia, con Francisco Rodríguez
As dúbidas con respecto a existencia do Reino de Galicia na Idade Media asáltannos constantemente. É por iso que buscamos respostas antes especialistas no tema. Fai meses foi o historiador Andrade Cernadas e hoxe tócalle a Francisco Rodríguez. Ambos recoñecen a súa existencia pero hai diferenzas en canto aos aspectos concretos dese reino. Atentos e desfrutade. Dádelle ao gústame e compartide coas vosas amizades
Historia y humanidades 1 año
21
4
1.3k
01:02:07
A morte no Reino de Galicia: cultos, ritos e celebracións con Xosé Manuel Sánchez
A morte no Reino de Galicia: cultos, ritos e celebracións con Xosé Manuel Sánchez
Neste 73 episodio de Descifrando a Historia falamos sobre o tratamento da morte por parte dos galegos no Reino medieval de Galicia. Facemos un repaso moi interesante desde o século V ata o XV. Se che gustou dalle ao "gústame" e comparte para poder continuar con este traballo!
Historia y humanidades 1 año
14
0
994
53:56
Cando vivir deixa de ser ilegal: o contrabando na raia con Natalia Jorge
Cando vivir deixa de ser ilegal: o contrabando na raia con Natalia Jorge
Neste episodio 72 de Descifrando a Historia falamos coa historiadora Natalia Jorge Pereira para saber máis do contrabando na raia entre Portugal e Galicia. Un tema moi interesante do cal temos bastante información pero que nos queda por saber moitas cousas. Se che gustou dalle ao gústame e comparte só así nos farás crecer e que se sigan facendo podcast da nosa historia
Historia y humanidades 1 año
12
0
756
52:25
O conflito medieval entre Santiago e Roma con Henrique Egea
O conflito medieval entre Santiago e Roma con Henrique Egea
Roma intentou minguar o poder da sé compostelá porque lle preocupaba que seguise crecendo... ou iso afirma o noso invitado de hoxe o profesor Henrique Egea. Falamos de todo o que envolveu este tema e as consecuencias irreversibles que tivo na nosa terra, Galicia. Dálle ao gústame e comparte para facernos crecer!
Historia y humanidades 1 año
19
0
1.2k
56:08
As mulleres na Galicia medieval: campesiñas, nobres... con Miguel García-Fdez
As mulleres na Galicia medieval: campesiñas, nobres... con Miguel García-Fdez
Neste 70 episodio de Descifrando a Historia realizamos unha panorámica histórica da muller na Galicia Medieval. Para tal fin acompañounos Miguel García-Fernández, o cal é todo un especialista. Foi un programa formidable. Se che gustou dalle ao gústame e comparte, só así nos farás crecer!
Historia y humanidades 1 año
17
0
969
01:16:49
Un protagonista inesperado nos Séculos Escuros, con Perfecto Ramos
Un protagonista inesperado nos Séculos Escuros, con Perfecto Ramos
No s. XVII, un inquisidor de Crecente, coñecido como Gregorio Lobariñas intentou publicar unha historia de Galicia en galego. Coñecido como As Galegadas, foi a Madrid ata dúas veces para que lle desen o visto e prace. Por cuestións do destino non a puido publicar pero deixounos constancia de que, as elites cultas de Galicia, empregaban o galego máis que para uso oral. Pode ser o inicio a reformular o de Séculos Escuros.
Historia y humanidades 1 año
16
0
895
57:19
Delitos, violencia e poder na Galicia durante o franquismo con Tamara López
Delitos, violencia e poder na Galicia durante o franquismo con Tamara López
Neste 68 episodio de Descifrando a Historia falamos coa historiadora Tamara López sobre a delincuencia no franquismo, os castigos, a violencia exercida polo estado, a violencia de xénero, o tema dos abortos e moito máis. Se che gustou dalle ao gústame e comparte!
Historia y humanidades 1 año
14
0
810
41:58
Juana de Vega, o legado dunha muller polifacética
Juana de Vega, o legado dunha muller polifacética
Juana de Vega deixou un legado que merece a pena coñecer. De ideas progresistas cunha estancia na corte real, e exiliada xunto co seu marido debido a temas políticos. Forma parte desa Coruña das mulleres do século XIX que fai falla reivindicar. Se che gustou comparte! Fainos crecer!
Historia y humanidades 1 año
10
4
756
52:19
Historia e historias das cidades galegas, con Manuel Gago e Rubén Ventureira
Historia e historias das cidades galegas, con Manuel Gago e Rubén Ventureira
Neste episodio de Descifrando a Historia falamos con Manuel Gago e Rubén Ventureira sobre as cidades galegas co motivo da exposición Cidades no Tempo da cal forman parte. Se che gusta comparte e subscríbete! Fainos crecer!
Historia y humanidades 1 año
19
0
1.2k
01:39:04
Un documento único: o Parroquial Suevo, con José Carlos Sánchez Pardo
Un documento único: o Parroquial Suevo, con José Carlos Sánchez Pardo
Neste 65 episodio do podcast falamos con José Carlos Sánchez Pardo, arqueólogo e historiador, ao redor dun documento único que temos en Galicia: o Parroquial Suevo. Este documento aporta moita luz á hora de estudar unha das etapas máis importantes da nosa historia: o Reino Suevo. Realmente apaixonante. Neste breve panorámica vas saber o básico que se debe ser deste tema. Se che gustou, comparte!
Historia y humanidades 1 año
12
0
851
34:48
Meigas e bruxas na historia de Galicia: unha panorámica con Rodrigo Pousa
Meigas e bruxas na historia de Galicia: unha panorámica con Rodrigo Pousa
Neste episodio de Descifrando a Historia falamos con Rodrigo Pousa, estudoso e coñecedor das bruxas e meigas en Galicia. Son diferentes conceptos? Cando nacen? Só condenaban as mulleres ou tamén os homes? Todas esas respostas e máis neste fantástico episodio! Sigue a Descifrando a Historia nas súas redes sociais e comparte se che gustou!
Historia y humanidades 1 año
15
0
944
32:02
O clientelismo político na Galicia do s. XIX
O clientelismo político na Galicia do s. XIX
Caciquismo ou clientelismo? Neste programa 63 de Descifrando a Historia falamos co historiador Xosé Ramón Veiga para saber como era o clientelismo político na Galicia do s. XIX. Favores, corrupción, votos, sufraxio... todos estes temas neste magnífico podcast.
Historia y humanidades 2 años
12
0
750
45:29
A figura de Fernández del Riego e outras cuestións transversais
A figura de Fernández del Riego e outras cuestións transversais
Hoxe é día 17 de maio de 2023 e é un evento especial para a cultura e lingua galega porque celebramos o noso día. Este ano a figura homenaxeada é Francisco Fernández del Riego, un dos creadores deste día ala polo ano 1963. En Descifrando a Historia falamos con Ramón Nicolás e Malores Villanueva para que nos desen as claves desta figura e deste día tan especial para tod@s nós. Comparte e dálle ao gústame se así o consideras! Saúdos!
Historia y humanidades 2 años
10
0
642
01:05:42
A toponimia galega: orixe, historia e demais cuestións con Ana Boullón
A toponimia galega: orixe, historia e demais cuestións con Ana Boullón
Neste episodio número 61 de Descifrando a Historia falamos coa académica e filóloga Ana Boullón para que nos contase cousas sobre a nosa toponimia. Desde as súas priniais características, como diferencialas, ata a súa historia e demais. Programa moi interesante para falar dunhas das nosas peculiaridades que máis nos distingue como territorio.
Historia y humanidades 2 años
18
4
853
54:43
Os xudeos no sur de Galicia: expulsión, Inquisición e demais con Suso Vila
Os xudeos no sur de Galicia: expulsión, Inquisición e demais con Suso Vila
A comunidade xudea estivo presente na Galicia medieval e moderna. Para saber máis sobre ela falamos co historiador Suso Vila, o cal nos fixo unha panorámica bastante completa dos feitos históricos máis importantes. Desde a súa convivencia cos cristiáns ata a súa expulsión, a Inquisición, o papel do país veciño Portugal, etc. Dalle ao gústame comparte! Segue a Descifrando a Historia nas súas redes sociais e nas súas plataformas habituais!
Historia y humanidades 2 años
13
0
843
01:10:55
Non se entendería Galicia sen a emigración a América, conversa con Raul Soutelo Vázquez
Non se entendería Galicia sen a emigración a América, conversa con Raul Soutelo Vázquez
Neste programa número 59, falamos da emigración a América: perfil social do emigrante, causas, consecuencias, Galicia como rexión europea que máis emigrantes aportou, etc. Se queres saber as respostas e moito máis, escoita podcast que che vai dar a panorámica necesaria a algo que marcou profundamente o destino da nosa terra. Sigue a Descifrando a Historia en todas as súas redes sociais e dalle ao "gústame" e comenta a túa visión!
Historia y humanidades 2 años
13
0
653
01:32:37
También te puede gustar Ver más
Aquí faltan páxinas
Aquí faltan páxinas Un pódcast da Deputación de Pontevedra onde cada mes coñecerás historias de mulleres galegas extraordinarias que non sempre saen nos libros. Mulleres científicas, artistas, escritoras, enxeñeiras, filósofas, aviadoras… Faltan moitas páxinas por escribir. Os libros de historia que se utilizan nas nosas escolas aínda constrúen unha visión subxectiva e parcial do mundo. Recuperar esta xenealoxía de mulleres non é só unha cuestión de xustiza, tamén é educar en igualdade para mostrar referentes femininos, para ter unha visión real do noso pasado e construír un camiño máis libre cara ao futuro. Actualizado
Que din os rumorosos... arroutadas da historia
Que din os rumorosos... arroutadas da historia Unha viaxe polos recunchos da historia do noso país Feed de subscripción: http://feeds.feedburner.com/ArroutadasHistoriaGalicia Actualizado
Outra Vaca No Millo
Outra Vaca No Millo Podcast sobre a historia de Galicia. Pequenas historias da nosa historia. Actualizado
Ir a Historia y humanidades