
Hoxe visitounos Sofía Mosteiro do Absolute Centro Wellness, para falarnos de actividade física para a saúde. 153y37
Descripción de Hoxe visitounos Sofía Mosteiro do Absolute Centro Wellness, para falarnos de actividade física para a saúde. 543b1n
Cada xoves falamos de igualdade, rural, empoderamento, emprendemento e cultura con Kim Llobet. No espazo de hoxe falamos cunha muller que é todo un referente no ámbito do benestar físico e emocional na Estrada. Falamos de Sofía Mosteiro Losada, fundadora e directora do Absolute Centro Wellness, un espazo pioneiro que aposta por unha visión integral da saúde. 🔊“Temos a especialidade en patoloxías, e en persoas amputadas. Tamén teño dúas publicacións en revistas médicas-científicas sobre o traballo con este tipo de patoloxía”. 🔊“Na Estrada hai moitos deportes que incluso cidades máis grandes non teñen. Pero hai que dieferenciar entre deporte e actividade física para a saúde”. 🔊“Unha persoa que empeza a correr e non sabe, vai ter problemas nas articulacións, unha persoa que fai mal os exercicios con pesos na súa casa, podese mancar”. 🏋️♀️ Sofía Mosteiro é licenciada en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, e no ano 2000 decidiu poñer en marcha un proxecto propio que hoxe se consolidou como un dos centros deportivos de referencia en Galicia. A súa aposta non foi só polo deporte, senón tamén polo coidado mental e emocional das persoas usuarias. 🎖️ En 2017 foi recoñecida co Premio Honorífico á Muller Traballadora, un galardón que destaca o seu labor como emprendedora e a súa contribución ao desenvolvemento local, tanto no eido económico como na promoción de hábitos de vida saudables. 🤝 Sofía tamén desenvolveu iniciativas innovadoras como o programa "Mens sana in corpore sano: traballo ben feito", en colaboración co técnico de prevención Guillermo Martínez. O obxectivo: mellorar a saúde laboral mediante exercicios adaptados a distintas profesións e combater o absentismo nas empresas. 💻 Ademais, o Absolute Centro Wellness foi pioneiro na implantación dun servizo de clases virtuais en diferido, que permite facer actividade física guiada en calquera momento do día, facilitando a conciliación e adaptándose á vida moderna. 👉 Máis Información de ABSOLUTE CENTRO WELLNESS: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/absolutecentrowellness/?locale=gl_ES ✔️Instagram: https://www.instagram.com/absolutecentrowellness/ ✔️Facebook: 👉 Máis Información de MULLERES QUE PODEN ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057202191221 🎙️ "SUSCRÍBETE" ao podcast👍 📢 MÁIS ENTREVISTAS: https://ivoox.descargarmp3.app/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html 👉Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas 5y4h2n
Comentarios de Hoxe visitounos Sofía Mosteiro do Absolute Centro Wellness, para falarnos de actividade física para a saúde. 6d5u3t