Trending Misterio
iVoox
Descargar app Subir
iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis
As Womansplainers
As Womansplainers
Podcast

As Womansplainers 76c4n

112
316

Señoras explicando cousas desde 2021. O podcast coas señoras que máis forte opinan do Podgalego. o2s5y

Señoras explicando cousas desde 2021. O podcast coas señoras que máis forte opinan do Podgalego.

112
316
Traballo cultural
Traballo cultural
Hai quen afirma que non se pode vivir dos libros no noso país, especialmente se quen escribe o fai en galego, mais neste episodio preguntámoslle como o fai a alguén que o consegue con arte e recoñecemento desde hai un par de décadas: a última galardoada co Premio Nacional de Poesía, Yolanda Castaño. No ronsel de Virginia Woolf, reflexionamos sobre as interseccións de clase, xénero e creación artística, sobre a necesidade dun espazo propio e sobre a dificultade de esixir o máis básico a cambio do propio labor: diñeiro. Discutimos ademais as consecuencias da precariedade material de artistas e escritoras e das necesidades de adaptarse ao público, de pluriempregarse e de probar novos oficios nesta fase do capitalismo. Por último dámosvos, como en cada episodio, unhas cantas dicas, entre as cales non pode faltar o último ensaio de Yolanda Castaño, "Economía e poesía: rimas internas", que chegará ás librarías na primavera.
Política, economía y opinión 1 año
2
0
67
01:09:01
Ecoloxismo
Ecoloxismo
Dende o desastre ecolóxico do Prestige ata o actual desastre dos pellets pasaron moitos anos, pero poucas cousas cambiaron en canto á xestión destes sucesos. Co uso das redes sociais, estas novas espállanse rapidamente, mais as responsabilidades e as medidas de actuación tardan tanto coma sempre en seren tomadas. No episodio desta semana, acompañadas por Sarai,”bióloga de bota e non de bata”, falamos das responsabilidades individuais e colectivas que temos para co noso planeta. Podemos reciclar na casa, pero se para 2024 vai zarpar o cruceiro máis grande e contaminante do mundo, parece que non serve de moito. Debatimos de como é necesario cambiar o concepto de “bo tempo”, de como a crise climática é tamén unha cuestión de clase e de que afirmar que sobran seres humanos no planeta vai da man do ecofascismo. Por suposto, non podíamos rematar o episodio sen a sección favorita da Saboridinha: as dicas. Se queres descubrir cales son, acompáñanos ata o final nesta viaxe 100% ecolóxica e con mínima pegada de carbono!
Política, economía y opinión 1 año
0
0
57
01:11:13
Móbiles II
Móbiles II
Son as relacións a través do móbil menos reais? Empeoran os smartphones a nosa saúde mental ou tamén poden axudar a mellorala? Hai algunha maneira de que todas as xestións istrativas e financeiras a través de apps non deixen fóra a xente de máis idade? Non será que tamén as máis mozas prefiren un ordenador a un móbil cando hai que facer cousa seria? Todas estas preguntas e, coma sempre, as nosas dicas culturais, noutro episodio máis con Antía Cid.
Política, economía y opinión 1 año
0
0
53
01:09:31
Móbiles
Móbiles
Íamos explicar isto todo cun audio de whatsapp, pero decidimos finalmente facer un episodio sobre isto. Neste último programa exploramos como os dispositivos móbiles moldan as nosas vidas dependendo da xeración á cal pertenzamos. Evidentemente, falamos do “último” protocolo educativo ou de como os máis vellos enfrontan desafíos ao se adaptaren á tecnoloxía moderna.  O enfoque máis psicolóxico ou cognitivo non “quedou en visto”. Conversamos sobre o impacto dos smartphones na saúde mental, explorando como a constante exposición a estímulos afecta á nosa autoestima, percepción e capacidade de concentración. Tedes varias notificacións por abrir e unha delas di que escoitedes este episodio.
Política, economía y opinión 1 año
0
0
71
01:08:57
Rural
Rural
Esta semana, as Womansplainers imos á aldea para falar do RURAL con Paki Vaizela. Falamos con ela da romantización das aldeas por parte de quen non vive nelas e de como medrou está tendencia, especialmente desde o grande confinamento. Intentamos definir que é o rural, quen vive nel, por que perde cada vez máis poboación e, especificamente, que problemas temos asmulleres para quedar nel. Tamén dedicamos varias cuestións á relación do rural coa nosa construción identitaria: Son as galegas menos galegas se non son de aldea ou se -deus non o permita!- nin sequera teñen aldea? E hai que ir á aldea para aprender a falar galego? Por que nunca falamos do mar cando falamos do rural? Todo isto e moitas dicas culturais no noso episodio de hoxe!
Política, economía y opinión 1 año
2
0
89
01:17:17
Reformas
Reformas
No episodio desta semana acompáñanos a Carmen Figueiras, arquitecta lucense e fiel ouvinte das Womansplainers. Coa súa axuda resolvemos as nosas dúbidas sobre un evento canónico que, tarde ou cedo, chega á vida de moitas: a reforma. Cal é a diferenza entre reformar e rehabilitar? Que partes dunha casa paga máis a pena reformar? Cales son os SIS e os NONS á hora de facer unha reforma? Falamos de burocracia, da evolución dos estilos decorativos nos últimos anos e da falta de referentes de mulleres arranxando cousas. Se queres coñecer cal é o estilo "Remordimiento español" e, por suposto, as nosas dicas favoritas, non perdas detalle das womansreformas!
Política, economía y opinión 1 año
0
0
63
01:17:42
Marcas
Marcas
As Womansplainers mergullámonos no fondo do mundo das marcas neste episodio libre de patrocinios. Exploramos desde o seu poder de influencia ata os segredos por tras dalgunhas marcas icónicas. Coa nosa abordaxe particular, falamos de como as marcas tamén moldan a nosa cultura e percepción, así como do noso relacionamento con elas. Este é un episodio sobre cuestións do noso cotián, que esperamos que vos resulte entretido e…marcante.
Política, economía y opinión 1 año
0
1
71
01:16:45
Bonecas
Bonecas
Por que os homes chaman "figuras de acción" ás súas bonecas? Como evolucionou o aspecto das bonecas nas últimas décadas? E para que serven? As Womansplainers estamos de volta!
Política, economía y opinión 1 año
1
0
62
01:10:56
Rematou a tempada
Rematou a tempada
Que foi do prometido final de tempada das Womansplainers?
Política, economía y opinión 1 año
0
0
38
05:11
S03E25 - Verbenas
S03E25 - Verbenas
As Womansplainers xa estamos co modo verán activado e co comezo da nova estación empeza tamén a tempada de festas e verbenas. Odiadas por unhas e amadas por outras, pero gústennos ou non, parte do noso patrimonio cultural. Houbo nos últimos anos unha recuperación das verbenas e das sesións vermú como forma de ocio? Que diferenzas atopamos entre as zonas urbanas e o rural? A música tradicional galega semella que tamén ocupa un oco nas festas patronais de vilas, aldeas e barrios. Cambiou o xeito de facer música tradicional? Está relegada a un plano secundario e a días concretos das romarías, ou aumentou a súa presenza neste tipo de eventos? Por outra banda, a cuestión de xénero está presente en todos os ámbitos das nosas vida e no caso das verbenas non ía ser diferente. Falamos do rol que representan as mulleres nas orquestras e hipersexualización. Outro tema estrela que non podiamos deixar fóra é o da xente que está detrás da organización das verbenas: as comisións de festas. Como é no voso concello? Sórtease e a quen lle toca pringar, pringa? Apúntase quen quere? Pagades cota? Tamén falamos sobre o odio ás verbenas como forma de superioridade moral, a precariedade laboral das músicas, a presenza do noso idioma nestes espazos e moito máis. Agardámosvos na sesión vermú Womansplainer, non faltedes que pasamos lista!
Política, economía y opinión 1 año
1
0
71
01:07:35
S03E24 - ABAU
S03E24 - ABAU
Como un bo Maxibon este episodio tamén ten dúas fases: recolle un antes e un despois de Celtia, unha rapaza que nestes días se someteu ás probas da ABAU. Con ela abordamos cuestións como a de se ten sentido aínda facermos estes exames cada ano ou se facemos isto porque non demos con outras opcións. 2º de Bach é un curso que se centra, as máis das veces, no obxectivo de ir ás ABAU, pero é certo que hai alumnado que non está nestas miras. Como podemos harmonizar todo? Outro asunto importante é a trasparencia destes exames e o desnivel que se detecta entre as notas do bacharelato e as notas destas probas. Escoitade este episodio porque nel comentamos con Celtia de maneira integral as nuances deste grande exame, o decisivo que sempre nos parece e a desigualdade que supón ás veces.
Política, economía y opinión 2 años
0
0
58
01:28:49
S03E23 - Televisión
S03E23 - Televisión
Como cambiou a nosa maneira de ver a televisión no s.XXI? Son os realities unha forma superior da realidade, como as ideas son ás sombras na caverna de Platón? Quen ve a televisión en 2023 e por que a vemos cada vez menos? Na compaña de Marta Pérez Pereiro, profesora de Cultura Audiovisual, intentamos dar resposta a estas e outras preguntas. Das antenas parabólicas ás plataformas de streaming, dos programas de información á ficción autoconsciente, da paciencia da carta de axuste ao binge-watching de Netflix -non cambien de canle, porque comezan As Womansplainers!
Política, economía y opinión 2 años
0
0
71
01:21:27
S03E22 - Intelixencia Artificial
S03E22 - Intelixencia Artificial
No episodio desta semana acompáñanos a Aida, enxeñeira informática especializada en computación e investigadora de novas tecnoloxías de realidade extendida. A presenza das mulleres no ámbito da tecnoloxía e da enxeñería continúa a ser moi escasa. A pesar disto, contamos con varias referentes no mundo da informática que realizaron importantes achegas que nos gustaría dar a coñecer. Por outra banda, Aida explícanos "for dummies" que son as intelixencias artificiais (IA) e que tipos de IA existen. A aparición das IA supuxo un importante avance tecnolóxico que nos facilita a vida e que xa está presente en moitos ámbitos de uso diario: asistentes virtuais, redes sociais, coches autónomos, ciberseguridade... Mais cales son os perigos do mal uso das IA? Falamos dos nesgos á hora da súa programación, dos "deep fake", de arte roubada, de estudantes que copian (mal) e de cara a onde debería dirixirse a lexislación nestes asuntos. Se queredes coñecer máis detalles sobre este tema, acompañádenos no episodio desta semana da man da intelixencia natural da Aida e as Womansplainers!
Política, economía y opinión 2 años
1
0
62
01:10:07
S03E21 - Música
S03E21 - Música
No podcast desta semana discutimos con MJ Pérez sobre os desafíos específicos que as mulleres encaran ao ingresar no mundo da música, especialmente num contexto como o galego. Destacamos a desigualdade e a falta de representación feminina na industria e festivais, alén da escasa visibilidade que reciben os proxectos musicais con mulleres.  Por outra parte, tamén falamos do fenómeno fan e como iso pode afectar a maneira en que as mulleres somos vistas no panorama musical. Existen prexuízos que operan e que fan que as creadoras musicais sexan frecuentemente tomadas pouco en serio ou infantilizadas. Que medidas habería que adoptar para equilibrarmos isto? Como sempre, non solucionamos o mundo, pero falamos dabondo. Dade ouvidos ao noso programa!
Política, economía y opinión 2 años
0
0
58
50:20
S03E20 - Bibliotecas
S03E20 - Bibliotecas
Ser bibliotecaria é o traballo soñado de moitas rapazas e por iso convidamos a Cris García, unha "rock-and-roll librarian", a que nos explique algúns segredos da súa profesión. A nosa convidada contounos que hai que facer para converterse en bibliotecaria, por que a xente segue a visitar as bibliotecas nuns tempos en que moitas persoas xa teñen bastantes libros sen ler na propia casa (ti tamén, non finxas que isto non vai contigo!) ou como cambiou a pandemia a vida nas bibliotecas. Quen non entrou algunha vez nunha biblioteca porque na rúa facía moito frío ou moita calor? Quen non levou alí as súas crianzas nunha tarde de chuvia? Quen non namorou (ou quen non o intentou polo menos) nunha biblioteca universitaria? Contacontos, clubes de lectura, os libros preferidos da terceira idade, unha womansplainer que quedou encerrada nunha biblioteca e moitas dicas culturais. Shhhhhhh... comeza o episodio!
Política, economía y opinión 2 años
0
0
67
01:31:50
S03E19 - Series (II)
S03E19 - Series (II)
E falando de series, non iamos quedar sen opinar sobre as do país. Fará algún día a TVG novas series que non teñan que ver coa Garda Civil?! A pesar da tendencia actual, series con temas totalmente diferentes que marcaron a toda unha xeración de galegas, pouco teñen que ver con esta temática. Por outra banda, que acontece coas series españolas e que dinámicas son as que seguen de xeito habitual? Aínda que houbo avances moitas das series de moda non pasarían o test de Bechdel. Cambiaron nas series o tipo de papeis con protagonistas femininas? Que ocorre coa diversidade e a inclusión? Para rematar, compartimos convosco as recomendacións das nosas series favoritas. Toma nota!
Política, economía y opinión 2 años
0
0
37
46:52
S03E18 - Series
S03E18 - Series
O xeito no que vemos as series cambiou moito nos últimos anos. De ter que agardar impacientemente a que saíse o novo capítulo semanal da nosa serie favorita, pasamos a poder facer maratóns de tempadas ou mesmo series completas nun só día. Como cambiou a forma de narrar a consecuencia disto? Significa máis oferta mellor calidade? Implica que rematou a Idade de Ouro da Ficción Televisiva? As redes sociais tamén trouxeron con elas un novo xeito de ver series en común, creando comunidade arredor delas. Corremos o risco de ler algún spoiler, pero tamén podemos comentar a nosa serie favorita con outras fans. Coa gran cantidade de plataformas de series dispoñibles na actualiade semellaba que xa estaba todo inventado. Porén, a polémica está servida: causarán os aumentos de prezos de certa plataforma o novo auxe da piratería? Que opinamos sobre isto? Non perdas o novo episodio (dobre!) das Womansplainers, a vosa serie de referencia onde as señoras opinamos de cousas.
Política, economía y opinión 2 años
0
0
54
01:03:40
S03E17 - Haters
S03E17 - Haters
No episodio desta semana falamos con Malva sobre o fenómeno hater. Tentamos analizar os comportamentos desas persoas que espallan odio e negatividade nas redes, pondo todo en contexto e discutindo sobre se este é un fenómeno novo.  Son os haters un marcador de éxito ou isto só axuda a crear máis toxicidade en redes? Fomos nós esa hater algunha vez? Este programa contén dicas culturais e tamén un decálogo de supervivencia.
Política, economía y opinión 2 años
0
2
71
01:27:46
#8M Celebración?
#8M Celebración?
É o #8M un día de protesta ou de celebración? Pode ser as dúas cousas? 6 anos despois da primeira folga xeral laboral feminista e tres anos despois de que a dereita acusase o 8M de provocar unha pandemia no Estado español, as Womansplainers repasamos as actividades ao redor do Día Internacional da Muller Traballadora. Batukadas e gaitas, manifestantes transexcluíntes e a Santa Compaña das defuntas célebres son algunhas das cousas que nos amolan no mes de marzo. Tamén hai institucións que o fan ben e temos, naturalmente, algúns consellos sobre o que poden (non) facer o 8M os señoros en vías de rehabilitación.
Política, economía y opinión 2 años
0
0
59
01:19:21
S03E15 - Heroes
S03E15 - Heroes
Que é un heroe? É diferente o concepto do heroe clásico do que temos na actualidade? Están a desaparecer os heroes? Semella que na cultura galega carecemos destas figuras na súa definición clásica, pode que substituídas pola abundante presencia de mártires. A que se debe isto? No episodio desta semana, acompañadas pola Rita, falamos tamén dos nosos heroes favoritos e das súas historias. Cales son os teus? Finalmente, como é habitual, ofrecémosvos as nosas discas culturais preferidas. As túas heroínas podcasteiras agardámoste!
Política, economía y opinión 2 años
0
0
68
01:45:01
También te puede gustar Ver más
A actualidade está sobrevalorada
A actualidade está sobrevalorada Outro podcast no millo? Pois si, outro podcast no millo do Podgalego da man da Revista Luzes. Ana Luísa Bouza, Marta Otero, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro, nun intento desesperado por captar o público boomer e máis alá, decidímonos a compartir con que queira escoitalas, as conversas que mantemos habitualmente en privado sobre do que se fala e do que se cala, do que sabemos que pasa e do que conxecturamos que pode pasar. Actualizado
Nadie hablará de nosotras
Nadie hablará de nosotras Este es un podcast gordo, anticapitalista y feminista en el que dos amigas nos juntamos una vez al mes a rajar sin parar sobre la gordofobia que vivimos y como esta se mezcla con otras circunstancias como ser mujeres y vivir en la periferia. Con este podcast buscamos aprender juntas y que las amigas que nos escucháis aprendáis con nosotras. También queremos reirnos y compartir lo que normalmente no nos atrevemos a compartir. Si te interesan los feminismos, el movimiento antigordofobia, las formas alternativas de pensar y cuestionarlo todo: este es tu podcast. Actualizado
Carne Cruda - PROGRAMAS
Carne Cruda - PROGRAMAS Todos los programas completos de la República Independiente de la Radio. Escúchalos en carnecruda.es y haz posible este programa en http://bit.ly/HazteproductorCC Actualizado
Ir a Política, economía y opinión