Trending Misterio
iVoox
Descargar app Subir
iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis
Retrato Sonoro
Da cepa á bodega: Uvas, filoxera e… Graham Greene? Episodio 4, con Luis Congil!

Da cepa á bodega: Uvas, filoxera e… Graham Greene? Episodio 4, con Luis Congil! 3dl5c

13/5/2025 · 33:43
Retrato Sonoro

Descripción de Da cepa á bodega: Uvas, filoxera e… Graham Greene? Episodio 4, con Luis Congil! 1u6i29

Benvidas e benvidos ao cuarto episodio deste apaixonante serial sobre a historia do viño en Galicia, «Da cepa á bodega», en Retrato Sonoro. Unha conversa conducida por Fidel Mouzo, con Jorge Marcote, viticultor; e o noso protagonista, o xornalista Luis Congil, autor de A marabillosa historia do viño en Galicia, publicada polo Consorcio Editorial Galego. Neste episodio abrimos novas fronteiras e abordamos temas que desafían as ideas sobre o viño galego: Que atoparás (entre moitas cousas) neste episodio? Unha reflexión sobre que uvas non deberan ser consideradas prototípicas do viño galego e cal pode ser a variedade que marque o futuro do viño que beberemos en breve. A historia da filoxera, ese «alien» que devastou os viñedos europeos a finais do século XIX e principios do XX. Como afectou a Galicia? A fotografía que acompaña este audio está relacionada con esta praga da viña. Créditos de: Beatriz Moisset - Trabajo propio, CC BY-SA 4.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=80239301 Un xiro inesperado: Graham Greene, escritor, xornalista e axente do MI6 británico… Que relación pode ter coa historia do viño en Galicia? Este episodio promete sorprender, abrir novas preguntas e seguir descubrindo que o viño galego está cargado de historias que van moito máis alá do que imaxinamos. Dálle ao play e escoita xa este cuarto episodio, e derradeiro? de Da cepa á bodega con Luis Congil. 4r6z4b

Comentarios de Da cepa á bodega: Uvas, filoxera e… Graham Greene? Episodio 4, con Luis Congil! 1t444k

Este programa no acepta comentarios anónimos. ¡Regístrate para comentar!