
Descripción de Ondas do cárcere_ A Insumisa y167
Hoxe contamos no programa coa presenza de Antía, Sara e Abel, integrantes da asemblea d'A Insumisa, Centro Social Okupado Autoxestionado, que dende novembro de 2016, coidan e melloran o estado do espazo. Cóntannos de primeira man as orixes da okupación, a historia do lugar e as actividades feitas durante este tempo. Falamos con Inés Cruz Varela, unha estudante da UDC que vai facer o seu traballo de fin de carreira sobre Proxecto Cárcere. Leva xa uns meses "observándonos" e é moi interesante saber como nos están a ver estes ollos desde fóra. Tamén emitimos unha nova entrega da sección "Carmen cruda". Música: Sintonía Liberdade. Gonçalo Guerreiro Guns of Brixton. The Norwegian Radio Orchestra. Change of paradigm. Austra. End title "Pelham 123" . David Shire. Sign of the times. Nina Simone 2q5r3u
Comentarios de Ondas do cárcere_ A Insumisa 422b3u