Trending Misterio
iVoox
Descargar app Subir
iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis
Viaxantas Podcast
#21 Muíños do Folón e do Picón: unha panorámica transfronteiriza

#21 Muíños do Folón e do Picón: unha panorámica transfronteiriza 6ag1w

22/5/2022 · 42:17
0
257
0
257
Viaxantas Podcast

Descripción de #21 Muíños do Folón e do Picón: unha panorámica transfronteiriza 2h235q

Achegámonos aos Muíños do Folón e do Picón, no Rosal, para recomendarche unha actividade ao aire libre que ten de todo: historia, tradición, deporte, natureza e unhas vistas de postal sobre o Miño, albiscando o perfil da fronteira portuguesa e co Monte de Santa Trega sobresaíndo coma un guieiro nos días despexados. Neste roteiro axudaranme a recrear a imaxe sonora do lugar os fundadores da web Galicia Hiking, o alacantino Eugenio Plaza e a croata Marina Sokol. Con eles analizaremos o nivel de dificultade desta ruta de sendeirismo homologada, tomaremos nota dalgúns consellos e sorpresas que agocha este lugar e tamén coñeceremos como nos ven dende fóra. Ademais, o ciclista rosaleiro retirado Serafín Martínez amosaranos outro xeito de vivir a experiencia dos Muíños do Folón e do Picón, a través do deporte. El é un dos impulsores do Trail do Folón que cada ano atrae a centos de persoas cara esta localidade pontevedresa. Notas do episodio: Galicia Hiking: https://galiciahiking.wordpress.com/rutas-preparadas/ Documental sobre Nemesio Castro: https://memoriaviva.orosal.gal/nemesio/ Turismo de O Rosal: https://orosal.gal/turismo/ Guía Turística do Río Miño Transfronteirizo: https://orosal.gal/wp-content/s/2022/04/guia_turistico_rio_minho_transfronteirico.pdf Trail do Folón: http://www.traildofolon.com/ Viaxantas é o teu podcast de viaxes e experiencias en galego. Se che gusta o que escoitas, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram, Twitter e Telegram, e tamén en Podgalego. 3r1p4j

Comentarios de #21 Muíños do Folón e do Picón: unha panorámica transfronteiriza 2z4m17

Este programa no acepta comentarios anónimos. ¡Regístrate para comentar!
Te recomendamos
Ir a Viajes y lugares